TAREFAS DO 25 ao 29 MAIO

Tedes ata o día 31 de Maio para entregarme todas estas tarefas. Ánimo a todos/as!! Un graaan saúdo Beso

LENGUA CASTELLANA:

Acceder polo libro dixital ao Tema 10 “He aprendido”. Facer os exercicios 33 e 34.

Acceder polo libro dixital ao Tema 11 “La sílaba”. Ler con atención, isto xa o dimos como repaso a principio de curso. Facer os exercicios 20 e 21.

MATEMÁTICAS: Repasar as táboas de multiplicar (importantísimas sabelas de cabeza para 4º de primaria).

Tema 8, páxina 107 do libro de texto, facer os exercicios: 21, 23 e 26.

Como repaso, facer as operacións desta ficha (coidado coas levadas).

LINGUA GALEGA:

Tema 10, páxina 125 do libro de texto “Lectura recomendada”, copiar con boa letra no caderno e continuar coa historia, empregade ben a vosa imaxinación!!

Tema 10, páxina 126 do libro de texto, facer os exercicios 2 e 3.

CIENCIAS SOCIAIS/NATURAIS: Escollede o caderno de natu ou soci (o que prefirades), facedes a redacción dunha planta (árbore, arbusto, flor...) e debuxádela coas súas partes. Nela, teñen que aparecer redactados os seguintes apartados:

  • O seu nome e descrición física (tamaño, cor...)
  • Funcións vitais (como se relaciona, alimenta e se reproduce)
  • Clasificación: plantas con/sen flores, tipo de talo/tronco, semente/froitos que nos proporciona...
  • Lugar/paisaxe onde habita.
  • Coidados que necesita.
  • Curiosidades.

 Adxúntovos esta ficha que podedes utilizar como guía, eu fíxena do toxo, polo que ese arbusto xa está escollido Canso

 

PLÁSTICA

MÚSICA:

 

Cantar unha canción popular galega ou que coñezades en galego, pode ser a capella, acompañados por algún instrumento ou usar como base o computador, tamén vos pode axudar algún familiar. Facedes vídeo e enviádesmo ao correo.

Na seguinte ligazón https://www.youtube.com/watch?v=M8BWJRkAOhI podedes ver unha pequena mostra dos traballos realizados ata o de agora . Iremos facendo máis cos traballos que vaiades mandando.

ENGLISH:

Tasks

Riddles

EDUCACIÓN FÍSICA: CLICK AQUÍ

AdxuntoTamaño
Son un toxo.pdf229.04 KB
Ficha repaso operaciones.pdf200.25 KB

Powered by Drupal - Design by artinet