Skip to Content

Os Botóns (2017-2020)

Agasallo apadrinamiento

Xa temos preparado o agasallo para os noso compañeiros/as de primaria que hoxe veñen a contarnos contos.
Moitas grazas por vir.
 
 
 

FESTA DE GRADUACIÓN

XA CHEGOU  O GRAN  DÍA

 

HOXE , OS  BOTÓNS, CELEBRAN O SEU ÚLTIMO DÍA NA ESCOLA INFANTIL PARA DAR O GRAN SALTO A ESCOLA PRIMARIA.                                         

                                 PARABÉNS!!!

 

                     AQUÍ TEDES OS GRADUADOS

 

 

SODES UN GRAN GRUPO E AS VOSAS MESTRAS ESTAMOS MOI CONTENTAS DE TERVOS NA ESCOLA.

DE APRENDER, XOGAR, COCIÑAR E DESFRUTAR COAS VOSAS HISTORIAS.

O COVID-19 IMPEDIU REMATAR O VOSO ÚLTIMO CURSO  DUNHA MANEIRA PRESENCIAL, PERO A TRAVÉS DAS VIDEOCONFERENCIAS ESTIVEMOS EN CONTACTO.

RECORDADE TODO O QUE FIXÉCHEDES NA ESCOLA VENDO O SEGUINTE VIDEO.

 

Dear Botons, 

I want to say THANK YOU! to each of you for all the warmth, the memories, and the learning we have shared these years together in English class. I am so proud to have been your teacher. A little bit of each of you will always be with me.

I hope you enjoy this short video of all of you. And like the songs says: "Be the best that you can be and keep getting stronger!" 

 

 

 

 

Actividade 5 para a revista

Hola Botóns:

Como xa os comentei onte quédanos por facer a páxina sobre a historia da vida de Ricardo Carvalho Calero, homnaxeado do Día das Letras Galegas.

Para facela actividade deberíades mirar as páxinas d econsulta sobre a súa vida ou ter feito algunha das actividades en papel ou en dixital que puxemos na entrada do Día das Letras Galegas,Tedes información na páxina de Seminario Galán.

Imos facer a actividade da seguinte maneira:

1.   deberedes facer un debuxo escollendo algunha destas opcións: Cara de Ricardo Carvalho, Universidade de Compostela, portada dalgunha das revistas nas que traballou, Debuxo da súa escola , Corpo enteiro de Ricardo Carbalho, , o seu nome con letras gordas e pintado de cores,

 

2. responder a algunha destas preguntas: Sempre en cor negra, a resposta será o que eu poña na revista

 

  --  Cal é o nome completo ?

   --  Onde naceu Ricardo?

  -- cantos irmás tivo?

 -- Como lle ensinou a súa nai a leer?

 -- Quen dirixiu a escola na que estudaba?

  -- Nomea tres revistas nas que traballou Ricardo?

  --  escribe e completa este texto: Foi o 1º catedrático de ................. na universidade de ...................

  -- Defendeu que a lingua galega é:  ....................

 --  En que grupo entrou Ricardo a formar parte cando chegou a Santiago?

 -- escribe e completa: En 1963 participou na Guerra  ................, do lado dos  ..................... foi condenado a  ..................... de cárcere.

 -- Escribe  e completa:  en 1966, a Editorial .................. publicou a primeira edición da ............................

 Recordade que a resposta  podedes atopalas nas páxinas de información de Seminario Galán, no apartado de Bibliografía, Cuestionario...

Calquera dúbida chamade

Ánimo co traballo de investigación.

Unha aperta moi forte

 

 

Revista actividade 4

Bos días familias:

 

A actividade de hoxe do Coronavirus, é para a Revista Escolar.

Recordo o que debedes facer:

-- un debuxo de como o neno/a cree que pode ser o Coronavirus, pode ser debuxado, con material reciclado, con distintos tipos de teas... facede a foto e mandádema.

-- se o neno ou nena, quere pode contarme  que é  coronavirus, como se sinte, que cousas poden facer coma nenos e  tamén os adultos.Recordade enviarme os audios ó correo mio de la xunta o al correo del cole, no por wasap.

 

Moitas  grazas  por participar. Un biquiño moi forte.

Revista actividade 3

Bos días  nenos e nenas:

 

Hoxe tedes unha actividade moi divertida sobre os triángulos, animádevos a facela.

Agora vou propornervos unha nova actividade para a revista escolar, imos contarlles as familias como foi a nosa celebración do Día da Paz.

Podedes recordar a actividade no apartado de FESTAS e buscando o Dïa da Paz.

Xa o fíchedes, pois vou explicar o que imos facer. A cada un de vós os toca unha tarefa:

Debuxar a Wangari Mathai: tedes o conto de Wangari y los árboels de la paz en youtube.

Título: Wangari e as árbores da PAZ

Resumen do conto: No pobo de Wangari a guerra rematou coas árbores, a desaparición das árbores trouxo  a desertización e a miseria.

Wangari co seu movemento " Cinturón verde" plantou árbores que sandaron o seu país e deu traballo e salario o seu país e deu traballo e salario ás mullers facéndoas protagonistas do proceso de PAZ.

Nós na escola fixemos as seguintes actividades;

-- marcapáxinas debuxando unha árbore con gomets, pintura ou rotulador.

-- etiqueta para o tarro da semente.

-- prantar unha semente de faba.     

Imos repartir o traballo.

Todos, todos, todos, ides debuxar unha destas opcións: Wangari, un bosque de árbores, o poboado , o país onde ocurriu o conto, un pobo con un deserto arredor, algunhas mulleres mais. (en cores, ben debuxado e sen que falten detalles nos corpos).

Agora vou repartir o texto: teredes que escribilo en negro non en lápiz, non é copiar, un adulto ten que dictarvos igual que facemos na aula. acordarvos de que os indiquen a separación entre palabras.

Antía:  No pobo de Wangari a guerra rematou coas árbores.

Alan: a desaparición das árbores trouxo a miseria.

Adrián: Wangari co seu movemento " Cinturón Verde"

Alicia: a PAZ na escola do Alba, debuxo da planta cos dediños.

Bianca: prantou árbores que sandaron o seu país.

Carmen: deu traballo a salaria ó seu poboado

Celia: as mulleres foron as protagonistas do proceso de PAZ

Carlo: nós na escola fixemos as seguintes actividades

David: Todos xuntos nun gran círculo escoitamos o conto 

Guille: cada clase pintou unha árbore para o mural da escola 

Juan: organizados en grupos para facer a tarefa de axudar a Wangari

Lara: Wangari e as árbores da PAZ, debuxo da planta cos dediños.

Lennon: etiqueta para o tarro da semente

Martín: prantar unha semente de fabas

Manu: a levamos a casa para que medrara.

 

E ata aquí esta tarefa, cando fagades as fotos facédea con moita luz, intentade que non se reflexa nada, calquera dúbida podedes facela no grupo ou en privado.

Recordade que esta tarefa forma parte do traballo que nos toca para a revista, non ahi presa por facela , mirade o conto con calma, un día o debuxo e outro o texto.

 

Que teñades un bo día

 

 

 

 

 

    

Revista actividade 2

Ola Botóns:

Hoxe tedes a actividade de escribir o voso nome, actividade que xa os comentara xunto coa actividade de debuxar o voso corpo.

Así que podedes aproveitar a escribir os nomes das persoas da vosa casa.

Intentade facelo sen axuda e logo comprobade o nome cun adulto, aproveitade para rematar a tarefa do debuxo do voso corpo.

Tamén podedes facer unha actividade de pasatempo, parecida a esta:

 

Desfrutade de estar en casa.

Un bico pola web.

 

Actividade para a Revista Escolar

Bos días nenos:

Ya temos a primeira actividade para a Revista Escolar:

1. Debuxo o teu corpo en cor negra  ( tamén será para o mural de graduación) , tamén o teu nome en negro. Fai unha foto.

2. Colorea o debuxo do teu corpo e escribe o teu nome de maneira orixinal e con cores.Fai unha foto.

 

Anímate a facer outras das propostas que temos na páxina web.

Un bico e ata outro día.

Distribuir contido


by Dr. Radut