Despois de gozar durante o pasado mes de abril con 2 semanas sen vehículos a motor, tamén aprendimos sobre este campo semántico en inglés (Walk, bike, plane...) tanto en formato papel coma no EDI. Neste derradeiro caso, primeiro escoitando, e logo premendo na opción correcta, para potenciar a compresión oral!
Aproveitando que se inaugurou a nosa biblioteca o pasado 12 de abril, lembrámosvos que hai un pequeno espazo na mesma adicado ós libros en inglés! Por exemplo, un dos favoritos do teacher: Where the Wild Things Are, unha pasada!
Aprendemos as emocións! Este concepto pertence a EMOCIÓNA-T, e coñecelas e expresalas é vital para o noso benestar. Tódolos días son practicadas durante o warm-up, é dicir, antes de introducir novos contidos. Velaí vai unha mostra das worksheets que empregamos e os xogos en Liveworksheets.com
O pasado 17 de marzo estivemos celebrando esta festividade. O teacher puxo perruca, sombreiro e mandilón verdes, para explicar por qué a xente viste desta cor, os desfiles en Dublín, etc. Asemade, danzamos ó ritmo de Jack Hartmann´s St Patrick Day Dance and Freeze! Tamén xogamos no EDI e aprendimos o que é un leprechaun, hehehehe!!
Nestes días de inverno tardío, estamos aprendendo algunhas partes do corpo grazas ó tema musical "Head, Shoulders, Knees & Toes". Ademais, reflexionamos sobre a relevancia do exercicio físico, pois esta idea forma parte do proxecto EDUsaúde.
Cal é a mellor forma de aprender os números dende o 1 ata o 15 en inglés? Pois cremos que é cantando coma as/os piratas! Emporiso a compañía Mister Kipley ofrécenos en Youtube este tema interpretado por un corsario que atravesou os 7 mares!
Sabemos que algunhas/algúns de vós estades nos vosos fogares, e por este motivo deixámosvos as seguintes actividades, para seguir practicando a lingua inglesa. Vémonos! See you!
4º curso
Visualizade o seguinte vídeo sobre a numeración dende o 1 ata o 3, e posteriormente, gravade nun arquivo de audio á/ó vosa/o nena/o dicindo ditas cifras en inglés, e enviádeo ó meu correo: pablo.mendez.bravo@edu.xunta.gal
5º Curso
1. Vede o vídeo xuntos/as, e facede que a/o vosa/o nena/o repita en voz alta: Blue, yellow, red, green, orange and purple xunto cos saúdos: Hello, I´m OK!e Bye-bye!. Enviade o arquivo de audio ou de vídeo ó seguinte correo: pablo.mendez.bravo@edu.xunta.gal
6º curso
Visualizade os vídeos que aparecen a continuación, e gravade á/ó vosa/o nena/o dicindo as seguintes partes do corpo: head, ears, eyes, nose, mouth, shoulders, knees arms, legs e toes. Engade tamén os saúdos Hello, I´m OK! e a despedida Bye-bye! Have a nice day!.Lembrade envialo ó meu correo: pablo.mendez.bravo@edu.xunta.gal
Espero que todas/os vos atopedes ben, aínda que estedes aisladas/os nos vosos fogares. Aquí vos deixo unha serie de actividades da área de inglés, clasificadas por cursos, que podedes facer dende casa coa axuda do ordenador, smartphone ou tableta.
4º curso de Educación Infantil
Unit: Weather
Video
STEPS
1. Visualizade o vídeo xuntos/as, e fai que a/o túa/teu nena/o repita en voz alta: Sunnye raining.
2. Grava á/ó túa/teu nena/o en audio ou vídeo, xunto cos saúdos: Hello! e Bye-bye!
3. Envía o arquivo á seguinte dirección de correo: pablo.mendez.bravo@edu.xunta.gal escribindo no asunto o nome da/do túa/teu nena/o e a unidade (Weather).
5º curso de Educación Infantil
Unit: Colours
Video
STEPS
1. Visualizade o vídeo xuntos/as, e fai que a/o túa/teu nena/o repita en voz alta: Blue, yellow, red, green, orange and purple.
2. Grava á/ó túa/teu nena/o dicindo esta sucesión de cores, xunto cos saúdos: Hello, I´m OK!e Bye-bye!
3. Envía o arquivo de audio ou vídeo á seguinte dirección: pablo.mendez.bravo@edu.xunta.gal escribindo no asunto o nome da/do túa/teu nena/o e a unidade (Colours).
6º curso de Educación Infantil
Unit: Farm and wild animals
Videos
STEPS
1. Visualizade os vídeos xuntos/as, e fai que a/o túa/teu nena/o repita en voz alta: dog, cat, cow, lion, elephant, monkey, crocodile, gorilla and zebra.
2. Grava á/ó túa/teu nena/o dicindo o nome destes animais, xunto cos saúdos: Hello! I´m OK!e a despedida Bye-bye! Have a nice day!
