Skip to Content

GRAZAS Ó CEIP VALLE INCLÁN POR ENSINARNOS TANTO!!

O pasado 26 de maio realizamos unha saída moi especial, fomos ó CEIP Valle Inclán do Grove. Alí, tanto mestres coma alumnos, tratáronnos de marabilla!! O alumnado de sexto de primaria ensinounos a súa horta ecolóxica e tamén aprendeunos a facer compostaxe. Para rematar a xornada realizamos un baile con monitores e todo!! Pasámolo moi ben!!!

Esta actividade foi posible grazas a coordinación dos equipos de biblioteca de ambos centros. Quedamos encantados e de seguro que volveremos a colaborar xuntos!! Dende aquí darlle as grazas ó CEIP Valle Inclán por acollernos tan ben e organizarnos estas actividades tan lúdicas e motivadoras! 

 

 

BLOG DO CEIP VALLE INCLÁN: http://valleinclanbiblioteca.blogspot.com.es/2017/05/o-alumnado-do-cra-de-meis-aprende-con.html



page | by Dr. Radut