Skip to Content

Intelixencia Artificial

Seguindo coa participación en proxectos de innovación educativa, un par de mestras están a participar nun curso do Ministerio do Interior sobre Intelixencia Artificial. A derradeira parte de este curso é realizar co alumnado de 6º de Infantil unhas actividades para introducilos na aprendizaxe de esta materia. Á hora de preparar as actividades pensouse en, de maneira transversal, traballar á vez actividades relacionadas con outros proxectos do centro. Polo momento levamos realizadas 3 actividades distintas:

 

Programamos emocións: pola aula repartimos emojis que reflicten distintas emocións. Cada grupo saca unha tarxeta dunha situación e ten que “programar” a un compañeiro ou compañeira para que colla o emoji da emoción que se produce ante a situación da imaxe que acaba de recibir. 

 

Adiviñamos animais: Preparamos no taboleiro de chan de 5x5 dous puntos de partida, onde se sitúan dous “robots” de dous equipos distintos. Cada equipo debe programar ao seu “robot”para que, seguindo as instrucións, pasen polas celas onde hai interrogacións. Cada interrogación ten unha adiviña sobre algún animal que teñen que resolver para seguir avanzando.

 

Programamos pirámides alimentarias: A actividade consistiu en realizar unha pirámide alimenticia utilizando vasos e botes de refugallo nos que pegamos imaxes de distintos alimentos. Por equipas, teñen que “programar” a secuencia de pasos para que un compañeiro/a realice a pirámide.

 

 

 

 

 

 



blog | by Dr. Radut