4ºESO

Exposición temporal "Palabras porta"

 

O alumnado de Latín de 4º da ESO ven de preparar esta exposición temporal na que o resto de alumnos, profesorado e personal de administración e servizos do Cova Terreña poderán afondar en numerosos termos que deron paso a outros novos, no que nomeamos como "Palabras porta".

Toparédela no segundo andar, do lado esquerdo.  

Venite et videte!

Visita á Aula Newton 4º ESO

O venres día 11 de novembro o alumnado de 4º ESO que cursa a materia de Física e Química realizou unha visita á Aula Newton Galicia sita no Centro de Empresas e Innovación no Parque Tecnolóxico de Galicia, en Ourense.

Alí realizaron unha serie de actividades relacionadas co cálculo dunha ruta de voo que posteriormente puideron poñer en práctica empregando un dos tres simuladores dispoñibles nas instalacións.

Esta é unha actividade realizada polos departamentos de Física e Química e Matemáticas onde tiveron a oportunidade de poñer en práctica conceptos relacionados coa medida de distancias, ángulos e o cálculo de velocidades e rumbos de voo.

Proxecto de doblaxe de CUALE 2021/22

Durante o pasado curso escolar 2021/22, o alumnado de CUALE participou nun proxecto de doblaxe cuxos resultados foron publicados na páxina web de https://www.digitalpigeon.com.

Anexamos o resultado deste proxecto, no cal o alumnado invertiu moito tempo de traballo.

O Samaín a través dos ollos de "Os lobos"

O venres 28 de outono, coincidindo coa chegada do Samaín, o alumnado de 4º de ESO atreveuse a representar unha adaptación teatral do conto "Os lobos", incluído no volume Á lus do candil, do escritor lugués Ánxel Fole. Foi protagonizado por Omar L., Lilin W., Xoana R. e Aitana G. de 4ºA, e Carla B., Noa C., Gloria C., Santiago G. e María V. de 4ºB, e contou amais co seguinte elenco:

Sara A., Cristina C., Carlota C., Kevin G., Andrea V., Noa V., Gael A. e Manuel D. como veciños e veciñas.

René Ch., Pablo F., Hugo F. e Santiago T. como lobos.

Carla P., Sofía R. e Vanesa S. como equipo de maquillaxe.

Noelia C., Iria G. e Icía S. como equipo de son e efectos especiais.

Finalmente, a alumna Oriana T., de 4ºB, explicou a todo o alumnado o sentido da obra que viñan de representar:"Malia que os protagonistas son os lobos, o autor non quería amosar ningún tipo de xenreira ou odio cara a eles, senón describir os medos que as persoas que habitan as aldeas galegas manifestan cara ao descoñecido, neste caso representado por estes animais. O autor recupera así parte da mitiloxía que acompaña o pobo galego. A través deste texto dialogado, nós, o alumnado de 4º de ESO, quixemos reivindicar o papel que ten a nosa lingua e a nosa literatura nunha data tan importante para os pobos da cultura atlántica, o Samaín".

 

 

 

 

 

ESTUDO DOS EFECTOS DA CHUVIA ÁCIDA NAS PLANTAS EMPREGANDO UN MODELO.

Ao longo da 2ª avaliación o alumnado de Ciencias aplicadas de 4º ESO levou a cabo en equipos de 3-4 alumnos/as un EXPERIMENTO PARA ESTUDAR OS EFECTOS DA CHUVIA ÁCIDA NAS PLANTAS empregando un modelo e transmitindo aos seus compañeiros e compañeiras a análise dos seus resultados e as súas CONCLUSIÓNS nunha EXPOSICIÓN coa axuda dunha PRESENTACIÓN DIXITAL.

Estes foron os equipos:

Abraham, Yaiza e Óscar  Iván, Brais e Sergio 

Antía, Zaira e Noa Martínez Noa Vasc., Ana, Alba Rguez, Lara

   

Alba Vidal, Antón, Diego e Pedro

Os equipos durante as súas exposicións explicáronnos:

A chuvia ácida é calquera precipitación que presente elevadas concentracións de ácidos, en particular ácido sulfúrico e nítrico. Ten a súa orixe nas emisións á atmosfera de gases coma os óxidos de nitróxeno e de xofre que, ao combinarse coas partículas de auga presentes no aire, forman ácidos (ácido nítrico e sulfúrico) que se disolven nas gotiñas de auga das nubes. O vento as propaga, incluso a centos de kilómetros, e finalmente precipitan sobre o solo, a vexetación e os lagos, provocando diversos danos a estes ecosistemas:

Aumento da acidez da auga e do solo que produce o dano e ata a morte directa de plantas e de animais, algas e plantas acuáticas, mobilización de metais tóxicos como o cadmio e o mercurio e incluso dano nos edificios.

Estes gases de nitróxeno e xofre proceden principalmente da queima de combustibles fósiles coma o carbón e os derivados do petróleo. Logo a solución pasa pola redución do emprego deste tipo de combustibles para a obtención da enerxía, fomentar o aforro enerxético e substituir progresivamente esta fonte de enerxía polas enerxías renovables.

Os equipos puxeron exemplos de situacións nas que a chuvia ácida ten provocado danos aos bosques, entre eles, o risco de chuvia ácida que se viviu durante a erupción do volcán na illa da Palma.

No experimento empregaron un modelo baseado na xermolación de sementes en distintas condicións de acidez: sementaron lentellas e as regaron con disolucións de concentracións crecentes de vinagre (este é o ácido que simula a acción dos ácidos da chuvia ácida).

Os resultados non foron os desexados, agás nun dos equipos, no que si que se verificou que as plantas creceron máis canta menos cantidade de ácido contiña a auga de rego.

Para levar a cabo o experimento os equipos seguiron o método científico, apuntando cada día de rego os datos de crecemento das plantas nunha táboa para logo analizalos realizando unha gráfica. Nesta gráfica amósase como inflúe a crecente concentración de ácido na disminución do crecemento medio das plantas.

 

Este traballo foi exposto nun dos stands da Feria da Ciencia deste curso co seguinte cartel expositor xunto ás plantas en crecemento:

 

 

Difusión de ciencia e matemáticas en galego

Con motivo da Semana da Ciencia o alumnado de 4º da ESO preparou cartelería relacionada co libro de lectura obrigada "El diablo de los números". Deste xeito, cada cartel expoñía un concepto matemático ou curiosidade para dar a coñecer á comunidade educativa e divulgar así dun xeito visual o mundo das matemáticas, empregando ademais a lingua galega en troques do habitual castelán.

 

Nos arquivos adxuntos están os pósters seleccionados para a súa exposición durante a Semana da Ciencia.

GRADUACIÓN XXIII PROMOCIÓN 4º ESO

O mércores 22 de xuño celebramos co alumnado de 4ºESO a chegada da fin de etapa e da estadía no noso centro. Despois de todos estes anos con nós, algúns 13 anos, chega o momento de despedilos e que sigan o seu camiño na busca do seu futuro.

Ánimo, o voso futuro está nas vosas mans.

Resolución de problemas competenciais empregando GeoGebra

O alumnado de Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Académicas de 4º ESO que aprobou a materia trala 3ª avaliación desenvolveu actividades de ampliación durante o mes de xuño centradas na resolución de problemas competenciais empregando GeoGebra.

 

 

As funcións elementais (polinómica, racional, exponencial, logarítmica e definidas a trozos) aparecen en diferentes situacións da vida real, cousa que se aproveitou para plantexar ao alumnado a resolución de problemas competenciais empregando un valioso recurso TIC, GeoGebra. 

 

 

Nos documentos adxuntos a esta publicación poden consultarse os problemas plantexados, a organización en Edixgal das entregas e algúns exemplos do traballo realizado polo alumnado.

