DONAS DE SI

A horta Wangari

Os nenos e nenas de 5 anos B seguindo as ideas de Wangari, coidar o planeta e construír un cinturón verde, decidimos facer e coidar a nosa propia horta no cole para iso fixemos o seguinte:

-pedimos axuda aos nosos pais e nais para preparar a terra. Conseguímolo grazas a Lolo, o pai do noso compañeiro Juan!
 
 
-compramos unhas vallas para cerrar a nosa horta e o profe Damián colocounas.
 
 
-cada neno/a trouxo ao cole 1€ para mercar sementes.
 
-coa axuda do profe Abraham realizamos unha saída ao mercado e compramos leitugas,acelgas, espinacas, fresas e remolachas.Tamén compramos abono para que medren mais rápido.
 
 
-a profe Miriam trouxo patacas da súa casa para poder prantar
-o noso compañeiro Marcos tamen trouxo sementes de cabazas.
 
E por último, nós, coa axuda de Miriam e Damián, prantamos todo o que tiñamos!!
 
 
 
 
 
 
A partir de agora temos que regar e coidala para que medren e poder levalas para a nosa casa.

PREPARANDONOS PARA A CARRERIA "CORREXSALCEDA"

 

O pasado domingo 5 de maio celebrouse unha nova "Corre x Salceda", carreira popular que pretende dar a coñecer os espazos naturais do concello pero, sobre todo, favorecer a práctica deportiva en todas as idades. Así, o noso alumnado foi convidado a participar. Dende o noso proxecto e, co propósito de contribuír ao fomento da igualdade, decidimos elaborar unhas pancartas coas que animar aos e ás participantes. 

Asemade, un grupo de mestras e mestres decidimos participar carreira portando unhas camisetas co lema "Mesma ilusión, mesmo esforzo, mesmo resultado". Os e as peques colaboraron na súa decoración estampando os seus dediños nas mesmas.

 

 

As sementes de Wangari

Seguindo as ideas de Wangari Maathai que creou un cinturón verde en África, as nenas e os nenos de 5 anos B quixemos poñer o noso gran de area facendo unha pequena plantación na aula.

Para iso, decoramos e preparamos uns semilleiros, botamos terra, sementes, auga e moito amor e cariño, para que xerminen as nosas sementes. Vos iremos informando da evolución da nosa plantación.

 

 

Os nosos xoguetes

As nenas e os nenos de 5 anos B falamos sobre os nosos xoguetes. Analizámolos e reflexionamos sobre cales son os nosos favoritos. A conclusión á que chegamos foi que TODOS OS XOGUETES SON PARA TODOS, non hai xoguetes de nenos nin de nenas.

Memori sobre a igualdade no deporte

Un novo xogo: o memori. Neste caso reunimos imaxes nas que homes e mulleres practican diferentes deportes. O propósito, ademais de traballar a memoria, a atención e outras capacidades, era coñecer ata que punto os estereotipos de xénero están presentes entre o alumnado.

Bingo de supermulleres

Realizamos un novo traballo de investigación: procuramos "supermulleres". Coñecemos os seus nomes e qué foi o que as converteu en persoas tan relevantes. Desta vez, non debuxamos nin tentamos escribir, xogamos ao bingo! Outro xeito de afianzar o que aprendemos, dunha forma divertida e na que participamos todos.

PREPARATIVOS ENTROIDO

Grazas as familias pola colaboración neste primeiro Entroido xuntos e especialmente as maquilladoras pola axuda prestada no día do desfile...

 

As tarefas e a súa distribución no fogar

Co motivo do Dia Internacional da Muller, nenos e nenas reflexionaron sobre quen se encarga no seu fogar de diferentes tarefas como poñer a lavadora, reparar, facer a cama, etc. e plasmárono nunha tarefa.

Os resultados poden observarse, pensamos que todavía queda moito que cambiar. Esperamos que este proxecto cumpra os obxectivos que nos marcamos e que, nun futuro, os resultados non sexan os mesmos.

Exposición de traballos

Para rematar as nosas investigacións decidimos convidar ás familias a observar todos os nosos traballos e, sobre todo, agradecer a súa colaboración á hora de recoller información.

Rosalía de Castro

 

Rosalía de Castro foi unha escritora galega excepcional, xa que soubo abrirse camiño como poetisa e escritora nun mundo masculino. É considerada como un símbolo do pobo galego e foi a primeira muller precursora da poesía española moderna.

 

 

 

É por iso polo que o pasado 24 de febrero conmemoramos o Día de Rosalía de Castro, polo que os nenos e nenas da aula de 4 anos A traballámola neste día.

Aprendimos unha poesía de Rosalía ‘’Alborada’’ e falamos do importante que foi e é como escritora. Esta é unha mostra dalgunhos traballos que levamos a cabo.

 

 

 

 

 

Distribuir contido

Back to top