Día mundial da loita contra a SIDA
O pasado 1 de decembro celebrouse o Día Mundial da Loita contra a SIDA. Esta enfermidade producida polo Virus da Inmunodeficiencia Humana (VIH), foi descuberta nos anos 80. Malia ser unha enfermidade de sobra coñecida e ter ben estudados os mecanismos de transmisión, a día de hoxe síguense producindo numerosos contaxios na nosa contorna. É por iso polo que dende o Departamento de Bioloxía e Xeoloxía nos parece moi importante achegar información sobre esta enfermidade, co obxectivo de previr a enfermidade.
Este ano, as actuacións da conmemoracións incluíron ao alumnado de 3º e 4º da ESO, das materias de Bioloxía e Xeoloxía, Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional e Valores Éticos. Ademais de repartir o lazo vermello característico da loita contra esta enfermidade, tamén visionaron o programa Eso no se pregunta: VIH e responderon unha serie de cuestións. Para darlle maior profundidade aos contidos, elaboraron unha enquisa sobre a SIDA para realizar entre familiares e amigos.
Alumnado de 4ºESO de Ciencias Aplicadas
Alumnado de 4ºESO de Bioloxía e Xeoloxía
Alumnado de 3º ESO A
Alumnado de 3º ESO B (durante a merenda)
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Alumnado de 4ºESO Ciencias Aplicadas.jpeg | 373.19 KB |
Alumnado de 4º ESO Bioloxía e Xeoloxía.jpeg | 378.06 KB |
Alumnado de 3º ESO A.jpeg | 342.32 KB |
Alumnado de 3º ESO B.jpeg | 354.87 KB |