TAREFAS DO 11 ao 15 MAIO

Tedes ata o día 17 de Maio para entregarme todas estas tarefas. Ánimo e todos/as e un saúdo! Guiño

LENGUA CASTELLANA:

Acceder polo libro dixital ao Tema 10 “Palabras con j, ge y gi”. Ler con atención e facer os exercicios 11, 12, 13 e 14 no caderno.

Tema 10 “Palabras antónimas”. Se as palabras sinónimas son as que tiñan o mesmo significado, as palabras antónimas son as contrarias, e dicir, as que teñen un significado oposto, como limpo/sucio ou frío/quente. Facer os exercicios 15 e 16 no caderno.

MATEMÁTICAS: Repasar as táboas de multiplicar (importantes sabelas de cabeza para o próximo curso). Pinchar no seguinte enlace para poder visualizar/descargar o vídeo explicativo das páxinas 105, 106 e 107.

Tema 8, páxina 105 do libro de texto, facer os exercicios: 7, 9, 10 e 11.

LINGUA GALEGA:

Tema 10 “Viaxe en tren” (páxina 116-117 do libro de texto). Facer os exercicios: 1, 2, 3, 4 e 5.

CIENCIAS SOCIAIS/NATURAIS: No voso caderno de naturais ou sociais (o que prefirades) facedes a descrición dun animal e debuxádelo. Nela, tedes que responder as seguintes preguntas:

- Como é fisicamente? (se é pequeno/grande, cómo ten o seu pelaxe, a súa cor...)

- É vivíparo ou ovíparo? Porqué?

- Na súa alimentación é herbívoro, carnívoro ou omnívoro?

- En que paisaxes soe vivir? (montañas, vales, mares...)

- É doméstico ou salvaxe? Por qué? (no caso de ser doméstico citar os coidados que necesita)

 - Curiosidades do animal (se queredes)

Pinchade nesta ficha que podedes utilizar como guía, eu fíxena do raposo, polo que ese animal xa está escollido Canso

 

PLÁSTICA.3ºRETO ARTÍSTICO

MÚSICA: seguimos con Mozart neste caso tocaremos coa frauta unha das súas obras escritas cando tiña 5 anos. Sóavos? Partitura

ENGLISH:

Click here.

EDUCACIÓN FÍSICA: CLICK AQUÍ

 

LETRAS GALEGAS

Achégovos esta proposta desde a biblioteca escolar en relación do Día das Letras Galegas (17 de Maio).

Pinchade neste enlace: https://ondehabitanasletras.blogspot.com/2020/05/palabras-para-as-letras-galegas.html?fbclid=IwAR2ze4r2MBQ4Tcn0B-hHShXU9KpE8jwSf0PLynjNALpFu8CRcgvwfnLTLLE

 Anímovos a participar!! Guiño

 

Tedes que ver quen é Ricardo Carvalho Calero. A biblioteca pon a vosa disposición un telexornal e un escape room (con xogos) para que aprendades cousiñas sobre dito autor:

https://ondehabitanasletras.blogspot.com/2020/05/letras-galegas-2020-para-infantil-e.html?fbclid=IwAR0L0dX2qL9WONjaWtvygvcLOs27ttL2xoxq0diVwiu3uMXINuT1Niji9Xk

AdxuntoTamaño
3º RETO ARTÍSTICO8-15 maio.pdf283.26 KB
Estrellita.docx43.64 KB
Ficha animal raposo.pdf15.88 KB

Powered by Drupal - Design by artinet