Tecnoloxía

Departamento de Tecnoloxía no que se atopa incluida a materia de Informática

Procedemento provisional a seguir polo departamento nesta terceira avaliación

Emitidas pola Consellería de Educaión, Universiade e Formación Profesional orientacións provisionais que vostede pode ver no seguinte enlace http://www.edu.xunta.gal/portal/node/30850 e reunido telemática o departamento de Tecnoloxía o pasado sábado 18 de abril e a espera de novas indicacións, acordamos:

 

  1. Que o alumando das materias que dependen deste departamento que teña as dúas primeiras avaliacións cunha calificación de 5 ou superior teñan a materia aprobada.

  2. Que co alumnado que en algunha das materias que dependen deste departamente teña algunha avaliación pendente, é decir, cunha cualificación inferior a 5 procederase do seguinte xeito:

    1. Prepararanse actividades de reforzo dos contidos desenvoltos nas diferentes avalliacións que o alumnado ao que nos referimos deberá facer.

    2. Estas actividades teranse en conta na nota cun peso do 20%.

    3. Se fora posible voltar ás aulas antes do 19 de xuño realizarase un examen escrito e prensencial dos contidos relativos á avaliación suspensa.

    4. Se non fora posible voltar ás aulas antes do 19 de xuño o alumnado recibirá información sobre a proba virtual que se lle vaia a facer.

  3. Que tal como as orientacións provisionais indican, neste terceiro trimestre vamos a ampliar coñecementos, e todas as actividades que se desenvolvan serán tidas en conta de xeito positivo para a calificación do alumnado

  4. O departamento acorda a modificación dos criterios de evaluación e de calificación do seguinte xeito:

    1. Para ter aprobada a materia é necesario ter aprobadas as dúas avaliaciónspresenciais (1ª e 2ª avaliación).

    2. No caso de que teña as dúas avaliacións aprobadas a nota será a media aritmética das dúas avaliacións que constan no boletín do alumno.

    3. No caso de que teña polo menos unha avaliación cunha nota menor ao 5 a súa nota non será superior a 4 ata que recupere a/as avaliacións pendentes.

    4. Que o traballo desenvolto no terceiro trimestre terá unha cualificación positiva podendo chegar a engardir 2 puntos á nota final, repartidas do seguinte xeito:

      1. Pola realización das actividades un máximo dun punto.

      2. Pola corrección das actividades propostas un máximo dun punto.

    5. No caso de descubrir que algunha das actividades propostas non foi realizada polo alumno/a que a entrega, considerarase “actividade copiada” e neste caso non se terá en conta o traballo de TODA A 3ª AVALIACIÓN.

  5. Que as actividades de ampliación das aprendizaxes que o departamento considera necesarias para todo  o alumnado ou parte son:

    1. Tecnoloxía 2º ESO: o referente aos mecanismos e a electricidade

    2. Programación 2º ESO: estructuras de programación (condicionais, lazo for,...).

    3. Tecnoloxía 3º ESO: Electricidade e magnetismo, Inicio a impresión 3D e manexo de Tinkercad (lección na aula virtual).

    4. Tecnoloxía 4º ESO: seguir coa programación en Arduino, Electrónica dixital e Instalacións eléctricas en vivendas. (todo o material necesario na aula vritual).

    5. TIC 4º ESO: Manexo básico de Gimp, Audacity, Edición de video e Impress (todo o material e recollida tarefas na aula virtual).

    6. Economía 4º ESO: a financiación da empresa, os cartos e as súas formas e a economia persoal.

    7. Iniciación á actividade Emprendedora e Empresarial: os recursos humanos, a contabilidade da empresa e os impostos.

  6. Para o alumnado que teña materias pendentes de cursos anteriores deste departamento, o profesorado responsable poñerase en contacto con eles para indicarlle traballo que lle permita traballar os contidos. Se fora posible voltar ás aulas antes do 19 de xuño realizarase un examen escrito e prensicial dos contidos relativos á materia suspensa. Se non fora posible voltar ás aulas antes do 19 de xuño o alumnado recibirá información sobre a proba virtual que se lle vaia a facer.

 

Todo isto terá vixencia dende o día 20 abril e ata que a Consellería teña a ben emitir outras indicacións que podan anular en parte ou na súa totalidade os acordos aquí recollidos.

 

Actividades Secundaria

Actividades para:

2º ESO

3º ESO

  • EDUCACIÓN PLÁSTICA atópanse na aula virtual, agora mesmo só podes ver as actividades preparadas para estes días de aillamento. Calquera problema no acceso mandalle un mail ao profesor ao seguinte enderezo electrónico tecnoloxias.galicia@gmail.com https://www.edu.xunta.gal/centros/cpilopezsuarez/aulavirtual/course/view.php?id=54 Iranse incorporando actividades ao longo dos días que dure esta situación.
  • TECNOLOXÍA. Na aula virtual tedes as instruccións das actividades que tedes que facer para o tema de OPERADORES E MECANISMOS. Ao comezo do módulo (que está resaltado) tedes aberto un foro de participación  e un arquivo con instrucións. Proximamente aparecerá un cuestionario que teredes que facer. Aula virtual

4º ESO

  • INICIATIVA EMPRENDEDORA atópanse na aula virtual, agora mesmo só podes ver as actividades preparadas para estes días de aillamento. Calquera problema no acceso mandalle un mail ao profesor ao seguinte enderezo electrónico tecnoloxias.galicia@gmail.com https://www.edu.xunta.gal/centros/cpilopezsuarez/aulavirtual/enrol/index.php?id=53 Iranse incorporando actividades ao longo dos días que dure esta situación.
  • ECONOMÍA atópanse na aula virtual, agora mesmo só podes ver as actividades preparadas para estes días de aillamento. Calquera problema no acceso mandalle un mail ao profesor ao seguinte enderezo electrónico tecnoloxias.galicia@gmail.com https://www.edu.xunta.gal/centros/cpilopezsuarez/aulavirtual/enrol/index.php?id=70 Iranse incorporando actividades ao longo dos días que dure esta situación.
  • TIC. Na aula virtual tedes o módulo de Gimp resaltado, que é co que vamos traballar. Ao comezo tedes un foro no que debedes presentarvos ou saudar para que eu sepa que estades por él. O seguinte documento son as instrucións para facer as tarefas e entregar as mesmas. Aula virtual.
  • TECNOLOXÍA. Proximamente. Estade atentos.

Viaxe á Coruña

18/10/2022 09:20
18/10/2022 20:20
Europe/Madrid

Viaxe á cidade da Coruña para realizar as seguintes actividades:

  • Hangar 4 (Rocódromo) de 11:30h a 13:30h
  • CC MARINEDA CITY, tempo libre por parte do alumnado, de 13:45h a 16:30h
  • Visita á exposición "AI: MORE THAN HUMAN" nas instalacións de A Fundación de 16:30h á 17:45h

Hora prevista de saída: 9:20h

Hora prevista de chegada: A partir das 20:00h

Alumnado participante: 2º, 3º e 4º ESO.

Departamentos responsables:

  • Educación Física
  • Tecnoloxía

Profesores acompañantes:

  • Laura Belón
  • Ana Campo
  • Gabino González

Exame writer 2º

Adxúntovos os documentos necesarios para realizar o exame de writer

Powered by Drupal - Design by artinet