4ºESO

Tarefas VALORES ÉTICOS semana 16-20 marzo

Bo día: o traballo en equipo de gravación de podcast que se estaba a realizar pasa a ser individual. Se tiñades xa rematado o guión, compartídeo no DRIVE, pero facede unha gravación individual para compartir tamén no meu enderezo: iagoclase@gmail.com

Calquera dúbida non deixedes de me escribir.

Saúdos e ánimo.

Iago

Tarea Tecnología 4º ESO - semana 16 marzo

¡Buenos días!

Espero que todos os encontréis estupendamente y con energía para continuar con el aprendizaje desde vuestras casas. Durante estas semanas seguiremos trabajando en la UD4: Electrónica digital, por lo que os iré colgando las tareas semanales que se repartirán en las 3 sesiones lectivas que tenemos cada semana.

Todos aquellos que tengáis tareas sin entregar (informes del tema 3) sería recomendable que las entregarais a lo largo de esta semana. Esta medida es extraordinaria, ya que os recuerdo que los trabajos entregados fuera de plazo cuentan directamente con un 0 tal y como figura en la programación de la asignatura. 

¡Empezamos!

Tarea lunes 16 mar

  • Ficha 4 Simplificación por Carnaugh: Ejercicios que faltaban por acabar (5-8)
  • Ficha 5 Problemas para aplicar lógica digital: (3-5). Para cada uno de ellos debéis sacar:
    • La tabla de la verdad
    • La función o funciones canónicas
    • Las funciones simplificadas después de simplificar por Carnaugh
    • Los circuitos con las puertas lógicas correspondientes. 
    • No hagáis los apartados que ponen simplificar solo con puertas NAND y NOR (próximo día)

Tarea miércoles 18 mar

  • Corrección ficha 4 Simplificación por Carnaugh: Ejercicios (5-8)
  • Corrección ficha 5 Problemas para aplicar lógica digital: (3-5)
  • Leer apuntes nuevos (Aula virtual) sobre la simplificación de circuitos solo con puertas NAND y NOR a través de la aplicación de las leyes de Morgan.
  • Diseñar los circuitos simplificados únicamente con puertas NAND y NOR para los ejercicios 3, 4 y 5 de la Ficha 5: Problemas para aplicar lógica digital.

Tarea viernes 20 mar

  • Corrección ejercicios 3-5 con la simplificación de de Morgan.
  • Simulador de circuitos de electrónica digital: LOGISIM
    • Descarga e instalación del programa en el ordenador (Descarga aquí). 
      1. Puedes ayudarte de esta guía para la instalación y manejo básico del programa. 
      2. También puedes ver este vídeo que te ayudará a entender y a dar los primeros pasos con el programa. En youtube podéis encontrar vídeos con explicaciones más extendidas como éste.
    • Realizar los ejercicios 1-4 que aparecen en la tarea de entrega del Aula Virtual.
    • Elaboración del informe de las prácticas. Al final habrá que hacer un informe con los ejercicios realizados. Tenéis toda la información necesaria para los ejercicios y la elaboración del informe en la tarea que encontraréis abierta en el Aula Virtual.

Los ejercicios deberán ser entregados en el aula virtual en su apartado correspondiente y en las fechas indicadas en las tareas del aula virtual (siempre será al día siguiente de la sesión de clase para que tengáis un margen)Para la entrega de ejercicios tenéis dos opciones: 

  • Hacerlos directamente en ordenador
  • Hacerlos en la libreta, sacar una foto y subirla en la entrega correspondiente del aula virtual.

Por mi parte os iré colgando las soluciones al día siguiente de la entrega para que podáis ir corrigiendo los ejercicios que vayáis haciendo. 

Cualquier duda que tengáis podéis escribirme en cualquier momento al email de trabajo de clase: profetecnojess@gmail.com y haré todo lo posible por ayudaros a entender lo que necesiteis o aclarar dudas. 

¡Mucho ánimo! ¡Un saludo!

Jessica

Tarefas LGeLIT semana 16-20 marzo

Bo día a tod@s, espero que esteades moi ben e coidedes de vós mesm@s e as vosas familias seguindo as indicaciós das autoridades sanitarias.Deixo aquí as tarefas calculadas para as tres sesións -ou algo máis-, desta semana.

NOTA ACLARATORIA: o traballo da 2ªAvaliación en equipo que xa comezaran a realizar en 4ºA e aínda non comezaramos en 4B -para a súa posterior presentación oral- vese modificado debido ás actuais circunstancias. Pasa a ser un traballo INDIVIDUAL, polo que cada un debe completar as diapositivas dos catro apartados, e prescindimos das exposicións. 

