DONAS DE SI

"DONAS DE SÍ". O LLAVERO

Co material jumping clay os nenos e as nenas moldearon un llavero co signo da iguadade.

 

 

"DONAS DE SÍ". MÉMORI

Con tapas de botellas elaboramos un mémori de mulleres pioneiras.

"DONAS DE SÍ" . LIBRO DE INVESTIGACIÓN

Coa axuda das familias os nenos e as nenas na casa fixeron un traballo de investigación, onde cada neno/a investigou unha muller pioneira. Con todas estas investigacións realizamos un libro que titulamos “Mulleres pioneiras da historia”.

 

 

"DONAS DE SÍ". O CALENDARIO

Na aula fixemos un calendario de mulleres importantes, onde cada mes está dedicado a unha muller. Cada neno/a realizou unha páxina, onde decoraron a foto da muller e repasaron os números.

 

 

"DONAS DE SÍ". OS DISFRACES

No entroido os nenos e as nenas descubriron que os disfraces non teñen xénero, por iso realizamos un mural co lema “Os disfraces non teñen sexo, adeus aos prexuizos, todos somos iguais” e decoramos o mural cos nosos disfraces preferidos.




Correndo pola igualdade

VIDEO QUE REFLEXA O TRABALLO DE VARIOS PROFES NA CARREIRA "CORRENDO X SALCEDA" NA QUE CORRIMOS POLA IGUALDADE BAIXO O LEMA "MESMA ILUSIÓN, MESMO ESFORZO, IGUAL RESULTADO"

 

"DONAS DE SI". AS CORES

Grazas ás ordes da nosa mascota, os nenos e as nenas aprenderon que as cores non son nin de nenas nin de nenos, senón de todos. Polo cal, o martes de entroido todos os alumnos/as viñeron vestidos de cor azul e o mércores viñeron vestidos de cor rosa.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

"DONAS DE SÍ". YAYOI KUSAMA

Na Samaín os nenos e as nenas de Entenza decoraron as cabazas segundo a técnica de Yayoi Kusama

 

  

DE OURENSE A SALCEDA.. (PASANDO POR PORTUGAL)

DE OURENSE A SALCEDA..SE TRABALLAMOS XUNTOS SOMOS CAPACES DE LOGRAR TODO O QUE NOS PROPOÑAMOS, SOMOS DON@S DE SÍ

Verónica Romero

Fai poucos días tivemos a sorte de contar coa visita de Verónica Romero, e ver de primeira man o seu proxecto "Compromiso con la tierra". quedamos encantados coa visita, trasmitiunos moita enerxía e continuaremos a coidar o planeta comezando polo que temos máis proximno, o noso cole... o CRA Raíña Aragonta!!!

 

Distribuir contido

Back to top