Skip to Content

Proxecto cos avós

Facendo orellas cos avós e coas avoas

 
Orellas sen ovo nin leite,
para toda a xente.
coa axuda dos avós e avoas, imos mesturando os ingredientes,
facemos  a masa,
que divertido amasar !!!
 
logo fritínonnas na cociña.
que ricas !!
 
 

VISITA DAS AMIGAS DO CENTRO DE DÍA DO POLÍGONO TECNOLÓXICO

 

AS AVOAS, ACUDIRON DE NOVO Á ESCOLA PARA NOS TRAER OS AGASALLOS QUE NOS DEIXARAN OS REIS NO CENTRO DE DÍA.

NAS CAIXAS VIÑAN UNHAS FIGURAS PARA DECORAR A ESCOLA.

E TAMÉN O MATERIAL NECESARIO PARA QUE CADA UN DE NÓS FIXESE UNHA MONECA DE TRAPO IGUAL CA QUE ELAS FACÍAN NA SÚA INFANCIA. BOTÁRONNOS UNHA MAN E QUEDARON MOI BONITAS. ...

 

 

 

 

 

 

 

Obradoiro de manualidades

O martes 17 tivemos unha nova visita dos avós e avoas do Centro de Maiores de Valadares.

Nesta ocasión axudáronnos a preparar adornos apra a árbore de nadal.

Os ingredentes foron:

  •  Fariña
  • Sal
  • Auga

Despois de mesturar todo, debemos amasar moi, moi, moito ata que quede unha masa brandiña.

Logo soamente debemos amasar e con moldes de formas preparar o adorno  e deixar secar para  podelo pintar.

 

 

 

 

VISITA Ó CENTRO DE DÍA D´ALBA

VISITAMOS @S AMIG@S MAIORES DO CENTRO DE DÍA, CON ELES PINTAMOS UN MAR, QUE LLES DECORA AS SÚAS PAREDES, QUEDOUNOS PRECIOSO!

 

LÉRONNOS UN CONTO, PREPARARON PARA NÓS UNHA RICA MERENDOLA CON  FROITA, BOCATAS, ZUMES,....MMMMMM

O CENTRO ESTABA MOI BONITO DECORADO DE SAMÍN.

MOITAS GRAZAS POR TODO E ATA A PRÓXIMA!

Aprendendo coas avoas e cos avós do Centro de Dia

O día 8 de Novembro, tivemos a segunda visita dos avós e avoas do Centro de Día de Maiores de Valadares.

Esta mes colaboramos facendo un Collage de Outono.

Aquí tedes unha mostra do traballo nas diferentes aulas

 

Moitas  grazas e vémonos en Decembro

 

 

 

 

OS TIGRES APRENDERON A DEBULLAR COA AVOA CARMEN

Visita das persoas maiores do “Centro de Día de Valladares”

 

Este curso levaremos a cabo un proxecto interxeneracional cos maiores do  “Centro de día de Valladares”, unha vez ao mes faremos unha actividade conxunta: no mes de outubro realizamos un mural do mar para comezar con noso proxecto trimestral . Aquí deixámosvos un vídeo

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut