Skip to Content

ANPA

ANPA


Prezadas familias,

Como sempre, aproveitamos para darvos as grazas polo voso apoio. Agardamos seguir contando con vos e animamos a todos aqueles que non forman parte desta Asociación, a que se unan a nos.


Este ano, coma os anteriores, entre o traballo que realizamos dende esta Anpa, estivo:

  • A oferta de diferentes actividades extraescolares:

    • actividades deportivas: natación, tenis e taekwondo

    • inglés

    • manualidades

    • inteligencia emocional

    • cociña: actividade nova este ano.

      • Sabedes que aceptamos propostas para novas actividades nas que poidades estar interesad@s para os vosos nenos/as

    • Servizo de aula matinal,  dende as 7.45h.

    • Servizo de coidadora, dende as 15:15 ata as 16:00.

    • Uso do pabellón escolar para a celebración do aniversario dos vosos fill@s.

    • Colaboramos económicamente con algunhas das actividades que se realizan no colexio. Festa de fin de curso, agasallos dos reis os nenos, axudas para as excursións…

    • Temos en funcionamento unha páxina de Facebook, na que intentamos tervos ó día de tódalas cousas que se fan no colexio e tamén da información que nos chega, referente a axudas,

    • charlas, cursos.. a dirección desta páxina é:

    https://www.facebook.com/Anpa-Igrexa-Valadares-Monte-do-Alba-1842663372667759/


Isto sería un breve resumo do que dende a ANPA pomos a dispor dos socios e que intentamos sexa do voso agrado. Gustaríanos que se tendes algunha dúbida ou suxerencia a fagades saber para así poder mellorar entre todos.
  

Un saudo                                                                                                            
A directiva da ANPA

Distribuir contido


by Dr. Radut