Skip to Content

Novas Tecnoloxías

Realidade aumentada

Nestes tempos de confinamento que estamos a vivir, nos que estamos desexando estar en contacto coa natureza, dende Aulas Galegas propóñennos poder visualizar animais a tamaño real, é dicir, en 3 dimensións, empregando o noso propio smartphone. Estes son os pasos:

  • Busca o nome dun animal en Google Chrome
  • Preme na opción Ver en 3D

  • Dálle a Ver no teu espazo.
  • Move o móbil para que apareza en pantalla.

 

Dende Aulas Galegas tamén nos lembran que o teu móbil debe ser compatible con AR CORE e coa tecnoloxía 3D. A continuación, tes un enlace para comprobar se o teu dispositivo dispón da mesma:

https://andro4all.com/2018/07/moviles-compatibles-arcore-realidad-aumentada-google-android

Próbao e non te asustes se aparece un tigre no salón!!!

 

Intelixencia Artificial

Seguindo coa participación en proxectos de innovación educativa, un par de mestras están a participar nun curso do Ministerio do Interior sobre Intelixencia Artificial. A derradeira parte de este curso é realizar co alumnado de 6º de Infantil unhas actividades para introducilos na aprendizaxe de esta materia. Á hora de preparar as actividades pensouse en, de maneira transversal, traballar á vez actividades relacionadas con outros proxectos do centro. Polo momento levamos realizadas 3 actividades distintas:

 

Programamos emocións: pola aula repartimos emojis que reflicten distintas emocións. Cada grupo saca unha tarxeta dunha situación e ten que “programar” a un compañeiro ou compañeira para que colla o emoji da emoción que se produce ante a situación da imaxe que acaba de recibir. 

 

Adiviñamos animais: Preparamos no taboleiro de chan de 5x5 dous puntos de partida, onde se sitúan dous “robots” de dous equipos distintos. Cada equipo debe programar ao seu “robot”para que, seguindo as instrucións, pasen polas celas onde hai interrogacións. Cada interrogación ten unha adiviña sobre algún animal que teñen que resolver para seguir avanzando.

 

Programamos pirámides alimentarias: A actividade consistiu en realizar unha pirámide alimenticia utilizando vasos e botes de refugallo nos que pegamos imaxes de distintos alimentos. Por equipas, teñen que “programar” a secuencia de pasos para que un compañeiro/a realice a pirámide.

 

 

 

 

 

 

Actualización de ordenadores!

Por fin dispoñemos de equipos actualizados! A maior parte deles agora posúen Linux, ou ben Windows 7 ou 10, sistemas operativos áxiles, veloces, e altamente útiles no día a día da nosa escola. Igualmente, seguimos á espera de máis pizarras dixitais interactivas, xa que só temos 3!!!

INSTITUTO TECNOLOXÍAS EDUCATIVAS

RECURSOS EDUCATIVOS DIXITAIS

Recursos educativos dixitais da Xunta para traballar e xogar co seu fillo/a gracias ás novas tecnoloxía.

Distribuir contido


by Dr. Radut