Prazo de presentación das solicitudes:
DO 1 AO 22 DE MARZO, AMBOS INCLUÍDOS.
Pode facerse de dúas maneiras:
1.- Presentar a solicitude a través da aplicación informática Admisión Alumnado.
2.-Presentar a solicitude na secretaría do centro, previa cita, chamando ao teléfono 646 148 944. Neste caso terá que vir un só adulto coas medidas de protección axeitadas e, a ser posible, sin nenos/as.
A solicitude (anexo II debidamente cuberto e asinado polos dous proxenitores), deberá vir acompañada dos seguintes documentos:
. Copia do DNI dos proxenitores.
. Documento acreditativo da idade da/o nena/neno.
. Certificado de empadroamento do ano en curso.
IMPRESO PARA DESCARGAR. ANEXOII (Galego)
IMPRESO PARA DESCARGAR: ANEXOII (Castelán)
INFORMACIÓN DE INTERESE:
1.-Os alumnos/as matriculados neste centro non teñen que facer reserva de matrícula de cara ao vindeiro curso escolar, estarán matriculados automaticamente.
2.- O alumnado de novo ingreso só pode presentar unha única solicitude e farase no centro no que solicite praza en primeiro lugar. O incumprimento deste punto determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
Dita solicitude terá que vir asinada polos dous proxenitores.
3.- Chegado o caso de ter que aplicar o baremo (número de solicitudes presentadas superior ao de prazas ofertadas polo centro), abrirase un prazo de 10 días hábiles contados a partir do día 23 de marzo para achegar, de forma presencial, a documentación xustificativa dos criterios de baremo:
. Consultarase de forma automática (salvo oposición expresa que conste na solicitude) e non será necesario acreditar:
- Domicilio fiscal e renda percápita da unidade familiar.
- Condición de familia numerosa.
- Discapacidade do alumnado, proxenitores, titores ou irmáns, recoñecida pola Xunta de Galicia.
. Familia monoparental. Enténdese como tal a composta por un único proxenitor ou proxenitora, que non conviva con outra persoa coa que manteña unha relación análoga á conxugal, e os fillos ou fillas menores ao seu cargo, sempre que o outro proxenitor ou proxenitora non contribúa económicamente ao seu sustento.
Para a valoración deste criterio a persoa interesada terá que presentar a certificación de recoñecemento da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia ou pola autoridade competente doutras administracións públicas.
. O criterio complementario aprobado polo Consello Escolar do centro é:
“Que ámbolos dous proxenitores ou titores legais teñan responsabilidades laborais, o que terán que acreditar documentalmente”.
4.- As listaxes provisionais có alumnado admitido e o non admitido publicaranse o día 23 de abril.
O prazo para formular reclamacións será de cinco días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación das listaxes.
5.- As listases definitivas publicaranse o día 14 de maio.
6.- Formalización da matrícula: do 20 ao 30 de xuño.
7.- Área de influencia do centro: Consultar mapa no taboleiro da entrada do centro.
8.- Os servizos Complementarios que oferta o centro son:
. Servizo de transporte.
. Servizo de comedor.
Normativa reguladora do proceso:
- Decreto 254/2012 do 13 de decembro (DOG 26/12/2012)
- Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG do 15/03/2013)
- Orde do 25 de xaneiro de 2017 (DOG do 01/02/2017)