Excursión de Fin de Curso de Primaria

Os alumnos de 2º,3º,4º,5º, e 6º de Primaria pasaron unha divertida xornada en Padrón, para festexar que o fin de curso se aproxima.

Picade na foto para ver máis:

 

Brauliotúber.

Picade na foto para ser redirixidos ao blog da biblioteca. Alí poderedes ver o capítulo de Brauliotúber da Televisión de Galicia que se grabou cos alumnos de 2º de Primaria do profe Diego na biblioteca do noso cole.

Concurso VOZ NATURA.

Dúas clases do noso cole están a participar no concurso de VOZ NATURA

Así se cuidan los Bosques: 4º de Infantil e 2º de Primaria


O gañador decidirase por votación popular a través da páxina de Facebook de Voz Natura.

Para poder votar, seguide as instruccións que aparecen no blog de Infantil:

https://mariapreescolar.blogspot.com/2019/05/blog-post_28.html?m=0

Podedes votar polos dous videos.

 

Letras Galegas 19

Durante esta semana pasada estivemos a facer moitas cousas polas Letras Galegas.

Os alumnos de Infantil fixeron un mural sobre unha obra de Antón Fraguas e participaron nos xogos populares organizados polo Equipo de Normalización Lingüística. Podedes picar na seguinte imaxe para ver máis:

Os alumnos de Primaria participaron tamén nos xogos populares e os de 3º de Primaria en colaboración cos de Infantil fixeron un vídeo sobre a visa de Antón Fraguas. Ademais os alumnos de 3º e 6º  fixeron o mural que vedes a continuación coa profe de Plástica, Ana Quintela, e o asesoramento da profe de galego Cathia. Se picades nel veredes máis fotos e o video de 3º.

 

Os alumnos de ESO foron ao Correlingua e o mércores fixeron unha xincana sobre Antón Fraguas na Biblioteca Municipal.




O Correlingua 2019

Pica na seguinte imaxe se queres saber máis sobre o

Correlingua 2019:

O froito das árbores

Despois de todo o curso coidádoos, as nosas árbores dan o seu froito.

Picade na foto para ver máis:

Camiños de Futuro

Picadena imaxe para ver fotos da actividade que tivemos o venres cos investigadores da Facultade de Camiños da Coruña.

Carta a unha militar española.

A nosa alumna de 4º de ESO, Marta Lorenzo foi a gañadora da provincia de Lugo do concurso Carta a una militar española. 

 

 A continuación tedes o enlace para poder ver a carta:

 

A científica Elisa Maneiro

O luns tivemos unha sesión "médica" moi especial, veunos unha Doctora en Intelixencia Emocial: Elisa Maneiro.

Picade na foto para ver máis

A Biblioteca das Familias

E tamén dentro das acción da Semana do Libro queremos ofrecer a oportunidade a todas as familias de ter libros que lles poden ser de axuda.

Creamos A BIBLIOTECA DAS FAMILIAS. 

Picade na foto para saber máis:

Powered by Drupal - Design by artinet