Skip to Content

Día da Paz

Día da Paz

Este ano quixemos celebrar  "O día da paz"cos avós do centro de dia de Valladares, bailamos "A polca da Paz" e fixemos "o tendal da Paz" con palabras bonitas e chess de moito significado que fomos traballando o lo go da semana

  

 

 

O homiño de papel. Conto pola PAZ

 
Polo Día da Paz, a Fada deixounos ese conto que fala da inclusión e da axuda aos demais.
Entre as aulas elaboramos en conxunto os nosos homiños de papel. Tamén levaron para casa anacos de periódico para facer os eu homiño en conxunto coa súa familia.
 

Día da Paz cos avós e avoas

    Onte e hoxe tivemos unha visita online moi especial: os avós e avoas do Centro de Día de Maiores de Valadares e tamén do Centro de Día D'alba.

Xuntos celebramos o DÍA DA PAZ, e colaboramos do mural :

QUE CHOVA A PAZ dá escola.

Decoramos unhas gotiñas con palabras fermosas, agarimosas e bonitas, que choverán das nosas nubes.

Mirade que ben nos quedaron os murais.

     

 

 

 

Fixemos moitas cousas xuntas durante a conexión:

--- presentamos o tódolos nenos e nenas dá escola e coñecimos o nome dos avós e avoas

--- vimos o video da celebración do Día da Paz na nosa escola.

--- escoitamos o poema que nos recitou

--- os Canguros recitaron o poema "Plin Plin Clan"

--- os Koalas cantaron a canción " Inverno"

--- cantamos xuntos a canción : Ondiñas Veñen

--- Os Elefantes falaron cos avós

--- desfrutamos da canción do grupo de canto do Centro de Día

--- falamos das nosas cousiñas e das súas cousiñas

--- e sobre todo desfrutamos, aplaudimos e mandamos bicos .

      

 

      

 

       

 

 

        

 

 

 

 

Día da PAZ

 
 
DESPOIS DE ESCOITAR O CONTO FIXEMOS CADA NENO UN ELEFANTE GRIS PARA EXPRESAR QUE RESPETAMOS AS IDEAS E FORMAS DE PENSAR DE CADA QUEN E GÚSTANOS VIVIR EN PAZ E NON LOITAR.
 
 

Verbas de PAZ

4º OBRADOIRO DE XANEIRO:

Unha bolsa con sobres,  cartolinas, pegamento, pinceis e pintura branca. Todo isto deixou a Fada do Alba .... pero non sabemos a nosa misión.

 

1. Escolle un sobre.

2. Ordea as letras que atopas dentro.

3. Decide se queres escribir ou pegar as letras .

4. Xa tes no teu poder a palabra PAZ nalgún idioma do mundo.

5. Solicita axuda se o precisas e prepara a cartolina coa túa palabra.

6. Logo atópaa no mural do patio cuberto.

 

    

               

 

Intenta atopar no mural o túa palabra.

 

 

 

 

Día da Paz

O día 30 de Xaneiro conmemórase en todo o mundo o Día Escolar da Paz. Como este ano cadra en sábado celebrámolo o venres 29. Fixemos durante a semana faroles para alumear o noso camiño na escuridade. Tamén falamos sobre que significa a paz para nós e pensamos én fermosas expresións para compartir c@s demais. Contamos o conto : A nena e o farol" Aprendemos recitados e cancións que nos axudaban a describir e atopar  a nosa propia luz. 

Chegado  o venres, puidemos desfrutar dunha instalación de luz que formaba camiños en forma de espiral, un con luces de cores e outro de luz branca. accedimos a ela na escuridade alumead@s cos nosos farois. percorremos os camiños, recitando ou cantando, facendo e desfacendo o noso camiñar. Compartimos entre tod@s unha fermosa e pacífica experiencia.

 

Así pudimos observar como a nosa luz interior danos forza, enerxía  e vitalidade para levar acabo todo aquilo que nos propoñamos ou aquilo que teñamos que superar ou acadar.
NAMASTE!!!!!

DÍA DA PAZ 2020

 

ESTE ANO DEDICÁMOSLLE O DÍA DA PAZ A:

WANGARI MAATHAI, (1-4-1940 Ó 26-9-2011).

PINCHA NA IMAXE SE QUERES SABER COMO PLANTANDO ÁRBORES COLABOROU NA CONSTRUCCIÓN DA PAZ NO SEU PAÍS, KENIA.

 

TAMÉN NÓS PLANTAMOS UNHA SEMENTE, COMA WANGARI.

ESTE ARTIGO DO XORNAL "ATLÁNTICO DIARIO", CONTA COMO CELEBRAMOS ESTE DÍA. 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut