Skip to Content

ENSAIO DA CANCIÓN "CHEA DE VIDA"

No día de hoxe todo o alumnado de primaria e segundo da ESO reuníronse baixo a dirección de Ramón Bemejo para ensaiar a canción "Chea de vida", da que é autora Guadi Galego.

Con esta canción participaremos xunto con outros alumnos e alumnas de colexios de Ferrolterra na gravación dun videoclip que terá lugar o próximo xoves 11 de maio nas instalacións de Navantia, en Ferrol.

Tamén contamos coas asistencia do asesor do CFR de Ferrol, José Antonio Sordo, entidade que organziza esta actividade coa intención de celebrar o Día das Letras 2017, estimular o canto coral nos centros de primaria e secundaria e perpetuar a tradición coral galega.

Parabéns a todos os rapaces e rapazas polo ben que o fixestes. E por suposto, ás profes Ana e Clara por preparar esta fermosa canción.

Premendo na imaxe teredes acceso ao vídeo. Aínda que a imaxe non é moi boa, gozaredes coas voces da nosa rapazada.

 



story | by Dr. Radut