PROXECTO ERASMUS+: "ROBOT DANCE"

Imaxe de depmat

O noso centro participa nun proxecto europeo Erasmus+ na modalidade K201 relacionado coa robótica xunto cos centros CPI A Xunqueira de Fene e IES Sofía Casanova de Ferrol. O proxecto consiste en compartir experiencias sobre a integración da robótica e das competencias STEM nas aulas de primaria e secundaria con centros de Finlandia e Cardiff, Gales. Como producto final faremos bailar os nosos robots de Lego ao mesmo tempo en todos os centros dos tres países.

Gustaríanos coñecer a opinión dos pais sobre temas relacionados coa introdución de novas tecnoloxías e de robótica na aula. Prema no enlace para realizar o cuestionario:

Cuestionario para pais de primaria e eso

A primeira toma de contacto entre os participantes de todos os países tivo lugar en Finlandia en Novembro de 2017. A próxima será en Cardiff en xuño de 2018. O proxecto está previsto que dure tres cursos e no último curso hai a posibilidade de participación de alumnos.

Finlandia2017

Primeira toma de contacto en Finlandia, novembro de 2017.

 

 

 

http://www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/educacion-robot-dance-proyecto-europeo-robotica-intercambio-experiencias/20171225222753211615.html

 

AdxuntoTamaño
2017122522283259681.jpg69.09 KB
IMG_20171129_122347_redu.jpg292.14 KB