Skip to Content

4º Infantil

Espinete!!

A nosa compañeira Martina, de 4º B, quere compartir con todas e todos vós estas imaxes da mascota que ten a súa madriña. Trátase dun ourizo moi lindo e simpático, e o seu nome é Espinete. Tamén vos envía moitos saúdos a todas/os!!!

LETRAS GALEGAS

O noso compi Gabriel de 4º B, mándonos unha actividade que fixo co seu irmán Sergiu, para celebrar o Día das Letras Galegas.

Día das Letras Galegas

O noso compi Daniel de 4º A, deséxanos un feliz Días das Letras Galegas.

Música, xogos tradicionais e para o xardín e outras cousiñas

Ola, son Martina de 4º B

Mándovos algunhas das actividades que estiven facendo estes días. Estou aprendendo a escribir as letras, a contar e a divertirme cos meus papis con xogos de toda a vida. 

Mirade que diver!!! O meu papi fíxome uns xoguetes para o xardín

E por último, aprendín a tocar a escala musical. Mirade este vídeo para comprobalo (PINCHA AQUÍ)

Espero que todos esteades moi ben. Moitos bicos

 

O reino das emocións

A nosa compi Noa de 4º B, fixo unha pequena actividade do "Viaxe ao reino das emocións", na que ela elaborou os escenarios, as persoaxes e ata fixo a súa interpretación. Moi ben Noa!!!

Aquí vos deixamos o vídeo para que vexades o ben que lle saíu (PINCHA AQUÍ)

 

Circuíto

O noso compi Tiago de 4º A, mándanos un vídeo dun circuíto que fixo durante estes días (PINCHA AQUÍ)

Día do libro: Os tres porquiños

O noso compi Gabriel (4º B), tamén celebrou o día do libro, pintando a casa dos 3 porquiños e facendo de papel os porquiños e o lobo feroz.

Día do Libro

Ola a todos!

 
Que tal estades?
 
Espero que todos esteades ben. Envíovos unha foto coa flor e o muíño que fixen coa axuda da miña familia para conmemorar o día do libro. Ademais queremos recomendarvos un dos meus libros favoritos, " A mellor sopa do mundo".
Unha aperta amigos. Xa falta menos para vernos
 
Julia (4º B)
 

Marcapáxinas para o Día do Libro

Hugo de 4º B mandounos unha das actividades que fixo para o Día do Libro, un marcapáxinas cun monstro de ra para poder marcar o seu conto de Chicken little

EU QUEDO NA CASA. OUTROS RECURSOS

 

1. O MUNDO DOS ALIMENTOS:

 

FROITAS E HORTALIZAS

https://www.minilandgroup.com/playminiland/frutas-y-hortalizas.html

https://www.minilandgroup.com/playminiland/colores-frutas-y-hortalizas.html

 

2. AS NOSAS MASCOTAS:

 

AMELIA QUERE UN CAN. Kalandraka

https://www.youtube.com/watch?v=4GDzvNSa4Z4

 

 

3. LECTO-ESCRITURA:

 

TOCANDO

https://www.juegosinfantilespum.com/teclado/index.php

 

 

4. LÓXICA-MATEMÁTICA:

 

CORES

http://www.waece.org/sabemos/indicecolores.htm

 

 

5. DESCUBRIMOS O NOSO CORPO:

 

PARTES DA CARA

https://www.minilandgroup.com/playminiland/partes-de-la-cara.html

 

 

6. O MUNDO DAS EMOCIÓNS:

 

EU TEÑO ALGUÉN. María Fumaça

https://www.youtube.com/watch?v=HiHDRCyV5Es

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut