Skip to Content

Audición e Linguaxe

AS NOSAS EMOCIÓNS

Bo día a todos e a todas! 

Hoxe achégovos uns xogos online para traballar as emocións, son varios xogos que van dende o máis sinxelo (saber recoñecelas) ata o último xogo que xa se trata de asociar emocións a determinadas situacións.

http://www.czpsicologos.es/evenbettergames/jugar.php?juego=emociones 

 

http://www.czpsicologos.es/evenbettergames/jugar.php?juego=cadaoveja

 

http://www.czpsicologos.es/evenbettergames/jugar.php?juego=esfumate

 

http://www.czpsicologos.es/evenbettergames/jugar.php?juego=ruleta 

 

O meo correo

Bo día a todos e todas!!

Achego o meu correo electrónico por se alguén se quere por en contacto conmigo para que lle mande actividades máis específicas ou calquera outra cuestión:

paulacg@edu.xunta.es 

Saúdos!!

XOGAMOS COA LINGUAXE CANTANDO

Moi bo día e boa semana a todos e todas!

Hoxe publico novas propostas para xogar coa linguaxe utilizando cancións.

Empezamos quentando a lingua

Despois podemos xogar un pouco variando o noso volume e velocidade da voz:

Despois de ter a voz xa ben quente, xogamos a ir sacando palabras cunha canción ben coñecida:

E xa para profesionais...podemos xogar a cambiar as vogais!:

 

A pasalo ben!! Unha forte aperta!

XOGAMOS A ESCOITAR

Bo día a tódalas familias! Despois do alivio que supuxo onte empezar a poder pasear un pouquiño cos nosos nenos e nenas, parece que xa se empezan a ver as cousas con máis optimismo!

Seguimos con novas propostas!

Moitos d@s nen@s teñen dificultades de concentración, escoita, comunicación,...

Comunicarse vai unido a saber escoitar. Algo que parece tan simple e en cambio para moit@s nen@s é tan complicado. Un dos obxectivos clave e primordial é tentar conseguir que aprendan a escoitar, habilidade fundamental no día a día.

Por natureza son impacientes, distráense con facilidade, perden o interese e por tanto deixan de escoitar.

Traballando con nen@s é fundamental que poidan seguir instrucións simples para poder realizar as actividades ou xogos que lles propoñemos.

O xogo é a actividade natural d@s nen@s. A través del podemos traballar con eles diferentes tarefas que lles axuden a desenvolver diferentes capacidades. Ao xogar, ao participar e ao ensinar, eles memorizan a experiencia e o que aprenderon.

Hoxe vos propoño xogos  que podemos facer para ensinarlles as habilidades básicas de comunicación, por exemplo a capacidade de escoita ou o respecto pola quenda de palabra… Estas habilidades son fundamentais para o seu desenvolvemento social, e contribuirán a crear unha comunicación rica e efectiva tanto no colexio como na familia.

Estes xogos ou actividades teñen que captar o seu interese, ser lúdicos, divertidos e á vez educativos. A nosa comunicación con eles deberá ser a través de frases curtas e directas, evitando distraccións e sempre mirándolles aos ollos.

A continuación explico algúns dos xogos que nos servirán para potenciar a escoita n@s nen@s e, á súa vez, traballar diferentes habilidades e capacidades como a atención, a concentración ou o respecto.

 

 “Escoita atenta”. Neste xogo imos ler un conto. Antes de empezar a lectura diráselles que fagan unha acción determinada (levantar a man, dar unha  palmada…) cada vez que escoiten unha palabra determinada. É unha actividade moi boa para a discriminación  auditiva.

 “Fun de compras”. Este é un xogo moi popular co que os nenos se divirten moito. @ nen@ ten que comezar dicindo «onte fomos de compras e compramos…» e agrega un elemento ao final (o tema que se queira) Por exemplo “onte fomos de compras e compramos lentellas” O seguinte ten que repetir o que dixo o anterior e engadir algo máis á lista (por exemplo lentellas e ovos). Así sucesivamente ata que xa non poida lembrar ou a lista sexa moi longa para eles. Tamén se poden utilizar outras oracións como «fomos ao espazo e vimos…» ou «fomos de vacacións e levámonos…». Este xogo ten como principal obxectivo traballar a memoria  auditiva. Ás veces, para algúns é complicado; neste caso pódeselle axudar e reforzar dándolle unha pista ou axudarlle a lembrar un elemento da lista mediante unha pregunta.

