Skip to Content

Secretaría

ADMISIÓN CURSO 2023 / 2024

PRAZOS

Do 1 ao 20 de marzo abrese o proceso de admisión de alumnas/os de novo ingreso. Orde do 21 de outubro de 2022 (DOG do 08/11/2022). Prazo de preseentación, do 1 ao 20 de marzo. O impreso podese descargar en www.edu.xunta.es/servizos/admisión alumnado, no arquivo adxunto debaixo deste texto ou recollelo no centro.

Podese presentar telemáticamente ou presencialmente, no centro, en horario de 10:00 a 14:00 horas.

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

INFORMACIÓN:

1.-Os alumnos/as matriculados neste centro non teñen que facer reserva de matrícula de cara ao vindeiro curso escolar, estarán matriculados automaticamente.

2.- O alumnado que queira trasladarse a outro centro, terá que:

- Solicitar en Secretaría un Certificado de Matrícula que entregará no Centro ao que queira trasladarse.

- Presentar a solicitude de admisión xunto có Certificado de matrícula no centro novo no que desexe matricularse.

3.- Cada alumna/o só pode presentar unha solicitude de admisión, nela pode pedir ata 6 centros por orde de preferencia e alegar os criterios de admisión que pretenda que se lle valoren. Esta solicitude dirixirase ao centro solicitado en primeiro lugar.

A solicitude terá que vir asinada polos dous proxenitores.

4.- Chegado o caso de ter que aplicar o baremo ( número de solicitudes presentadas superior ao de prazas ofertadas polo centro), abrirase un prazo, de 10 días hábiles, contados dende o dia 21 de marzo para achegar, de forma presencial, a documentación xustificativa dos criterios de baremo.

O criterio complementario aprobado polo Consello Escolar deste centro é:

“Que ámbolos dous proxenitores ou titores legais teñan responsabilidades laborais, o que terán que acreditar documentalmente”

5.- As listaxes provisionais publicaranse o día 25 de abril.

      Prazo para formular reclamacións: do 26 ao 30 de abril, ambos incluídos.

6.- Listases definitivas:15 de maio.

7.- Formalización da matrícula: do 20 ao 30 de xuño.

9.- Os servizos Complementarios que oferta o centro son:

  • Servizo de transporte.

  • Servizo de comedor.

  • Servizo de madrugadores.

DOCUMENTACIÓN PARA A ADMISIÓN

- Solicitude de admisión, ANEXO II, cuberta e asinada polos dous proxenitores.

- Fotocopia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure a/o alumna/o e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio deberase achegar, ademáis, a sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia da/o menor.

- Certificado de empadroamento.

NÚMERO DE PRAZAS OFERTADAS PARA O CURSO 2023 / 2024

 

O número de prazas dispoñibles, para o vindeiro curso, neste centro son:

 

             de Educación Infantil …………................. 25 ( 22+3 )

          5º de Educación Infantil ……………………......   5 

6º de Educación Infantil …………………….. 23

 

RESERVA DE PRAZA CENTRO ADSCRITO. CURSO 2023-2024

      

               Todo o alumnado que esté  cursando 6º de E.I. neste centro,  ten dereito a

        obter unha praza no CEP Lois Tobío,  centro ao que estamos adscritos. 

                  Segundo a Orde do 21 de outubro do 2022 (DOG do 8 de novembro), a

 solicitude de Reserva presentarase mediante o modelo normalizado ED550A

 e poderá facerse de dúas maneiras:        

    - Telemáticamente a través da aplicación:                                                                   https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado   

    - De maneira presencial, na secretaría do noso centro, entre o 16 de                     xaneiro e o 6 de febreiro, ambos inclusive.

      O formulario poderá descargarse na aplicación admisión alumnado, no enlace ao pé desta información ou solicitalo no centro.         

       O alumnado que non vaia continuar os seus estudos no CEP Lois Tobío,

terá que presentar a solicitude de Admisión no centro no que queira obter praza, entre o 1 e o 20 de marzo.

       En calquera dos dous casos, heberá que formalizar a matrícula para o vindeiro curso, no centro onde se obtivera praza, do 20 ao 30 de xuño.             

MATRÍCULA CURSO 2022-2023

 

       O prazo de matrícula para o alumnado de novo ingreso que solicitou praza neste centro é do 20 ao 30 de xuño, previa cita chamando aos teléfonos: 982 870 957 ou 646148944.

       Haberá que presentar o Impreso de matrícula cuberto, xunto coas autorizacións e as solicitudes de Transporte e/ou Comedor para aquelas familias que o solicitaron. Todo elo acompañado de:

       - 3 fotos  tamaño carnet.

       - Certificado médico no que se faga constar que o/a neno/a ten postas tódalas vacinas que lle corresponden pola súa idade.

 

       Os impresos pódense retirar no centro ou descarglos  nos Arquivos adxuntos:

 

CHARLA PARA AS FAMILIAS DO ALUMNADSO DE NOVO INGRESO

 

CHARLA NA EEI SAN ROQUE

 

Dentro da nosa Escola de nais e pais convidamos as familias con alumnado de novo ingreso (nacidos no ano 2019) a unha charla que correrá a cargo de Alba Guijarro Infante.

 

Título:“Inicio dunha nova etapa: resposta ás preguntas máis frecuentes (control de esfínteres, rutinas, ...)”

 

Lugar:colexio San Roque

 

Día: xoves, 17 de marzo

 

Hora: 17:00

 

Prazas limitadas.  Reserva cita, chamando ao teléfono 982 870 957 en horario de 9:00 a 14:00

 

RESERVA DE PLAZA PARA O NOSO CENTRO ADSCRITO. CURSO 2022/2023

      Aberto o prazo de SOLICITUDE DE RESERVA DE  PRAZA para

 as/os alumnas/os de 6º de Infantil que vaian o vindeiro curso

 para o CEP LOIS TOBÍO, centro ao que estamos adscritos.

     

      Podese facer de varios xeitos:

- Cubrir o formulario, que se pode descargar nos arquivos adxuntos,   e traelo ao centro.

- Acceder á aplicación Admisión alumnado, a través do menú:   Solicitudes - Reserva - Crear.

    Si se escolle esta opción podese:

         . Imprimir o formulario e traelo ao centro.

. Presentalo na Sede electrónica a través da aplicación , se   dispoñen de Certificado dixital ou Chave 365.

 

 

DATA LÍMITE: 8 DE FEBREIRO DE 2022.

 

 

     Para entregar os impresos no centro,

 terase que solicitar cita  chamando

 ao teléfono 982 870 957, de 10:00 a 11:00.

 

       O alumnado que non vaia, o vindeiro curso ao Lois Tobío, terá que presentar a Solicitude de admisión (que poderán solicitar no centro no  que queiran obter praza ou acceder a ela através de Admisión alumnado) do 1 ao 20 de marzo.

 

En calquera dos dous casos haberá que formalizar a matrícula no mes de xuño.

 

 

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

 

Renovación parcial do Consello Escolar 2021

 

Estimados pais/nais:

Como se lles comunicou a través da aplicación abalar, durante o mes de novembro vanse celebrar no colexio as eleccións para a renovación parcial dos membros do Consello Escolar , correspondendo ao sector dos pais/nais a renovación de dous dos seus membros.

 

Son electores, como representantes deste sector, todos/as os/as pais/nais ou titores legais dos alumnos/as matriculados/as no Centro.

 

Son elixibles, como representantes deste sector, todos/as os/as electores/as que se presenten como candidatos/as. Para presentar a candidatura deberán cubrir un impreso de solicitude que estará a súa disposición na secretaría do centro, entre o día  08 ás  9:00 horas  e  o día 15 ás 12:00 horas , ambos do mes en curso.

 

Para votar deberá comprobar que o seu nome está incluído no Censo Electoral (exposto no taboleiro do centro dende o día 04 de novembro), de non estar, deberá cursar unha reclamación perante a Xunta Electoral constituída no Colexio.

 

O día da votación deberán traer o DNI ou outro documento identificador.Respectando en todo momento as medidas establecidas por mor da Covid-19.

 

Para votar facilitaráselle unha papeleta cos nomes de todas as persoas candidatas, na que vostede marcará cun X un nome, como máximo.

 

O calendario electoral elaborado pola Xunta Electoral é o seguinte:

 

1- Publicación do Censo

04 de novembro

2- Presentación de Candidaturas

do 08 ao 15 de novembro

3- Proclamación de Candidaturas

15 de novembro

4- Reclamacións

16 ao 18 de novembro

5- Sorteo da Mesa Electoral

19 de novembro

6- Votacións

Xoves, 25 de novembro, de 09:00 a 11:00 horas

7- Reclamacións

15 días

 

 

A Presidenta da Xunta Electoral,

Carmen Ferreiro Maseda

 

 

 

 

ELECCIÓNS O CONSELLO ESCOLAR

Según a Resolución 16 de setembro de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostídos con fondos públicos.(DOG 4 de outubro de 2016)

No noso centro procederase a renovación de un pai/nai, un representante da ANPA, un representante de administración e servizos e dous profesores.

Distribuir contido


by Dr. Radut