Skip to Content

Actividades

ACTUACIÓN DA COMPAÑÍA DE ÓPERA BOMBIGLOBO NO TEATRO JOFRE

No seguinte enlace tedes acceso ao blogue LÓVASANSA, onde poderedes ver o vídeo gravado no Teatro Jofre de Ferrol coa representación da ópera "De camiño á realidade" creada e producida pola compañía Bombiglobo, formada polo alumnado de quinto de primaria.

GALA DA EDUCACIÓN 10 ANOS DE LÓVA NO TEATRO REAL DE MADRID

O domingo 11 de xuño celebrouse no Teatro Real de Madrid a Gala da Educación 10 anos de LÓVA. O noso centro foi invitado a participar nela. As compañías "Cazasoños" e "Bombiglobo" interviron cunha pequena mostra das súas producións.

No seguinte enlace tedes acceso á entrada do Blogue LÓVASANSA onde atoparedes máis información.

Nestoutro enlace hai un vídeo resumo da Gala, con aportacións do alumnado e profesorado. UN FEIXE DE EMOCIÓNS!!!! (Se non tes conta de Facebook, fai clic en "Ahora no" cando solicite os datos de acceso).

 

 

Vídeo resumo do Programa "Aliméntate ben"

Facendo clic na seguinte imaxe podedes acceder ao vídeo que resume as actividades desenvolvidas durante este curso nas etapas de Educación Infantil e Educación Primaria ao abeiro do programa "Aliméntate ben". Bo proveito!

ESTREA DA ÓPERA "DE CAMIÑO Á REALIDADE" POLA COMPAÑÍA DE ÓPERA BOMBIGLOBO

O alumnado de quinto de primaria que forma a Compañía de Ópera Bombiglobo e que participa no proxecto LÓVA estreou a ópera creada por eles mesmos durante este curso.

A estrea tivo lugar o venres 2 de xuño na Casa da Cultura coa asistencia dos seus compañeiros e profesorado de infantil e primaria. O sábado 3 e xuño repetiron a actuación para os pais e público en xeral.

Así presentaban o director de escena e o director de produción a súa ópera:

"A nosa viaxe comezou en setembro cando formamos a nosa compañía. Dende o principio estabamos moi ilusionados con está viaxe que está chegando ao seu destino: representar a nosa Ópera: "De camiño á realidade".

O camiño foi moi duro, pero á vez moi divertido e emocionante. Tamén houbo moitos lastres que soltar para que o noso globo se elevase"

 

E así foi: parabéns a toda a compañía por ter conseguido que o voso globo se elevase e por poder disfrutar dunha representación extraordinaria. 

E como eles dín no seu discurso:

       "Próxima parada o 11 de xuño no Teatro Real de Madrid e última parada o 20 de xuño no Teatro Jofre de Ferrol"

Premendo na seguinte imaxe podedes ver algunhas fotos da súa actuación:

 

 

 

Nas seguintes ligazóns tedes acceso á información sobre a estrea:

Nota de prensa da Consellería de Cultura

 

 

 

Páxina web do Concello de San Sadurniño

Diario de Ferrol

 

PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORES - DÍA DO LIBRO 2017

Para celebrar o día do libro infantil e xuvenil, os alumnos e alumnas de infantil e primaria compartiron as súas lecturas favoritas.

Os rapaces e rapazas de máis idade apadriñaron ou amadriñaron aos rapaces e rapazas máis pequechos. Foron preguntarlles cales eran os temas preferidos das súas lecturas, buscaron as historias e o venres 21 de abril foron recoller aos seus afillados ou afilladas ás súas aulas.

Todos xuntos foron buscar un recuncho do patio para sentarse preto un doutro e gozar duns momentos de lectura, tenrura e ilusión. Cando remataron, os afillados e afilladas agasalláronlles cun fermoso marcapáxinas decorado por eles mesmos.

Se queredes ver como foi este momento tan especial, premede na seguinte imaxe.

ENSAIO DA CANCIÓN "CHEA DE VIDA"

No día de hoxe todo o alumnado de primaria e segundo da ESO reuníronse baixo a dirección de Ramón Bemejo para ensaiar a canción "Chea de vida", da que é autora Guadi Galego.

Con esta canción participaremos xunto con outros alumnos e alumnas de colexios de Ferrolterra na gravación dun videoclip que terá lugar o próximo xoves 11 de maio nas instalacións de Navantia, en Ferrol.

Tamén contamos coas asistencia do asesor do CFR de Ferrol, José Antonio Sordo, entidade que organziza esta actividade coa intención de celebrar o Día das Letras 2017, estimular o canto coral nos centros de primaria e secundaria e perpetuar a tradición coral galega.

Parabéns a todos os rapaces e rapazas polo ben que o fixestes. E por suposto, ás profes Ana e Clara por preparar esta fermosa canción.

Premendo na imaxe teredes acceso ao vídeo. Aínda que a imaxe non é moi boa, gozaredes coas voces da nosa rapazada.

 

Charla sobre a Vespa Velutina

O pasado venres, alumnado de 2º a 5º de Educación Primaria acudiu á Casa da Cultura a unha charla impartida por un membro de AGA (Asociación Galega de Apicultura). Nela, o alumnado aprendeu a importancia que teñen as abellas no noso ecosistema, así como a ameaza que supón para o mesmo a presenza dunha especie invasora como é a vespa velutina.

Así mesmo, aprendemos a construír trampas e a elaboración de atraíntes para atrapalas, xa que esta é a época na que máis importante resulta facelo para frear a súa reprodución. Agardamos coller moitas!

Como remate, o alumnado presente foi agasallado cun tarriño de mel.

Visita á Horta de Froiteiras Autóctonas

A semana pasada, convidados por AGFA (Asociación Galega Froita Autóctona do Eume), o alumnado de Educación Infantil e de 1º a 4º de Educación Primaria visitou a horta que esta entidade ten en terreos cedidos polo Concello de San Sadurniño.

A xornada tivo un doble obxectivo: por unha banda, sensibilizar sobre a importancia da recuperación de especies vexetais autóctonas. Por outra banda, que o alumnado vivenciase de primeira man aspectos tan importantes como a floración das árbores ou como se plantan correctamente.

Contamos volver a finais de curso para ver como se van formando os froitos!

E velaí van unhas imaxes das visitas:

    

  

Alumnado de 1º e 2º de Primaria na TVG

En datas recentes, os cursos de 1º e 2º de Educación Primaria realizaron unha saída didáctica pola ría de Ferrol na lancha de Mugardos.

Un equipo da TVG aproveitou a coxuntura para facer unha reportaxe sobre a ría na que o noso alumnado colabourou.

Se o perdestes en directo, podedes velo facendo clic na seguinte imaxe (comeza aproximadamente en 1h e 2 minutos):

ANTROIDO 2017 - OS RAPEIROS DE SANSA

Os alumnos e alumnas de Infantil e Primaria celebraron o Entroido a ritmo de rap.

Seguindo durante toda a semana os mandados do Meco Paquiño apareceron o venres deste xeito.

A letra da canción foi composta polo alumnado de sexto.

Premendo na imaxe teredes acceso a un pequeno vídeo.

Distribuir contido


by Dr. Radut