Fontán

MÁIS COUSIÑAS QUE FACEDES NA CASA!!!

 

 

 

 

MAIOS

Queridas familias, nenas e nenos! Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega,  nos achegan unha actividade sobre os maios. Aparece publicada na páxina de inicio da web do centro. Animádevos a participar!!!

 

 

FELICITACIÓNS DE ANIVERSARIOS

 

 

 

ICÍAR E MARIO FELICITAN O ANIVERSARIO ÁS NENAS E NENOS DO COLE

DO MES DE MARZO E ABRIL

 

 

 

 

 

IAGO, LUCÍA, PABLO, SAMUEL E XIANA TAMÉN QUEREN FELICITAR

AS NENAS E NENOSQUE ESTIVERON DE ANIVERSARIO

NO MES DE MARZO E ABRIL.

 

 

 

NA NOSA CASA!!!

Achégovos máis imaxes das cousiñas que facedes na casa. Moito ánimo a todas e todos e graciñas por ser como sodes!!!

 

 

 

 

ADIVIÑA 9

 

Queridas familias, nenas e nenos!! Achégovos a nova adiviña sobre o mar e a solución da anterior. Se queredes tamén podedes acceder a ela no apartado de biblioteca en animación á lectura. Saúdos e animádevos a resolvela!!!

NON PENSES NOUTRAS COUSAS

QUE AS TES NO MAR

OU AS VES CHEGAR

FURIOSAS OU MANSAS HAN DE CHEGAR. 

PROPOSTA DE ACTIVIDADES "NA COCIÑA"

Queridas familias, nenas e nenos!! Achégovos unha nova proposta con actividades para facer na casa. Espero que todas e todos esteades ben, e que a saída á rúa fora un novo descubrimento. Moitos bicos e saúdos para todas e todos.

PODEMOS SAÍR Á RÚA!!!

Queridas familias, nenas e nenos!! Xa podedes saír seguindo unha recomendacións.  Eu e máis Ramón vos propoñemos unha serie de recomendación e actividades para facer. Ánimo a todas e todos, seguro que descubrides unha nova rúa.

ANIVERSARIOS

 

Hoxe é o último venres do mes de abril. Temén houbo un último venres no mes

de marzo. Teríamos que festexar na escola o aniversario das nenas e nenos que

están de celebración. Farémolo desde as nosas casas mandándovos moitos

bicos e apertas para todas e todos. Deixo unha proposta de agasallo para as

vosas compañeiras e compañeiros. Se vos apetece participar mirade o ficheiro

adxunto. Parabén para vós!!! 

 

 

 

 

AS COUSIÑAS DA CASA

Estas son as algunhas das imaxes que me ides mandando do que facedes na vosa casa. Moitas gracias e seguide así estades a facelo fenomenal. Bicos

 

 

 

 

 

 

SEMANA DO LIBRO II

Queridas familias, nenas e nenos!! Que é para vós un libro? Para min un libro é unha agradable compañía e, un xeito de facer voar a miña imaxinación e cretividade nestes días, por iso invítovos a mergullarvos na lectura. 

 

Distribuir contido

Back to top