 “ Simon di”. É importante recalcarlle na explicación que soamente levará a cabo a acción sempre que se diga diante “ Simon di”. Por exemplo, “  Simon di que nos toquemos a perna dereita” En ocasións, saltarémonos a parte de “ Simon di” para comprobar se prestan atención. Unha boa idea é deixar tamén que el@s sexan @s protagonistas e que eles sexan os que dan a orde.

 "Contar contos  pochoclos": No conto  pochoclo, cada persoa toma a súa quenda para agregar ao conto que se vai construíndo xuntos. A primeira persoa pode empezar cunha frase como “Unha vez vivía un  dragón morado enorme…” e a seguinte persoa ten que usar as súas habilidades de escóitaa activa para incorporar o que acaba de escoitar no que agrega ao conto. Esta actividade pódese ampliar con tarxetas de debuxos...

 "20 preguntas": Neste xogo, a persoa a quen lle toca pensa nun obxecto que os outros participantes deben adiviñar. Pero só poden facer 20 preguntas de resposta si ou non para pescudar cal é o obxecto. Este xogo fai que os nenos pensen na información anteriormente compartida, xuntando todo para facer a mellor pregunta que lles outorgará a máxima cantidade de información.

Outra actividade que se pode realizar é con cancións que implican realizar as accións que imos escoitando, podemos deixar que vexan as imaxes que acompañan a canción, ou, se o queremos por máis difícil que so a escoiten e  realicen o que a canción vai dicindo. Hai un montón, vos deixo algúns exemplos dalgunhas que temos utilizado na clase:

 

Agardo que o pasedes ben!

 

SIEMBRA ESTRELLAS

Bo día a tódalas familias! Agardo que esteades tod@s ben e vaiades levando esta situación da mellor maneira posible.

Hoxe quero compartir con vos un enlace para unha páxina que está creando actividades online para traballar o desenrolo de habilidades lingüísticas.

https://view.genial.ly/5e73527766abcc0f6863c46b/presentation-actividades-para-el-aprendizaje-y-desarrollo-de-habilidades-linguisticas 

Pareceume interesante compartilo porque podedes escoller nivel e actividades a realizar.

Espero que vos guste e vos sexa útil.

Unha aperta moi forte e moitos ánimos!!

 

PAUTAS DE ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE ORAL

Bo día! Hoxe quero compartir con vos unhas indicacións que axudan a mellorar a linguaxe nos nos@s nen@s.

A linguaxe oral é unha función e unha destreza que se aprende de forma natural, por unha serie de intercambios coa contorna social. A adquisición da linguaxe é un proceso evolutivo que segue o seu propio ritmo e curso. Estes non son iguais en todos os nenos. 

 

Que o teu fillo ou a túa filla pronuncien e articulen ben os sons, depende, en gran medida, de que vós, como nai e pai, ofrezades uns modelos correctos de pronuncia. No control da articulación interveñen decisivamente o oído, a respiración, o sopro e a capacidade de mobilidade dos órganos bucofonatorios (lingua, beizos, padal...). 

 

A continuación preséntovos unha serie de orientacións para a estimulación da linguaxe d@s vos@s fill@s: 

 

- Fálalle amodo e de forma clara. 

- Fálalle tan a miúdo como sexa posible.

- Fálalle correctamente e non imites a súa forma de falar. 

- Non lle atosigues porque che pareza que vai lent@, cada cal teñen o seu ritmo de pronuncia. 

- Dálle tempo para que responda as túas preguntas. 

- Sinala ou marca quendas de intervención. Tenta que respecte as quendas de comunicación. 

- Repítelle todo as veces que o necesite, pero sempre de forma natural. 

- Non corrixas inmediatamente as súas producións erróneas. Utiliza esa palabra nunha frase para que a escoite ben dita. (Exemplo: se di “o pero ladra” se lle pode dicir “o can que xoga con ese neno ladra moi forte”). 

