Barreiro
De volta na escola!
Posted Septembro 11th, 2021 by profe20
De volta na escola!
Parece que foi onte cando pechamos a porta para desfrutar dunhas merecidas vacacións e xa estamos de volta!
Cos peques de novo nela, a escola volve a ser un espazo vivo, cheo de ruido e de movemento.
Un espazo no que compartir o que pensamos, sentimos e que sabemos cos outros.
Nestes primeiros días, estamos a recuperar as rutinas e a recibir aos novos e ás novas compañeiras. Agardamos que pronto sintan este espazo como propio e que desfruten xogando, bailando, …
Pero… neste regreso, notamos a falta dos nosos compañeiros e das nosas compañeiras que comezan a súa etapa de educación primaria, moito.
E tamén da nosa mascota, Lupo que non está por ningures. Nun intento por encontralo, temos preparado uns carteis para tentar atopalo, ¿qué vos parecen?
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
Benvidas e benvidos!
Posted Septembro 8th, 2021 by profe20Hoxe é un gran día,
De novo á escola énchese de:
Ideas,
Lágrimas,
Unicos momentos,
Sorrisos,
impaciencias,
orixinalidade e
nervios.
Comeza un novo curso, unha viaxe que nos levará a coñecernos, a aprender e a compartir momentos e situacións que seguro non nos deixarán indiferentes.
Benvidas e benvidos!
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
Primeiros bichos!
Posted Xuño 26th, 2021 by profe20Como vos comentei o último día de clase, somos uns magníficos buscadores de bichiños e compartir os nosos achados cos compañeiros e compañeiras nos encanta.
Xa chegaron as primeiras fotos e velaquí están
Brais – chinche das malvas
Katia - xoaniña
Mil grazas! E seguide buscando!
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
Despedida do curso
Posted Xuño 24th, 2021 by profe20Remata un curso tan especial que non teño nin palabras para definilo.
Só darvos as grazas por tanto esforzo, tanto cariño, tanto amor…
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
Os maios
Posted Maio 10th, 2021 by profe20Xa chegou o mes de maio, coas cores e os cheiros que nos fan sentir as flores que aparecen ao noso arredor. Este é un mes de tradición pero, nun curso tan especial coma este, non cabería facer as cousas coma sempre e por iso, en vez de elaborar unha estrutura floral conxunta, decidímonos por unha actividade máis miúda, íntima, na que os sentidos da vista pero sobre todo o tacto e o olfacto tiveron moito protagonismo.
Os resultados... simplemente fermosos
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
Día da Terra
Posted Abril 22nd, 2021 by profe20Hoxe, 22 de abril comemorase o día da Terra.
Na nosa aula levamos xa un tempo empapándonos de natureza, manchando as nosas mans e zapatos co propósito de coñecer mellor o que nos rodea, plantando bulbos e todo tipo de sementes, coidando das plantas, observando bichos que aparecen no patio, ...
así de fermosas locen as nosas primeiras plantas de patacas na horta...
así investigamos e coidamos das nosas novas mascotas...
e así seguimos plantando... que ricas fresas!
Non deixedes de visitar a nosa horta!
Biquiños con sabor a terra de Lupo e mais eu
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
Final do segundo trimestre
Posted Marzo 26th, 2021 by profe20Chega o final deste segundo trimestre e para facer un resumo do mesmo vos presento un pequeno vídeo.
A través dos carteis de películas que probablemente coñezades podedes ir completando a pequena historia destes meses. Agardo vos guste. Descansade moito e cargade as pilas para o terceiro trimestre!
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
8 de marzo
Posted Marzo 8th, 2021 by profe20O día 8 de marzo é unha data especial. Un día para amosar o peso que as mulleres temos na sociedade. Este ano, as circunstancias non eran as propias para facer actividades conxuntas pero sí para recordar que nenas e nenos teñen iguais capacidades e que poden facer as mesmas actividades, que non hai tarefas de un e outro sexo e que cada debe poder chegar tan lonxe ou tan alto como desexe.
Podemos facelo!
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
Conmemoramos o día da educación
Posted Febreiro 13th, 2021 by profe20O pasado 24 de xaneiro, comemoramos o día da educación. Aproveitamos este feito para falar sobre qué é a escola para nós, se nos gusta ou non ir á escola e as razóns das súas respostas. Froito da reflexión decidimos crear un pequeno vídeo empregando a técnica "Slow motion", sendo eles os que tomaron as fotografías. O resultado, podédelo ver a través do seguinte enlace. Agardamos que vos guste.
Bicos de Lupo e mais eu
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
Bo Nadal!
Posted Decembro 24th, 2020 by profe20Remata o primeiro trimestre.
Un primeiro trimestre cheo cambios, de novas formas de facer pero que nos permitíu volver á aula.
Despois de todas as emocións vividas, estamos no Nadal e os peques, Lupo e eu queremos desexarvos unhas boas festas e un comezo de ano que nos traia saúde, ilusión e, sobre todo, esperanza.
Se premedes na imaxe podedes gardar a nosa postal.
Asemade, se premedes no seguinte debuxo teredes acceso a un documento no que atoparedes un bingo que os peques poden colorear e recortar; unhas etiquetas para facer uns botes con desexos para o ano 2021 e unhas ideas que podedes recortar e poñer nun prato para escoller diferentes xogos.
Unha última cousiña... non deixedes de visitar o apartado da Biblioteca atoparedes moitísimos recursos para desfrutar durante estas datas!
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »