Skip to Content

Os Botóns (2017-2020)

Almorzamos na escola

Despois de facer a marmelada de kiwi, voltamos a prepararnos un almorzo na escola.

Xa temos mais axilidade  en untar as galletas, esta vez non se rompeu ningunha, un pouco de manteiga e logo a marmelada.

 

 

 

 

Estaba riquísima !!!!!

 

Seguiremos almorzando co tarro que levamos a casa.

 

 

 

 

Unha partida de axedrez

 

A biblioteca do CEFORE, prestounos unha mochila con taboleiros de xadrez.

 

Coñecimos o nome das pezas, porque veñen  dúas cores, aprendimos o movemento  dos peóns...

 

Xa estamos preparados para votar algunha partida.

 

 

Celebrando os aniversarios

Nada mellor que preparar  unha tarta de chocolate con galleta para festexar os aniversarios deste curso.

Grazas a Eva,  cociñamos unha tarta riquísima.

 

                          Probade a facela no vosa casa,

                                 seguindo a nosa receita.

 

 

 

A nosa escola sabe a Laranxa

Chegou Xaneiro e a nosa laranxeira estaba chea de laranxas. Decidimos sair ó patio a observar e recolller a froita. A clase dos Botóns fixemos  zume de laranxa.

 

                    Estaba riquísimo !!!!!!

O nadal na aula dos Botóns

 

Polo Nadal á árbore da escola deixounos actividades para facer, algunhas das que mais nos gustaron son:

 

Obradoiro de maquillaxe

 

Saída  para festexar o Día da Discapacidade

 

Obradoiro de manualidades con avós e avoas do

Centro de Maiores de Valadares

 

 

A merendola  de nadal 

 

         

 

 

 

Tivemos moitas mais que podedes ver na sección de Nadal.

 

   BO   NADAL

 

Centros navideños

Xa temos moi preto as navidades e grazas a Angustias ( avoa de Alan), a nosa mesa este ano estará moi ben adornada.

Con moita paciencia, axudounos a crear un centro de mesa a partir dun tocón de madeira. Nós tivemos que añadirlle elementos navideños ( musgos, espumillón, piñas, candeas...)

No seguinte video podedes ver o proceso é o resultado.

Tamén queremos agradecer ao equipo de mamá da biblioteca por envolver o noso traballo.

                       MOITAS  GRAZAS

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut