Excursión 5º 6º Primaria a Monforte

O martes 10 de abril de 2018 os alumnos de 5º e 6º de Primaria fixeron unha excursióna Monforte nas que fixeron varias actividades.

 Primeiramente foron ó centro Infanta Elena de Educación Especial e despois ao Planetario do IES A Pinguela.

A valoración xeral dos alumnos foi moi positiva.

No Centro Infanta Elena poideron observar de cerca as necesidades educativas dos alumnos, conocer o centro e as dúas instalacións por dentro e rematar cun pequeno snack preparado polos propios alumnos.

Remataron a visita sobre as 12:00 e despois fixeron un pequeno tramo do paseo fluvial do Cabe ata chegar á Pinguela para ver o Planetario. A charla durou máis ou menos unha hora e estivo impartida por un especialista que lles explicou todo o relativo ás constelacións. A experiencia de ver a simulación do ceo e as estrelas foi máxica para os alumnos. De volta no colexio voltaron co proxecto de preparar unha visita ao cole dos seus novos amigos.

  

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet