Fontán

PROPOSTA DE ACTIVIDADES 15 XUÑO

Queridas familias, nenas e nenos!! Está é a derradeira semana de curso. Un curso que se viu marcado por unha situción excepcional que de seguro recordaremos durante anos. Seguimos un novo camiño, un novo rumbo cara un horizonte cheo de grandes aventuras e coñecementos. Hoxe achégovos esta proposta de actividades, e quero informar dun erro na publicación do venres, falta o conto que podedes descargalo desde hoxe, se ides a esa publicación, perdoade polo atraso ocasionado. Moitas gracias a todas e todos e saúdos.

 

NA NOSA CASA!!

PROPOSTA DE ACTIVIDADES 12 XUÑO

Queridas familias, nenas e nenos!! Xa está a rematar esta semana. Achégovos unha nova proposta para realizar nestes días. Quero recordarvos que nos apartados das especialidades podedes atopar actividades moi interesantes para facer na casa. Ademais xa está publicada a revista escolar Badaladas deste curso 2019/ 2020 que podedes atopar na páxina principal da web deixovos o enlace: https://www.edu.xunta.gal/centros/crarainaaragonta/. Un sáudo e moitas gracias por todo o voso esforzo e traballo. 

ANIVERSARIOS

 

Queridas nenas e nenos!! Hoxe teríamos festexado na escola os aniversarios das vosas compañeiras e compañeiros que cumplen durante os meses de verán. Moitas felicidades para todas e todos!!! Xa sabedes que podedes achegarme o seu agasallo en forma de debuxo para publicalo na páxina web. Un saúdo e unha aperta moi grande par todas e todos!!

 

NA NOSA CASA!!

PROPOSTA DE ACTIVIDADES 10 XUÑO

Queridas familias, nenas e nenos!! Achégovos unha nova proposta de actividades para ser creativas e creativos. Saúdos.

NA NOSA CASA!!

PROPOSTA DE ACTIVIDADES 8 XUÑO

Queridas familias, nenas e nenos!!! Comezamos unha nova semana. Desta ocasión a proposta vai sobre as cores. Un saúdo.

NA NOSA CASA!!

PROPOSTA DE ACTIVIDADES 5 XUÑO

Queridas familias, nenas e nenos!! Hoxe é o Día Mundial do Medio Ambiente. Achégovos unha proposta de actividades relacionada con este tema. Recórdovos que nos apartados das especialidades podedes atopar tarefas moi interesantes para facer cas nenas e nenos. Saúdos e moitas apertas. 

Neste enlace podedes atopar unha actividade interactiva sobre este tema: 

 

https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5769246-no_contamines.html

Distribuir contido

Back to top