- Non tentes correxir os erros fonolóxicos d@ nen@ (iso é labor da mestra), limítache a que che oia correctamente e comprenda o que queres dicir. - Adapta a lonxitude dos teus enunciados á capacidade d@ nen@. 

- Non rirse nunca dos erros fonolóxicos feitos pol@ nen@.

- Tenta que @ teu fill@ senta que lle comprendedes, fai esforzos por comprenderlle e que non se senta frustrad@.

 - Sempre que @ nen@ inicie unha conversación tenta que esta se manteña o maior tempo posible. 

- Se lle custa utilizar correctamente algunha das partes da oración ou as constrúe mal, ofrécelle o modelo correcto, pero tomando aquilo que dixo e repetíndollo correctamente.( Exemplo: se o di “é o seu coche do seu papa?” diríaselle: “Si, é o coche do seu papá.” 

- Dá “a volta” ás súas preguntas animándolle a pensar e a manifestar as súas opinións ( Exemplo: por que......? A ti que che parece?). 

- Aproveita as ocasións nas que @ nen@ goza contigo para falar con el/a, xoga con el/a, lelle contos, debuxa... 

- Realiza actividades c@ nen@, sobre todo aquelas que estimulen a linguaxe espontánea. 

- Elixe unha actividade que lle resulte motivante e atractiva para que esta provoque a súa linguaxe.

- Compórtate de forma “novata” co@ nen@, é dicir, pídelle que che explique as cousas que está vendo, o xogo co que esta xogando,... co fin de conseguir compartir cousas con el/a. 

- Despois de facer unha actividade interesante... comentade o que ocorreu, fálalle dese acontecemento, que che conte o que pasou, etc.

- Utiliza preguntas abertas. Anímalle a contestarche con algo máis que se ou non. Amplía as súas mensaxe. 

- Fálalle de persoas, feitos e lugares que estean presentes no contexto no que habitualmente vos atopades. Situacións de aquí e agora. 

- Facer colaxes con recortes de revistas e inventarse historias ou contos. 

- Dramatización- expresión corporal de contos. 

- Xogar a inventar historias con marionetas 

- Contar cousas de forma ordenada: que fixo antes e despois, que fará enseguida, logo... 

- Ir explicando onde se deixan as cousas, traballando hábitos de orde.

- Preguntarlle a miúdo polos seus xogos e escoitar as explicacións. 

- Xogar a adiviñar obxectos nomeando só algunhas características 

- Mirar con el contos e revistas e que diga os nomes dos obxectos que aparecen nas imaxes. 

- Contarlle contos facéndolle partícipe, pedíndolle axuda nalgún momento e facéndolle preguntas.

- Facerlle preguntas sobre cousas que ocorren na súa vida cotiá para desenvolverlle a capacidade de atención. 

- Ensinarlle cancións, adiviñas, refráns,... 

- Ver con el/ela un programa infantil de TV e preguntarlle sobre os personaxes, como se chaman, que facían... 

- Buscar diferenzas entre os debuxos case iguais.

- Xogar ao “Vexo vexo” 

- Saber a súa dirección completa.

- Que aprenda a lembrar o seu nome, apelidos, data de aniversarios, profesión dos pais... 

- Xoga a imitar sons da contorna, de animais ou persoas, ensínalle de onde proceden e anímalle a imitalos. 

- Fomenta o xogo imaxinativo, que xogue a peitear bonecas, a conducir, a xogar na granxa,... 

- Xoga a facer movementos cos beizos, como facer morriños, dar besiños, facer pedorretas...; coa lingua, lamerse os beizos, sacar a lingua fóra da boca, subila ata o nariz... 

- @ nen@ pode xogar a soprar muíños de vento, facer burbullas de xabón, soprar pitos, inflar globos... 

- É aconsellable controlar as manifestacións de ansiedade xa que unha situación relaxada favorece unha emisión máis abundante e fluída. 

- Evitar as rifas, os comentario despectivos ou castigos relacionados coa linguaxe. 

