Skip to Content

ANUNCIO DE APERTURA DE PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CPI de SAN SADURNIÑO COMO COLABORADORES VOLUNTARIOS NAS TAREFAS DE ATENCIÓN E APOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O Curso 2024-2025

As nais, os pais, os/as titores/as legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2023-2024, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar,poderán apuntarse nas listas de admisión, que , habilitadas para este fin, se atopan na Secretaría do centro.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 8 de Setembro de 2024, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 22 de decembro de 2024.

Durante o curso escolar 2024-2025 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas. 

 



story | by Dr. Radut