Skip to Content

Letras en familia.

 

Que fantástica mañá pasamos! Graciñas a todos os que fixestes desta xornada unha data especial, ao Concello de Meis e ao seu persoal pola súa colaboración, a Agro Vilanoviña e a Comercial Reyvi por cedernos material para a obra de teatro máis os xogos, ao Refuxio de Animais de Cambados por unha experiencia única e sobre todo, a vós, FAMILIAS: quenes sodes capaces de convertirvos en actrices, directores, deseñadores de decorados, de vestiario, arquitectos... incluso de por uns instantes, de convertervos outra vez en nenos. Foi fantástico escoitar os risos de pequenos e maiores enchendo a Praza de España.

Grazas aos que non poden participar pero colaborades igualmente, tanto co voso esforzo coma cos azos que nos dades en continuar a facer estas actividades que, por outra banda, sen vós, sería imposible. Grazas por confiar no CRA e por seguir mantendo moi vivo o ensino no rural.



page | by Dr. Radut