Skip to Content

INFORMACIÓN ADMISIÓN ALUMNADO 2020-2021

 

        1.-Os alumnos/as matriculados neste centro non teñen que facer reserva de matrícula de cara ao vindeiro curso escolar, estarán matriculados automaticamente.

 

       2.- O alumnado de novo ingreso só pode presentar unha única solicitude e farase no centro no que solicite praza en primeiro lugar. O incumprimento deste punto determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

A solicitude terá que vir asinada polos dous proxenitores.

 

3.- Chegado o caso de ter que aplicar o baremo ( número de solicitudes presentadas superior ao de prazas ofertadas polo centro), abrirase un prazo de 10 días hábiles contados a partir do día 23 de marzo para achegar, de forma presencial, a documentación xustificativa dos criterios de baremo.

O criterio complementario aprobado polo Consello Escolar do centro é:

Que ámbolos dous proxenitores ou titores legais teñan responsabilidades laborais, o que terán que acreditar documentalmente”.

 

     4.- As listaxes provisionais  có alumnado admitido e o non admitido publicaranse o día 24 de abril.

O prazo para formular reclamacións será de cinco días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación das listaxes.

 

 

         5.- As listases definitivas publicaranse o día 14 de maio.

         6.- Formalización da matrícula: do 20 ao 30 de xuño.

 7.- Área de influencia do centro: Consultar mapa na entrada do centro.

         8.- Os servizos Complementarios que oferta o centro son:     

           . Servizo de transporte.

              . Servizo de comedor.

 

       O alumnado que queira trasladarse do noso centro a outro, terá que:

     - Solicitar en Secretaría un Certificado de Matrícula que entregará no Centro ao que queira trasladarse. - Presentar a solicitude de admisión xunto có Certificado de matrícula no centro novo no que desexe matricularse. - Entregar no centro onde desexe causar baixa unha copia da solicitude de admisión ao novo centro.



story | by Dr. Radut