Barreiro

ISTO CHEGA O FIN

Ola cativas e cativos, xa non queda nada, como xa sabedes hoxe é venres e xa só nos queda unha semana de cole. Os venres ven polo cole a profe Soraya e a súa amiga Felisa, así que veña, a visitar a súa especialidade.

Caselín segue moi soíño no cole, así que, puxose en contacto cos profes porque quere despedir este curso dun xeito diferente, tendo en conta o distinto que foi este curso para todos. 

A miña proposta de hoxe vai ser a mesma que nos fai Caselín, espero que vos animedes a participar.

Como o luns vemonos na escola de Barreiro decidiremos cal é o mellor lugar para simbolizar o noso camiño.

Para pasar un rato divertido o profe Abraham quixo compartir un xogo onde temos que descubrir que personaxe se atopa agochado...

Coma de costume, non podo deixar de poñervos aquí un conto, a ver que vos parece este...

E para rematar, unha fermosa canción, que coñecedes ben xa que a bailamos unha chea de veces na nosa escoliña de Barreiro.

Unha aperta que voa da profe Marta.

E SEGUIMOS

Coma sempre non teño palabras, aí seguides traballa que traballa... 

VEÑA, SEGUIMOS

Ola cativas e cativos, que tal? como estades? Veña, que hoxe é mércores e non queda case nada para rematar o cole. Acordarvos de ir visitar as especialidades de hoxe e mañá: a profe Ana, a profe Laura en atención educativa e a teacher Noelia.

Hoxe tamén ía ser un día moi especial na escola de Barreiro, xa que celebrariamos o derradeiro aniversario do curso. E quen é a homenaxeada? Siii, Samara está de aniversario, así que xa sabedes a facerlle o seu fermoso agasallo.

E como non podería ser doutro xeito, aquí deixo esta fermosa canción para ti. Que cumplas moitos máis!!!

Entón hoxe ía ser un día diferente na nosa escola, así que a miña proposta de hoxe tamén vai ser diferente. Seguro que nestes días a levariamos a cabo no cole...pero como non pode ser, vos convido a que a fagades na casa.

Non esquezades escribir a vosa receita no recetario, volo deixo en arquivos adxuntos.

E agora que xa somos grandes cociñeiros, vos deixo aquí un vídeo dos nosos amigos, Telmo e Tula, facendo un riquísimo xeado de vainilla. Espero que vos guste. 

E como non podía ser doutro xeito, xa que facemos un xeado tan saudable pois lle acompaña unha canción saudable...

Agora si, unha aperta que voa da profe Marta.

SEN PALABRAS

Aí seguides, incansables e iso que as forzas flaquean para todo o mundo. Eu orgullosa, coma sempre, do voso interese.

NOVA SEMANA, NOVA PROPOSTA

Ola cativas e cativos, damos comezo a unha semana máis. E como xa sabedes, estamos a luns, así que veña ide a xunto da profe Yasmina e do profe Daniel, que seguro atopades unha nova sorpresa.

Recordade que os luns sempre facemos o debuxo da FIN DE SEMANA, falamos moito na asamblea de algo que fixemos a fin de semana e que foi moi divertido, pois veña a debuxar e escribir o seu título.

Como xa fixemos moitas actividades sobre o MAR imos ir rematando, así que vos propoño que fagades un barquiño para darvos un paseiño.

Seguro que vos quedan uns barcos fantásticos.

Aquí tedes un fermoso conto dun pirata que é un pouquiño metepata, de aí o seu nome,  a ver se vos gusta...

E despois de mirar o conto vamos a mover o esqueleto coa súa canción.

 

 Por hoxe xa me despido cunha aperta que voa da profe Marta.

ÁNIMO. ISTO REMATA

Veña peques, moito ánimo!!! Xa estamos rematando, todos estamos cansos pero aí seguimos.

DESPEDIMOS UNHA NOVA SEMANA

Ola cativas e cativos, xa rematamos unha semana máis. Recordade que estamos a venres e viría a profe Soraya coa súa amiga Felisa, así que bulide a ver que actividad ten na súa especialidade.

Hoxe no cole sería un día moi especial para un de nós. SIIII, está de aniversario a nosa amiga LEIRE, así que xa sabedes, ide pensando o seu fermoso agasallo.

PARABÉNS LEIRE.

 

Ademáis do cumple da nosa amiga, hoxe se celebra o día do MEDIO AMBENTE e o noso amigo CASELÍN propuso na páxina de inicio un reto para poder coidar o noso planeta.

Pero, estou segura, que hoxe no cole, a programación sería alterada polos acontecementos que se están vivindo en certos lugares do noso planeta, e por suposto, non poido nin quero deixalo escapar.

Así que non vou poñer ningún reto, quero que o primeiro que fagades é visionar este conto.

Que cousas estas das cores da pel!!! E que razón ten...

Creo que é unha fermosa reflexión sobre todo o que está a acontecer, así que vos propoño que debuxedes (deixo tamén un arquivo por si o queredes imprimir) a un grupo de nenas e nenos e coloreedes con todos os cores da pel.

Non me vou esquecer de poñervos unha canción para cantar e bailar, que todas e todos coñecedes ben.

Como todos os venres cada 15 días deixo material imprimible, recordade:

- Non é de obrigado cumprimento.

- Non é preciso imprimilo, podedes copialo e facelo nun folio.

- Os que o impriman, imprimilo en branco e negro. Volvo a repetir, o deixo a cor para velo mellor no ordenador.

Agora si, me despido, cunha aperta que voa a profe Marta.

 

E SEGUIMOS AÍ

O verán está preto, xa estamos cansos pero ainda así, seguimos aí. Tentando sacar o mellor de nós.

Ánimo peques, xa queda pouco!!

E...VOLVERON AS NUBES

Ola cativas e cativos, aquí estamos un día máis, hoxe cando abrades a fiestra veredes que está anubrado, volveron as nubes!! 

Recordade que hoxe é mércores e tendes algún traballiño que facer coa profe Ana, e para mañá xoves, non esquezades de ir visitar a teacher.

Despois de ver para fora, creo que é un día fantástico para volver a ser científicos e facer CHUVIA DE CORES, a ver que vos parece este divertido experimento... A min paréceme do máis relaxante, quedaría mirando para o que acontece durante moito tempo...

Aquí tedes un vídeo para ver como se leva a cabo. 

Xa sabedes, anotade todo o experimento no voso block de notas científicas.

Hoxe vos traio unha actividade interactiva que elaborou o profe Abraham sobre o que fomos aprenden do mar, espero que o pasedes moi ben con ela...

Coma sempre, non pode faltar un conto, a ver que lle pasa a este COCODRILO, que non lle gusta moita a auga. 

E para despedirnos imos facer o baile dos animáis, veña a mover ese corpiño...

Agora si, unha aperta que voa da profe Marta.

XUÑO

Comezamos un mes máis e aquí seguimos...

Distribuir contido

Back to top