Día da Paz cos avós e avoas

    Onte e hoxe tivemos unha visita online moi especial: os avós e avoas do Centro de Día de Maiores de Valadares e tamén do Centro de Día D'alba.

Xuntos celebramos o DÍA DA PAZ, e colaboramos do mural :

QUE CHOVA A PAZ dá escola.

Decoramos unhas gotiñas con palabras fermosas, agarimosas e bonitas, que choverán das nosas nubes.

Mirade que ben nos quedaron os murais.

     

 

 

 

Fixemos moitas cousas xuntas durante a conexión:

--- presentamos o tódolos nenos e nenas dá escola e coñecimos o nome dos avós e avoas

--- vimos o video da celebración do Día da Paz na nosa escola.

--- escoitamos o poema que nos recitou

--- os Canguros recitaron o poema "Plin Plin Clan"

--- os Koalas cantaron a canción " Inverno"

--- cantamos xuntos a canción : Ondiñas Veñen

--- Os Elefantes falaron cos avós

--- desfrutamos da canción do grupo de canto do Centro de Día

--- falamos das nosas cousiñas e das súas cousiñas

--- e sobre todo desfrutamos, aplaudimos e mandamos bicos .