DEBERES DE SEMANA SANTA

Nestas vacacións ides ter que facer moitas cousas.

Teredes que limpar e axudar en casa, pintar para desenvolver a vosa imaxinación, intentar aprender a cociñar, cultivar un horto (si o tedes), cantar cancións ou bailar en grupo coa vosa familia, alegrar o día a quen o necesite, coidar ás vosas mascotas (si as tedes), soñar con cousas positivas, intentar contactar con amizades ou persoas queridas e preguntar que tal lles vai, ler libros que vos motiven, aprender a ser máis responsables e a estar conectados coa vosa familia...

É dicir, estes deberes implican que traballedes moitos valores positivos e iso só depende de vós. Estou segura que o faredes estupendamente. Confío nos superheroes e superheroínas de 3º de Primaria. Un día máis é un día menos para vernos. Un saúdo a todos/as!

Powered by Drupal - Design by artinet