Skip to Content

Proxecto cos avós

Contos de amor e amizade

 
Agasallo dos Koalas, Canguros e Elefantes para o resto dos alumnos/as, mestras, persoal docente e non docente, comunidade escolar e sobre todo para os avós e avoas de Valadares.
 
 
 
 
 
 
 
 

Día da Paz cos avós e avoas

    Onte e hoxe tivemos unha visita online moi especial: os avós e avoas do Centro de Día de Maiores de Valadares e tamén do Centro de Día D'alba.

Xuntos celebramos o DÍA DA PAZ, e colaboramos do mural :

QUE CHOVA A PAZ dá escola.

Decoramos unhas gotiñas con palabras fermosas, agarimosas e bonitas, que choverán das nosas nubes.

Mirade que ben nos quedaron os murais.

     

 

 

 

Fixemos moitas cousas xuntas durante a conexión:

--- presentamos o tódolos nenos e nenas dá escola e coñecimos o nome dos avós e avoas

--- vimos o video da celebración do Día da Paz na nosa escola.

--- escoitamos o poema que nos recitou

--- os Canguros recitaron o poema "Plin Plin Clan"

--- os Koalas cantaron a canción " Inverno"

--- cantamos xuntos a canción : Ondiñas Veñen

--- Os Elefantes falaron cos avós

--- desfrutamos da canción do grupo de canto do Centro de Día

--- falamos das nosas cousiñas e das súas cousiñas

--- e sobre todo desfrutamos, aplaudimos e mandamos bicos .

      

 

      

 

       

 

 

        

 

 

 

 

Adeviñas cos avós

Outra sesión cos avós e avoas do Centro de Día. Nesta ocasión  XOGAMOS ÁS ADEVIÑAS.

En grupos tivemos que pensar moito para atopar as respostas correctas.

No seguinte video podedes xogar connosco .

Probade sorte:       CANTAS SEREDES CAPACES DE ADIVIÑAR?? 

   

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

     

 

   

                 

 

 

 

 

 

Hoxe unha gran sorpresa !!!!

Por fin.... levávamos esperando todo o trimestre, pero xa están aquí.

Tivemos que adaptar esta actividade a nova realidade da Covid-19, formarnos en novas tecnoloxía  e conseguir todos os medios necesarios. Todo esforzo ten unha boa recompensa.

Durante tres días, un para cada aula, tivemos a primeira sesión de contacontos cos avós e avoas do Centro de Día de Valadares.

 

     

 

      

 

     

 

En breve, colgaremos o conto que os avós e as avoas non leron.

Esperamos a seguinte sesión con moitas ganas.

 

                       ATA PRONTO E MOITO ÁNIMO

AGASALLO DOS AVÓS DO CENTRO DE DÍA

Dende o curso pasado colaboramos cos centros de día de Valladares. Este ano como non poden vir o cole, comunicámonos por internet e seguimos facendo cousas xuntos. O derradeiro día de escola antes das vacacións de nadal, recibimos esta postal cun agasallo feito por eles.

 

Moitas grazas, bicos virtuais!!!!

Polo Nadal chegan postais dende os Centros de Día

As avoas e avós do Centro de Día do Parque  Tecnolóxico e Loxístico de Vigo, mandáronos unhas preciosas postais realizadas por eles para felicitarnos as festas. Había postais para cada unha das nenas e nenos da escola. 

Tamén nos chegou unha fermosa e gran postal dende o Centro de día D´Alba para Maiores, unha por aula, desexaándonos un Feliz Nadal. Tamén prepararon uns coquetos paquetiños con forma de renoo para agasallar a cada nena e neno da escola. 

 

Fermosas postais, bonitos paquetes, sodes uns artistas! Moitas grazas amig@s polos vosos detalles e o voso cariño. Esperamos que tod@s esteades ben de saúde e que pronto poidamos volver  compartir eses momentos de xogo, contos, cancións que tan felces nos fan.

Desexámosvos Bo Nadal e moita saúde! Moitos bicos e apertas.

SEMENTANDO COS MAIORES

ESTE MES DE MARZO @S AV@S DO CENTRO DE DÍA PARA  MAIORES VIÑERON Ó COLE  E APRENDÉRONNOS A FACER SEMENTEIRAS EN VASOS DE IOGUR. 

 COLABORACIÓN ENTRE XENERACIÓNS, RECICLAXE E CULTIVO DOS NOSOS PROPIOS ALIMENTOS, TODO NUNHA MESMA MAÑÁ!

Distribuir contido


by Dr. Radut