3. Envía o arquivo de audio ou vídeo á seguinte dirección: pablo.mendez.bravo@edu.xunta.gal escribindo no asunto o nome da/do túa/teu nena/o e a unidade (Farm and wild animals).
Aquí tedes outro grupo de actividades. Tedes ata o día 7 de xuño para entregalas. Lembrade enviar os arquivos de audio ou vídeo ó meu correo: pablo.mendez.bravo@edu.xunta.es
3 anos (3 years old)
UNIT: Colours
VIDEO
STEPS
1. Visualizade o vídeo xuntos/as, e fai que a/o túa/teu nena/o repita as seguintes cores: blue, yellow, red and green.
2. Grava á/ó túa/teu nena/o dicindo estas cores, xunto cos saúdos: Hello! e Bye-bye!
3. Envía o arquivo de audio ou vídeo á dirección de correo que aparece enriba, escribindo no asunto o nome da/do túa/teu filla/o e o nome da unidade (Colours).
4 anos (4 years old)
Unit: Colours
Vídeo
STEPS
1. Visualizade o vídeo xuntos/as, e fai que a/o túa/teu nena/o repita: Blue, yellow, red, green, orange, black and purple.
2. Grava á/ó túa/teu nena/o dicindo estas sucesión de cores, xunto cos saúdos: Hello! I´m OK! e Bye-bye! Good-bye!
3. Envía o arquivo de audio ou vídeo á dirección de correo que aparece enriba, escribindo no asunto o nome da/do túa/teu nena/o e a unidade (Colours).
5 anos (5 years old)
Unit: Colours
Video
STEPS
1. Visualizade o vídeo xuntos/as, e fai que a/o túa/teu nena/o repita as seguintes cores: blue, yellow, red, green, orange, black, purple, pink, gray and brown.
2. Grava á/ó túa/teu nena/o dicindo estas sucesión de cores, xunto cos saúdos: Hello! I´m OK! e Bye-bye! Good-bye!
3. Envía o arquivo de audio ou vídeo á dirección de correo que aparece enriba, escribindo no asunto o nome da/do túa/teu nena/o e a unidade (Colours).
Aquí tedes as actividades para esta quincena. Podedes envialas ata o 22 de maio inclusive. Recordade enviar as fotos e/ou arquivos de audio ó meu correo: pablo.mendez.bravo@edu.xunta.es
Por suposto, para calquera dúbida que teñades, contactade comigo nesa dirección de correo electrónico.
3 anos (3 years old)
UNIT: Numbers 1-5
STEPS:
1. Visualizade o vídeo xuntos/as, e fai que a/o túa/teu nena/o repita os números do 1 ó 5 (One, two, three, four and five!)
2. Grava á/ó túa/teu nena/o dicindo estas sucesión de cifras, xunto cos saúdos: Hello! e Bye-bye!
3. Envía o arquivo de audio á direción de correo que aparece enriba, escribindo no asunto o nome da/do túa/teu filla/o e o nome da unidade (Numbers 1-5).
Se che resulta moi complicado enviar o arquivo de audio, a/o túa/teu neno pode escribir nun papel con lapis os números do 1 ó 5 e co seu nome, fas unha foto e envíala. Outra opción tamén sería gravar un vídeo dicindo os números!
4 anos (4 years old)
Unit: Numbers 1-10
STEPS:
1. Visualizade o vídeo xuntos/as, e fai que a/o túa/teu nena/o repita os números do 1 ó 10.
2. Grava á/ó túa/teu nena/o dicindo estas sucesión de cifras, xunto cos saúdos: Hello! I´m OK! e Bye-bye! Good-bye!
3. Envía o arquivo de audio á direción de correo que aparece enriba, escribindo no asunto o nome da/do túa/teu nena/o e a unidade (Numbers 1-10).
Se che resulta moi complicado enviar o arquivo de audio, a/o túa/teu nena/o pode escribir nun papel con lapis os números do 1 ó 10 e co seu nome, fas unha foto e envíala.
Outra opción tamén sería gravar un vídeo dicindo os números!
5 anos (5 years old)
Unit: Numbers 1-20
STEPS:
1. Visualizade o vídeo xuntos/as, e fai que a/o túa/teu nena/o repita os números do 1 ó 20.
2. Grava á/ó túa/teu nena/o dicindo estas sucesión de cifras, xunto cos saúdos: Hello! I´m OK! e Bye-bye! Good-bye!
3. Envía o arquivo de audio á direción de correo que aparece enriba, escribindo no asunto o nome da/do túa/teu nena/o e a unidade (Numbers 1-20).
Se che resulta moi complicado enviar o arquivo de audio, a/o túa/teu nena/o pode escribir nun papel con lapis os números do 1 ó 20 co seu nome, fas unha foto e envíala.
Outra opción tamén sería gravar un vídeo dicindo os números!