Skip to Content

blogue dedeptec

ENCONTRO INTERNACIONAL ERASMUS+ EN FERROL:

O  15 de xaneiro celebrouse no CIS de Ferrol este evento. O profesorado do noso centro que participa no Erasmus+ KA201 Robot  Dance(Teresa, Mar e Iván, aos que máis tarde se sumou a directora), amosaron os proxectos de robótica feitos nas súas clases co seu alumnado, especialmente o que acordou o profesorado dos tres países participantes (España, Gales e Finlandia) cando comezaron a traballar neste Erasmus (curso 2017-2018), que é programar os robots Lego EV3 para que, entre outros retos, bailen unha melodía.

De primaria, mostraron e programaron robots mBot e Bee-Bot.

De secundaria, mostraron e programaron os cinco robots Kakuribots feitos polo alumnado en 4º E.S.O. e, tamén, robots Lego Mindstorms EV3.

 mesa Robot Dance

 A mesa do noso proxecto Erasmus Robot Dance.

Profesorado ErasmusProfesorado dos centros de Gales, Finlandia e de España (C.P.I. de San Sadurniño, C.P.I. A Xunqueira de Fene e I.E.S. Sofía Casanova de Ferrol).

O 16 de xaneiro o profesorado extranxeiro que participa neste Erasmus visitou o noso colexio para ver o traballo relacionado coa robótica que se levou a cabo no noso centro. Máis información neste enlace.

    Na mesa pódense ver os cinco robots Kakuribots construídos polo alumnado de 4º en clase de tecnoloxía, cos compoñentes electrónicos soldados nunha placa de circuito impreso e programados con Arduino, e cun módulo Bluetooth para que se poida controlar o movemento do robot mediante unha app descargada nunha tablet ou teléfono móbil.

xogo robots

LIGAZÓN AO VÍDEO

Levamos un xogo que creamos para mover o robot por un taboleiro, de xeito que pare xusto na caixa onde se atopa a imaxe da muller científica ou inventora sobre as que se está a preguntar no xogo.

E robots Lego Mindstorms EV3 construídos e programados polo alumnado de 4º na clase de tecnoloxía, na foto móstrase o que ten forma humana e o programa para dirixilo con control remoto mediante unha baliza emisora de infravermellos que detecta o sensor infravermello.

Robot Lego

LIGAZÓN AO VíDEO

 vídeo do robot no evento con outro programa

  E finalmente, unha imaxe da proposta de reto para solventar co mBot: programalo para conseguir converterse nun Jedi (ao aproximar a man, o robot ten que retroceder):

 

 

Taller de Realidade Aumentada no C.I.S.

O martes 17 de decembro os alumnos de tecnoloxía de 3º e 4º E.S.O. participaron nun taller do Centro de Innovación e Servizos da Tecnoloxía e o Deseño en Ferrol, creando contidos de Realidade Aumentada. Utilizaron tablets e diferentes apps para engadir capas de información visual virtual sobre a imaxe do espazo real físico no que estábamos, comprendendo dese xeito as múltiples aplicacións que ten esta combinación do mundo real e o virtual.

 

X OBRADOIRO E CONCURSO GALEGO DE ROBÓTICA: A MAXIA DA ROBÓTICA.

 O pasado xoves 28 de novembro o alumnado de 3º e 4º E.S.O., que cursa a materia de tecnoloxía, participou neste concurso organizado por Igaciencia en colaboración co concello de A Coruña, e que se realizou no I.E.S. Ramón Menéndez Pidal. Propuxéronselles varios retos de programación co software Lego Mindstorms EV3 e compartiron robot cada grupo de 4 ou 5 alumnos/as realizando un traballo colaborativo para poder resolver os desafíos con creatividade e pensamento algorítmico. Algunhas imaxes do día, son:

 

  

  

 
    

Distribuir contido


by Dr. Radut