Barreiro

VIVAMOS A NATUREZA

Hoxe, en honra da profe Soraya imos falar de arte, xa que a música é arte. Nos imos facer arte coa natureza.

Todos preparados, imos facer "LAND ART", e estaredes dicindo e iso que significa... pois o "LAND ART" é un corrente de arte contemporáno que utiliza materiais da natureza (madera, terra, pedras, area, rochas, auga...) para recrear paisaxes ou figuras.

Xa que dan un fin de semana fabuloso para sair da casa e pasear, pois os propoño que recollades elementos naturais que atopedes e formedes unha figura, paisaxe...relacionado co mar. 

Como diría Mª Carmen Diez Navarro, no seu libro "10 Ideas clave": "No podemos intentar meter el arte en el niño, el arte saldrá de él si se lo permitimos".

Para seguir xogando coas letras, hoxe vos propoño facer unha sopa letras. Xa sei, que o principio non vai ser doado, pero podemos pedir axuda e pouco a pouco ímonos arriscando a facela sós. Errar é parte da aprendizaxe.

PREME NO ENLACE:https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5866473-animais_marinos.html

Para seguir xogando co arte e sacar de vós ese gran artista que levades dentro, aquí vos deixo un fermoso conto, que da valor a todos eses artistas que temos agachados dentro de nós...

YO SOY UN ARTISTA

 

E como non podía ser doutro xeito, unha canción fantástica para cantar e bailar...

Hoxe venres, como cada quincena, deixo material imprimible, recordade:

- Non é materia de obrigado cumprimento

- Non é preciso imprimilo, pódense sacar ideas e facelas nun folio

- Se o imprimedes, facelo en branco e negro, volvo repetir, eu o fago a color para que o vexades mellor no ordenador

E sen máis, me despido unha semana máis, cunha aperta que voa da profe Marta.

EXPERIENCIAS

Que mellor xeito de chegar ao coñecemento que a través da experiencia. Como as caras o dín todo, aquí temos a te katia, abraiada co que esta a pasar no seu experimento de hoxe...

GRAZAS, con maiúsculas por todos estes debuxos que fixeron que as nosas escolas tornarán, dalgún xeito, aos tempos anteriores aos que estamos vivindo neste momento.

XA CHEGOU O MÉRCORES

Ola cativas e cativos, xa estamos a mércores, e con este tempo que temos é unha delicia. Que fermoso ese sol que nos acompaña!!!

Imos recordar un pouco o que pasa os mércores pola escola de Barreiro. Si, moi ben, nos visita o profe José Ramón e a profe Ana, veña pois xa sabedes visitar a súa especialidade, e os que quedan comigo en alternativa, ir ver que puxo a profe Laura. Ainda que hoxe é mércores, non esquezades que mañá xoves, volve a profe Ana e nos visita a teacher Noelia, que ten xogos divertidísimos, así que xa tedes a encomenda para mañá.

Como vexo que vos gusta xogar co ordenador, e me parece unha forma divertida de achegarnos ao aprendizaxe, aquí deixo un novo xogo. Repetilo varias veces porque so fai 5 preguntas de cada vez.

PREME NO ENLACE:https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5834062-animais_do_mar.html

Non esquezades ir aos outros xogos que son moi divertidos.

E esteredes esperando o reto de hoxe, pois esta vez vai en honra de Pedro, encantáronme as súas POMPAS DE XABÓN e coma na miña casa, as 8 da tarde, cando íamos a aplaudir, faciamos POMPAS DE XABÓN, pois ahí van...

Pedro, en comentarios, podes animarte a escribir a túa receita, que o mellor, ten outro ingredientes...

E como nos encantaba ver un anaquiño de debuxos mentres merendabamos na escola, hoxe vos deixo a un amigo xogando coas burbullas de xabón...

E despois de xogar moito neste día tan fermoso, que mellor forma de volver a calma que cun conto que fala de emocións...

E como sempre, non podemos esquecernos de cantar e bailar, como moito que vos gusta...

Agora si, unha aperta que voa da profe Marta.

HAI UN TEMPO PARA TODO, GOZADE

Debemos ter un tempo para todo, pero sobretodo, un tempo para gozar e divertirse con todo aquilo que nos fai feliz. Debemos recordar, pasado o tempo, esta época que estamos vivindo cun regusto de felicidade. Así que, xa sabedes, ser felices con todo aquilo que fagades.

E aquí vos deixo, o vídeo da nosa científica Aitane, a cal quedou abraiada co que estaba pasando coa botella de auga e o globo...

COMEZAMOS A SEMANA

Ola cativas e cativos, aquí estamos unha semana máis. Xa é luns outra vez, e os luns, xa sabedes, ven a vernos a profe Yasmina e o profe Daniel. Veña, xa estades tardando, ir ver que nos propoñen para o día de hoxe. Pasadeo ben, e despois me contades.

