Criterios de Calificación 3º ESO Grupo Base

AVALIACIÓNS TRIMESTRAIS

1) As probas escritas terán un peso do 90% na nota da Avaliación. Cada proba puntúase

sobre 10. A nota neste apartado farase coa media das probas feitas en dita avaliación .

2) Traballo desenvolto en clase e tarefas da casa será o 5 % da nota. ( Relacionado cos Criterios de Avaliación do Bloque 6 de Contidos)

3) Observación diaria será un 5% da nota. ( Relacionado cos Criterios de Avaliación do Bloque 6 de Contidos)

Polo tanto un alumno para aprobar unha avaliación terá que obter como mínimo un 5 despois

de sumar os tres apartados anteriores . Sendo requisitos imprecindibles os dous seguintes:

1 Acadar puntuación nos dous últimos apartados.

2 Tódalas probas deberían superar o 5. Só excepcionalmente, e se a media supera o 5, se permitiría unha nota inferior (>3) nalgunha das probas.

3 Non se realizarán redondeos nas notas de avaliación figurando no Boletín a parte enteira da Nota. Logo nas medias finais se terá en conta a nota exacta( Cos decimais).

CÁLCULO DA NOTA FINAL

1. Alumnos con todas as avaliacións aprobadas: a nota final é a nota media das tres avaliacións. Nestas medias finais se terá en conta a nota exacta( Cos decimais) e farase redondeo en positivo si se considera que a evolución ó longo do curso do alumno é positiva.

2. Alumnos con algunha avaliación suspensa: terán dereito a presentarse á avaliación final( Actividades e probas de Recuperación) para recuperar ditas avaliación. No caso de acadar o 5 nas avaliacións suspensas, calcúlase a nota final como nota media das tres avaliacións. Ou ben tomarase a nota final das actividades de Recuperación se tivo que examinarse de toda a materia.

3. No caso de quedar algunha avaliación pendente a asignatura quedará suspensa.

4. Os alumnos que fagan o Proxecto de ampliación ( Optativo) poden subir a Nota media das tres avaliacións ata en 1 punto en función da calidade do traballo feito.

 

 

CRITERIOS DE RECUPERACIÓN

AVALIACIÓNS TRIMESTRAIS

- No caso de ter que facer a Recuperación da avaliación, a nota virá dada pola media da nota do exame de recuperación coa media da nota que o levou á recuperación.

RECUPERACIÓNS FINAIS DAS AVALIACIÓNS

Ao ser a recuperación dos exames antes da entrega de notas da avaliación, se un alumno suspende, terá ao remate do curso a oportunidade de recuperar aquelas avaliacións suspensas ao longo do curso se é so unha. Con dúas ou mais avaliacións suspensas deberá realizar unha recuperación final de tódalas avaliacións conxuntamente. Estas recuperación realizaranse a través de ACTIVIDADES DE RECUPERACIÓN que serán avaliadas seguindo os criterios xa empregados nas avaliacións por trimestres.

Powered by Drupal - Design by artinet