Excursións

SEMENTAR SEMENTAREI

 

Este mércores 21 de marzo os nosos alumnos de 5º e 6º de Primaria foron de excursión ao viveiro Os Trollos, no Concello de Bóveda para participar na actividade de educación ambiental Sementar sementarei. Xuntaronse alí uns 260 nenos de 16 colexios diferentes que participaron en varios talleres nos que construiron comedeiros para paxaros silvestres de zonas arrasadas polos incendios, sementaron en macetas biodegradables e  entenderon a dificultade de rexenerar un monte queimado entre outras cousas.

 

Ao rematar todas as actividades déronlles un montón de agasallos e unha deliciosa merenda que disfrutaron tanto como as actividades.

           

    

   

   

  

  

Powered by Drupal - Design by artinet