- Permanecer o máis preto posible del/ela cando se lle fale. Poñerse á súa altura. Miral@ directamente aos ollos. 

- Eliminar as correccións do tipo "iso non se di así", no seu lugar repetirémoslle a frase ou palabra de forma correcta, incluso ampliando a mesma, por exemplo, "a taxa é banca"/ "si, a casa é branca e grande". 

- É importante felicitar e premiar cada meta alcanzada. 

 

XOGAMOS A ORDENAR E CONTAR

Bo día a tod@s!

Hoxe a proposta vai encamiñada a traballar a secuencia temporal, que sexan capaces de ordeala e ir contando o que vai representando.

É unha actividade que pode dar moito xogo xa que podemos pensar outro final, inventar unha historia similar,...

Podemos xogar directamente na web:

http://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/gallery/Recursos%20Infinity/juegos_jcyl/pasatiempos_pri/juegos_quedivertido/ordenaescenas/ordena_escenas.html 

http://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/gallery/Recursos%20Infinity/juegos/educativos/ordena_escenas/ordena_escenas.html

                 

https://conteni2.educarex.es/mats/11343/contenido/index2.html

Tamén podemos descargar algunha aplicación na tablet: 

          

https://play.google.com/store/apps/details?id=com.fundacionplanetaimaginario.isequenciasviallite 

                     

https://play.google.com/store/apps/details?id=com.hedgehogacademy.sequencesfree&gl=ES

A ver que tal se vos da!

 

 

XOGAMOS COS SONS

Bo día a tódalas familias! Agarddo que esteades ben.

Hoxe vos propoño xogos para traballar con sons, para traballar a discriminación auditiva dos nos@s nen@s. Son xogos que facemos moito nos talleres de estimulación da linguaxe e dicir que son dos que máis disfrutan.

Tentei buscar material que non vos supuxera ter que imprimir e poidades usar online, ahí van algunhas entradas:

https://conteni2.educarex.es/mats/11344/contenido/index2.html

https://conteni2.educarex.es/mats/11340/contenido/index2.html

 

 

Ademáis destes xogos online, no Youtube temos un montón de vídeos para xogar cos sons e xogar a adiviñar, soen vir por categorías semánticas o que nos fai máis sinxelo atopar sobre o que nos interesa traballar,, colgo algúns exemplos para que vexades.

SONS DE ANIMAIS:

 

SONS DO CORPO:

SONS DE INSTRUMENTOS MUSICAIS:


Estes son algúns exemplos, se entrades neles veredes que hai moitos máis!

 

Por último, por se tedes tablet, poño algunhas apps que podedes descargar para traballar  o mesmo:

                                          

https://play.google.com/store/apps/details?id=com.vqh.sounds_for_kids&gl=ES 

                                        

https://play.google.com/store/apps/details?id=com.smartkids.soundsmemory&gl=ES

                                        

https://play.google.com/store/apps/details?id=net.fagames.android.playkids.animals&gl=ES

 

Que o pasedes ben!

 

FACEMOS XIMNASIA COA BOCA

Bo día a td@s! Agardo que estedes ben.

Hoxe vos propoño facer mover os órganos que participan na produción da linguaxe, e importante que funcionen ben para despois poder producir os sons de maneira correcta.

Ao longo do curso, no taller de estimulación da linguaxe, fixemos moitas praxias, é algo que lles fai graza e lles gusta facer.

Para elo vos deixo algúns enlaces con videos que podedes ir seguindo. 

Que vos divirtades!

Un saúdo e MOITO ÁNIMO!

 

XOGAMOS A SOPRAR

Ola a todas as nosas famillias! Tentando que vaian xurdindo novas maneiras de pasalo tempo entretidos, á vez que melloramos habilidades, hoxe vos propoño facer xogos de sopro.

Hai un montón!, vos achego os enlaces a dúas páxinas que vos poden dar ideas.

https://mamay1000cosasmas.com/ejercicios-de-soplo/ 

https://www.bloghoptoys.es/9-ideas-divertidas-para-trabajar-el-soplo/ 

Agardo que vos sexa útil.

Moitos saúdos e ánimos!

Distribuir contido


by Dr. Radut