Como está marcado nas nosas rutinas, os luns contamos o fixemos a fin de semana, e despois o debuxamos. Pois mans a obra, elexir unha das cousas divertidas que fixestedes a fin de semana e a debuxar.

Despois de traballar AS NOSAS LETRAS, voltamos ao proxecto do MAR. Esta vez, traio unha nova proposta de xogo no ordenador, espero que o pasedes moi ben xogando cun PASAPALABRA  da VIDA NO MAR.

PREME NO ENLACE:https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5718963-a_vida_no_mar.html

Tedes moitas oportunidades, veña, ánimo, a xogar.

Como non podería ser doutro xeito, o meu reto de hoxe vai relacionado co mesmo tema, o MAR. Ímonos voltar pequenos cociñeiros como os nosos amigos TELMO Y TULA, que tanto nos gustaba ver mentres merendabamos. Preparede os gorros de cociña...

 

E para que vos metades no papel de cociñeiros deixo aquí un capítulo de TELMO E TULA...

 Como cada luns, aquí vos deixo algunhas ideas, sinxelas, que podemos levar a cabo na casa con distintos materiais teñamos a man.

E coma sempre un pequeno conto para gozar en familia, e neste caso, fala diso mesmo, DAS FAMILIAS...

E non me vou olvidar de cantar e bailar, veña, preparados... 

E agora si, unha aperta que voa da profe Marta.

ADIVIÑA, ADIVIÑANZA

Xa chegou Caselín coa resposta a nosa adiviña e cunha nova para que podades rascar un pouquiño esa cabeciña...

ONDAS

OLAS

WAVES

E agora, a ler con moita atención...

 

CO SEU SORRISO MAÑANEIRO

 

TODA A PRAIA ALBOROTA

 

PESCADORA E MARIÑEIRA.

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

TRABALLAMOS OU XOGAMOS?

Que ben ver o voso interese por todo o que propoñemos, tanto eu como o resto de mestres do noso CRA. GRAZAS

UN SEN SENTIDO

Hoxe vou facer unha entrada especial, se mo permitides, para convidarvos a escoitar un conto de cara a reflexión, da compañia TARABELOS: TÍTERES E CONTACONTOS. Creo que é unha fermosa reflexión de futuro, que fala do momento que estamos a vivir, e que non deberiamos esquecer. 

Ao igual que eu vos recomendo este conto, Caselín quere que fagamos o mesmo coa nosa biblioteca, así que pasade por alí, porque na entrada "O BAÚL DOS CONTOS" podedes poñer contos que vos gusten moito para ter na casa de Caselín.

PARA REMATAR COAS NOSAS LETRAS

Ola cativas e cativos, aquí estamos rematando unha semana máis, neste caso a conmemoración das NOSAS LETRAS, LETRAS GALEGAS, pero esto non significa que nos esquezamos dela, temos que seguir agarmándoa, queréndoa e coidándoa moito, xa que é unha parte de nós e nos identifica.

Non esquezades que hoxe é venres e tedes que ir visitar a profe Soraya, igual que ela nos visitou a nós o mércores na videochamada. Veña bulide!!!

Hoxe todo o noso traballo vai estar relacionado cun conto que escribiu o noso homenaxeado nas letras galegas, Ricardo Carvalho Calero, espero que vos guste moito.

 

Despois de ver o conto, convídovos a xogar cos personaxes do conto. Primeiro un memory, onde temos que ir facendo parellas, estade moi atentos porque é un xogo de atención.

PREME NO ENLACE:https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5720399-ricardo_carballo_calero.html

E o segundo, é un xogo onde temos que relacionar o a imaxen co seu nome, así que imos practicar as letras...

PREME NO ENLACE:https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5719863-as_pitas_baixo_a_choiva.html

Espero que o pasedes moi ben con estes xogos.

O día 17 de maio tamén é o Día Mundial da Reciclaxe, é Caselín que está moi preocupado polo tema do Medio ambiente, despois de todo o que observou na viaxe que fixo este verán, así que nos convida a visitar a páxina da biblioteca para ver que nos ten preparado.

Así que o noso reto de hoxe vai ter relación co conto "As pitas baixo a choiva" e a reciclaxe que nos propón Caselín, a ver que vos parece...

E coma sempre unha canción para cantar e bailar, abride ven os ollos porque igual nos atopamos con alguén coñecido...

Sen máis me despido, un día máis, cunha aperta que voa, a profe Marta.

INTERESE

Coma non podería ser doutro xeito, aquí deixo unha pequena mostra do voso interese por todo o que se plantexa. Sempre é un gozo ser correspondida co voso traballo.

As novas tecnoloxías se converteron en compañeiras inseparables desta andadura, na que xa levamos 2 meses, que chegou para romper a nosa visión do mundo...

Distribuir contido

Back to top