 

VIAXE FIN DE ETAPA DO ALUMNADO DE 4º ESO A BARCELONA 2021-22

 

O noso alumnado atópase desde o mércores 15 de xuño en Barcelona, gozando dunha marabillosa viaxe a Barcelona, junto con Dolo, María e Rubén, profesorado que lle imparte docencia neste curso. Hoxe atópanse na segunda xornada PortAventura, en Ferrari land.Aínda queda moitos lugares por visitar. Desexámoslles desde aquí uns días inesquecibles. 

 

Proxecto de álxebra e funcións en GeoGebra

O alumnado de 4º de ESO da materia Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Académicas manexou ao longo do curso o programa GeoGebra para afianzar e aproximar dende outra vertente os conceptos matemáticos alxébricos e relativos a funcións.

 

Dentro do Contrato Programa de Mellora das competencias clave: Competencia Matemática, o emprego de distintos programas como GeoGebra permite a visualización de elementos abstractos de difícil comprensión inicial, como por exemplo as raíces dun polinomio.

 

Precisamente isto foi o que o alumnado puxo en práctica como proxecto da primeira avaliación: baixo unhas condicións iniciais, cada alumno e alumna tiña un polinomio que analizar, do cal tiña que obter as raíces empregando a representación do mesmo en GeoGebra.

 

As instrucións e plantilla que debían cumplimentar e entregar en Edixgal pódense consultar na seguinte ligazón.

 

A relación dos valores de x que habitualmente obteñen coa regla de Ruffini, a súa multiplicidade e a localización deses puntos na función axuda positivamente á comprensión do significado das raíces e das distintas situacións que se poden dar na resolución analítica.

No documento adxunto pode consultarse algunha das entregas do alumnado participante.

Charla: Detectives de imaxes

Coa colaboración da Escola de Telecomunicacións da UVigo puidemos contar cunha charla sobre a manipulación de imaxes que nos podemos atopar no día a día.

D.Fernándo Pérez, profesor da Universidade, achegou dun xeito moi ameno e atractivo o mundo da manipulación de imaxes, xa dende o século XVIII, ata os nosos días e as ferramentas que existen actualmente para poder detectalas.

Dicionario para Boomers (léxico actual da mocidade). Útil para os de anteriores xeracións.

A etiqueta "Boomer" emprégase habitualmente para describir ás persoas nacidas durante o baby boom, un amplo período de tempo que abrangue dende os 50 ata os 40. Así, as persoas entre os cincuenta e os setenta e cinco anos con para os máis novos uns Boomers

A iniciativa de creación dun diccionario para boomers xorde pola necesidade de achegar o vocabulario xuvenil tanto ao profesorado como ao personal non docente, así como pais e nais do noso alumnado.

O traballo quedará exposto no enreixado do patio norte, entrada principal, durante un tempo para a súa consulta. 

ARRIBADA 2022

 

Grazas o descenso no número de casos  COVID, o noso alumnado de 4º ESO volve a  participar na Arribada para sacar cartos para a  viaxe de estudos. Nesta ocasión o destino é Barcelona. Estamos seguros que será unha experiencia inolvidable. Noraboa polo traballo desenvolvido por parte do alumnado participante,  sabemos que estiveron traballando a arreo estes días. Queremos agradecer tamén a colaboración desinteresada dos pais e nais, que estiveron botando moitas tardes para ter o posto a punto. Moitas grazas!

Selección do plástico recollido na praia

O material recollido polo alumnado de Educación Secundaria nas distintas praias do concello de Baiona comezou a ser seleccionado polos estudantes de Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional durante os recreos, distinguindo entre plásticos e outros materiais.

(Selección do lixo polo alumnado de Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional)

 

Con este material, os Departamentos de Debuxo e Tecnoloxía, implicados tamén na actividade, elaborarán materiais para a Semana da Ciencia.

11F: Escoitamos ás científicas

Hoxe, 11 de febreiro de 2022, celebrouse o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia.

No noso centro estanse a desenvolver estes días distintas actividades encadradas nesta conmemoración. Entre elas, e en colaboración co Centro Oceanográfico de Vigo, o alumado de 4º ESO contou, o pasado luns 7 de febreiro coa presenza de Patricia Quintas, Doutora en Ciencias do Mar e actualmente dedicada á divulgación científica no Centro Oceanográfico de Vigo, pertencente o Instituto Español de Oceanografía.

A charla desta científica de primeiro nivel versou sobre:

“Plásticos no mar, non grazas!”

Patricia falounos da presenza da muller no ámbito da investigación científica, incluso maioritaria nas etapas de formación, pero minoritaria nos altos rangos desta.

Neste contexto xurdiu hai dous anos o Proxecto Oceánicas, que ten como obxectivo divulgar o traballo de científicas dedicadas ao estudo dos océanos (Ángeles Alvariño, entre elas), tratando de xerar vocacións científicas en nenas e nenos, fomentando así o trato igualitario fronte ás desigualdades de xénero desde idades temperás.

Sobre o lixo mariño:

Cada ano case 10 millóns de toneladas de lixo van dar o mar, e deste total de lixo que chega aos océanos, arredor dun 90% son plásticos. O plástico nos ten facilitado a vida, pero temos que reflexionar sobre o abuso que temos feito do envasado. 

O plástico flota, e por iso é arrastrado polas correntes chegando moi lonxe e impactando sobre zonas máis amplas. Os impactos dos plásticos no mar poden ir dende a inxestión directa polos animais (porque os  confunden coas súas presas e os inxiren) ata enredamentos neles, degradación dos hábitats ou a dispersión de especies invasoras que se adhiren á súa superficie.

Os macroplásticos degrádanse por abrasión ou polos raios do sol, converténdose en microplásticos, ou incluso en nanoplásticos (visibles tan só ao microscopio).

Que podemos facer? 1º reducir o seu uso, 2º reutilizalos e 3º reciclalos.

O alumnado participou nun xogo no que Patricia invitoulles a “limpar unha praia” cos ollos pechados e adiviñar de cal dos 10 plásticos de un só uso máis atopados nas praias de Europa se trataba: cabichas, tapóns, envases de comida, bastonciños, botellas, etc.

Tentamos tamén adiviñar canto tempo tardan en degradarse: ata os 1 000 anos os tapóns! Pero a verdade é que non demos unha!

Esta charla estivo encadrada dentro da “Iniciativa 11 de febrero”, unha iniciativa a nivel nacional que, con motivo do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, promove actividades nos centros educativos que axuden a visibilizar o traballo das científicas, a crear roles femininos nos ámbitos da ciencia e a tecnoloxía, e que promovan prácticas que favorezan a igualdade de xénero no ámbito científico-tecnolóxico.

Concerto do conxunto instrumental

O departamento de Música do CPI Cova Terreña ten o placer de convidalos ao Concerto de Nadal que interpretará o conxunto instrumental do centro, formado polo alumnado de 4ºESO da optativa Música.
A retransmisión en directo deste evento tera lugar este xoves día 16 de decembro ás 20h, a traves da plataforma dixital Webex.

Ligazón á emisión en directo:

https://eduxunta.webex.com/eduxunta/j.php?MTID=m0e2ca296f7632922446dc7473be0bada

Tema de la reunión: Reunión de PIÑEIRO PÉREZ DAVID
Número de reunión: 27324947758
Cuándo: jueves, 16 de diciembre de 2021 20:00 (1 hora) hora estándar de Europa central GMT+01:00


    Un cordial saudo.
    David Piñeiro Dep Musica.
    CPI Cova Terreña.

VENRES 10 DE DECEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS HUMANOS

A promoción e protección dos dereitos humanos foi unha das maiores preocupacións para as Nacións Unidas desde 1945, data na cal os países fundadores da Organización, acordaron impedir que os horrores da Segunda Guerra Mundial se reproduciran.

Tres anos despois, na Declaración Universal dos Dereitos dos Humanos, a Asemblea Xeral notificou que o respecto aos dereitos humanos e á dignidade da persoa humana "son os fundamentos para a liberdade, a xustiza e a paz no mundo". En 1950 a Asemblea Xeral convidou a todos os Estados membros e ás organizacións interesadas a que observasen o 10 de decembro de cada ano como Día dos Dereitos Humanos.

O alumnado de Valores Éticos de 4º ESO quere compartir o seu traballo sobre estes Dereitos Universais, coa humilde intención de que vos poidan servir de punto de partida para tratar este tema nas vosas aulas.

https://youtu.be/c-klxU7QXCA

Ao final do vídeo invítanvos a un pequeno xogo de memoria sobre a situación destes dereitos nun dos países que escolleron para investigar.

https://puzzel.org/es/memory/play?p=-MqTX7qHwz8lrXNHkG6J

Agardamos que vos guste!

Día mundial da loita contra a SIDA

O pasado 1 de decembro celebrouse o Día Mundial da Loita contra a SIDA. Esta enfermidade producida polo Virus da Inmunodeficiencia Humana (VIH), foi descuberta nos anos 80. Malia ser unha enfermidade de sobra coñecida e ter ben estudados os mecanismos de transmisión, a día de hoxe síguense producindo numerosos contaxios na nosa contorna. É por iso polo que dende o Departamento de Bioloxía e Xeoloxía nos parece moi importante achegar información sobre esta enfermidade, co obxectivo de previr a enfermidade.

Este ano, as actuacións da conmemoracións incluíron ao alumnado de 3º e 4º da ESO, das materias de Bioloxía e Xeoloxía, Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional e Valores Éticos. Ademais de repartir o lazo vermello característico da loita contra esta enfermidade, tamén visionaron o programa Eso no se pregunta: VIH e responderon unha serie de cuestións. Para darlle maior profundidade aos contidos, elaboraron unha enquisa sobre a SIDA para realizar entre familiares e amigos.

Alumnado de 4ºESO de Ciencias Aplicadas

Alumnado de 4ºESO de Bioloxía e Xeoloxía

Alumnado de 3º ESO A

Alumnado de 3º ESO B (durante a merenda)

Visita aos museos científicos da Coruña

VISITA AOS MUSEOS CIENTÍFICOS DA CORUÑA (3º E 4º ESO)

Alá polo mes de novembro do ano pasado... os cursos de 3º e 4º da ESO tiveron ocasión de visitar dous dos Museos Científicos da cidade de A Coruña: O Muncyt (Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía) e a Domus (Casa do home).

O xoves 18 foi a quenda de 3º ESO. Fomos primeiro ás instalacións do Muncyt, onde a rapazada participou nun obradoiro sobre electricidade. Por equipos, completaron diferentes circuítos eléctricos: para accionar alarmas e incluso guerras espaciais, entre outros.

      

O venres 19 o alumnado de 4º ESO foi o cine! O obradoiro dese día, chamado “And the winner is...” consistía en adiviñar cales eran os erros científicos de diferentes películas famosas. Non se lles escapou case ningún!

  

Logo, ambos grupos percorreron o museo nunha visita guiada na que contamos cuns guías moi didácticos que nos ían explicando as cousas máis curiosas. A máis chamativa foi a cabina do Boeing 747 Jumbo “Lope de Vega”. Este avión levo na súa adega desde Nova York a Madrid nada menos que o “Guernica” de Picasso. Puidemos vela e ata entrar nela. E e houbo ata quen xa se viu pilotándoo!

        

Vimos tamén moitos obxectos relacionados coa ciencia e a tecnoloxía, como electrodomésticos, vehículos, xoguetes, ferramentas de industrias ou laboratorios que axudan a definir o progreso tecnolóxico durante o século XX. Entre eles o primeiro computador que chegou a España –un IBM 650 adquirido por RENFE en 1959, ou o primeiro acelerador de partículas para o estudo de reaccións nucleares. Tamén a lanterna que no século XIX utilizou a Torre de Hércules, o faro máis antigo en funcionamento do mundo, declarado Patrimonio da Humanidade e emblema da cidade.

             

Logo da visita comemos e marchamos dando un paseo ata á Domus. Tivemos moita sorte, foron dous días estupendos!

  

3º ESO xunto a Praia de Riazor            4º ESO no paseo entre os dous museos

E xa na Domus, cada grupo interesouse polos numerosos obxectos e actividades interactivas que ofrece este museo: moito ADN!, microscopios electrónicos... e moitos xogos interactivos!

                              

 Despois, un tentempé... e de volta a casa!

4º ESO A. O CLIMA E A VIDA.

O alumnado de 4º ESO A, dentro do plan proxecta Meteoescolas, levou a cabo unha serie de traballos en equipo sobre distintos aspectos relacionados co clima que forman parte do currículo da materia de Bioloxía e Xeoloxía para este curso.

O produto final destes traballos foron as presentacións dixitais e exposicións perante os compañeiros dos seus traballos.

A continuación, unhas imaxes das presentacións dixitais elaboradas por cada equipo, e das súas exposicións:

O equipo "Os secos", composto por Sandra Losada, Santiago Miniño e Lara Taboada, faláronnos sobre as secas, diferenciando entre os dous procesos, da desertización e o da desertificación, que adoitan confundirse. O primeiro débese a causas naturais, mentres que o segundo débese á acción humana. Este aspecto do clima garda unha estreita relación co quecemento global, sendo unha consecuencia deste, e un factor importante do cambio climático que estamos a experimentar.

Presentación sobre AS SECAS. DESERTIZACIÓN E DESERTIFICACIÓN e un momento da exposición de Lara, Santi e Sandra.

O equipo formado por Carmen Bouzas, Carmen María Poza, Inés Rey e Valentina Seijo fixéronnos reflexionar sobre a idea dun clima sempre cambiante ao longo de toda a historia do noso planeta, xa que afondaron nos cambios que teñen ocorrido no clima durante o pasado da Terra, e que non sempre foron inocuos para moitas especies.

Desta maneira, faise máis evidente a posibilidade de que o cambio climático que estamos vivindo poda chegar a causar grandes extincións de especies

.

Presentación O CLIMA NO PASADO, CAMBIOS CLIMÁTICOS NA HISTORIA DA TERRA e momentos da exposición de Valentina, Carmen B, Inés e Carmen Mª.

O equipo de Ana Cabreira, Luna Büchler, Andrea Fontao e Cloe Vizoso relatounos como, neste momento da historia do noso planeta, a situación dos distintos territorios continentais respecto do Ecuador ou as correntes mariñas, entre outros factores, condicionan as características climáticas de grandes zonas, e das especies que nelas habitan. Son os chamados Biomas, os grandes ecosistemas da Terra: deserto frío, tundra, taiga, bosque caducifolio, bosque tropical ou deserto cálido.

Presentación sobre OS GRANDES ECOSISTEMAS DA TERRA: OS BIOMAS e un momento da exposición de Luna, Ana, Andrea e Cloe.

Por último, o Team M, composto por Mariña Barreiro, Carmen García, Emilio Rodríguez e Marta Leyenda, desenvolveron a súa presentación e exposición sobre O Quecemento global e o Cambio climático. Explicáronnos que o quecemento global é o aumento da temperatura da Terra, que se reflicte nos océanos e na atmosfera, causado, principalmente, pola emisión de gases de efecto invernadoiro liberados nas actividades humanas. Mentres que o cambio climático é a variación do estado do clima, atribuído directa ou indirectamente á actividade humana, causado principalmente polo quecemento global, e que ten como consecuencia o derretemento dos polos e a subida do nivel do mar ou fenómenos meteorolóxicos extremos (furacáns, inundacións, incendios ou secas, entre outros efectos negativos.  

Presentación  O QUECEMENTO GLOBAL E O CAMBIO CLIMÁTICO e momento da exposición de Marta, Mariña e Carmen (Emilio ausente).

 

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031