Braulio dos Bolechas no coso cole!

O xoves recibimos unha visita impresionante! Nada menos que Braulio dos Bolechas. Seica andan a grabar videos para facer un programa de Youtube que se vai chamar Brauliotuber. No noso cole estiveron cos alumnos de 2º de Primaria na biblioteca para falar da roupa. 

Pero aquí tamén demos unha sorpresa: un robot disfrazado de Braulio manexado polos alumnos de 6º de infantil do curso pasado, quedaron impresionados!

En canto se publique o programa de Brauliotuber xa vos avisamos, polo de agora se queredes ver máis fotos e vídeos picade na seguinte imaxe:

 

Powered by Drupal - Design by artinet