Skip to Content

Revista actividade 3

Bos días  nenos e nenas:

 

Hoxe tedes unha actividade moi divertida sobre os triángulos, animádevos a facela.

Agora vou propornervos unha nova actividade para a revista escolar, imos contarlles as familias como foi a nosa celebración do Día da Paz.

Podedes recordar a actividade no apartado de FESTAS e buscando o Dïa da Paz.

Xa o fíchedes, pois vou explicar o que imos facer. A cada un de vós os toca unha tarefa:

Debuxar a Wangari Mathai: tedes o conto de Wangari y los árboels de la paz en youtube.

Título: Wangari e as árbores da PAZ

Resumen do conto: No pobo de Wangari a guerra rematou coas árbores, a desaparición das árbores trouxo  a desertización e a miseria.

Wangari co seu movemento " Cinturón verde" plantou árbores que sandaron o seu país e deu traballo e salario o seu país e deu traballo e salario ás mullers facéndoas protagonistas do proceso de PAZ.

Nós na escola fixemos as seguintes actividades;

-- marcapáxinas debuxando unha árbore con gomets, pintura ou rotulador.

-- etiqueta para o tarro da semente.

-- prantar unha semente de faba.     

Imos repartir o traballo.

Todos, todos, todos, ides debuxar unha destas opcións: Wangari, un bosque de árbores, o poboado , o país onde ocurriu o conto, un pobo con un deserto arredor, algunhas mulleres mais. (en cores, ben debuxado e sen que falten detalles nos corpos).

Agora vou repartir o texto: teredes que escribilo en negro non en lápiz, non é copiar, un adulto ten que dictarvos igual que facemos na aula. acordarvos de que os indiquen a separación entre palabras.

Antía:  No pobo de Wangari a guerra rematou coas árbores.

Alan: a desaparición das árbores trouxo a miseria.

Adrián: Wangari co seu movemento " Cinturón Verde"

Alicia: a PAZ na escola do Alba, debuxo da planta cos dediños.

Bianca: prantou árbores que sandaron o seu país.

Carmen: deu traballo a salaria ó seu poboado

Celia: as mulleres foron as protagonistas do proceso de PAZ

Carlo: nós na escola fixemos as seguintes actividades

David: Todos xuntos nun gran círculo escoitamos o conto 

Guille: cada clase pintou unha árbore para o mural da escola 

Juan: organizados en grupos para facer a tarefa de axudar a Wangari

Lara: Wangari e as árbores da PAZ, debuxo da planta cos dediños.

Lennon: etiqueta para o tarro da semente

Martín: prantar unha semente de fabas

Manu: a levamos a casa para que medrara.

 

E ata aquí esta tarefa, cando fagades as fotos facédea con moita luz, intentade que non se reflexa nada, calquera dúbida podedes facela no grupo ou en privado.

Recordade que esta tarefa forma parte do traballo que nos toca para a revista, non ahi presa por facela , mirade o conto con calma, un día o debuxo e outro o texto.

 

Que teñades un bo día

 

 

 

 

 

    



page | by Dr. Radut