As tarefas desta semana, xa que logo son dúas, que agora pasao a detallar coas instrucións correspondentes:

1. TRABALLO 2ª AVAL. As vangardas

  • As vangardas: caracterización e importancia. Respondede as seguintes cuestións: Que son, por que se chaman así, que características comúns teñen, cales sn as vangardas internacionais máis importantes e en que consisten?
  • As vangardas literarias galegas. Hilozoísmo ou Imaxinismo: características, obras e autores máis importantes.
  • As vangardas literarias galegas. Neotrobadorismo: características, obras e autores máis importantes.
  • As vangardas literarias galegas. Vangarda pura-creacionismo: características, obras e autor máis importantes.

 

Fontes: libro de texto (97-99) e buscas por internet. Déixovos aquí unha páxina con teoría e unha presentación interesante, pero podedes facer máis buscas e incluílas na webgrafía.

FORMA

A presentación debe conter, obrigatoriamente:

-unha páxina inicial co título e autoría.

-Tres diapositivas -mínimo-que ha desenvolver cada un dos catro aprtados anteriores. É obrigatorio inserir en cada diapositiva 1 imaxe, vídeo ou ligazóns a outras páxinas onde haxa cousas interesantes que axuden á presentación. Será fortemente penalizado o corta e pega!!

-Unha páxina final onde se citen as fontes consultadas (tanto bibliográficas como dixitais).

A presentación en DRIVE compartirase co meu correo: iagoclase@gmail.com

IMPORTANTE: Á marxe disto, pásovos o enlace dunha presentación onde se explica como debe ser unha presentación educativa e a súa exposición oral. O feito de que sigades eses pasos será determinante para a avaliación do traballo:

http://www.slideshare.net/a_profa/presentacins-educativas?from_search=3

2. COMENTARIO LITERARIO

Lectura do relato "O SUSO" (px 62-63) e redacción dun comentario onde trates os elemntos que conforman ese texto narrativo: historia, personaxes, espazo e tempo. Procura relacionar o espazo e o tempo na xustificación da estrutura do relato.

Procurade redactar o comentario nun documento de texto do Drive e compartilo co meu enderezo dándome permiso para editar; deste xeto recibiredes mellor s comentarios e correccións. 

 

Calquera dúbida, non deixedes de me escribir a iagoclase@gmail.com

Ánimo e saúdos

Iago

English Assessment

Dear students,

Difficult times require difficult measures. It's time to stay at home to protect our friends, colleagues and the wider community; this is the only way to control the spread of the virus.

I understand that staying at home may be difficult or frustrating. The same way, I'm aware that studying without seeing each other is not the best option, but we don't have any other. If we want to be successful, we must be tenacious and responsible and we'll need a lot of self-discipline. It's very important you plan your study sessions carefully, trying to stick to your school schedule and spend at least the corresponding fifty-minute period working on each subject. To help you in this process, I'll use the virtual classroom where I'll publish instructions every day, starting tomorrow.

Please, any doubts or problems to get into the virtual classroom, send me an e-mail to aleyenda@edu.xunta.es or analeyenda.english@gmail.com

Best wishes and take care!

Ana Leyenda

CHARLA DE MILA LÓPEZ SOBRE HANDBIKE

Grazas á Concellería de Igualdade de Baiona puidemos contar esta mañá coa presenza de Mila López, ciclista baionesa campioa de España de handbike. Mila ensínonos en que consiste esta variedade de ciclismo adaptado, a dureza dos adestramentos e das competicións, pero sobre todo transmitiunos unha lección de fortaleza, superación e positividade ante as adversidades da vida. Noraboa campioa!

mila_lopez

Visita ao Museo de Pontevedra

O pasado 27 de febreiro o alumnado de 4ESO, acompañados por Ana Leyenda, maría José Torres, David Gayso e Iago Castro, realizou unha saída didáctica á cidade de Pontevedra, organizada polos departamentos de Lingua Galega e Educación Física

En primeiro lugar visitamos o rocódromo do pavillón Multiusos da Xunqueira, para descubrir que con traballo, un pouco de xeito e amodiño...non temos teito!

 

Despois desprazámonos ata o Museo provincial de Pontevedra, onde visitamos a SALA CASTELAO para coñecermos de primeira man a obra plástica do artista rianxeiro. Fixémolo a través dunha unidade didáctica onde tiñamos que atopar respostas ás custións sobre a obra exposta:

A verdade é que foi unha xornada ben completa, xa que puxemos a traballar corpo e cabeza!

 

OS QUINQUILLÁNS e "Language planning": teatro galego en Baiona

O venres 7 de febreiro o alumnado de 4ESO acudiu ao auditorio V Centaçenario para asistir á montaxe teatral Language planning, a cargo da compañía profesional Os Quinquilláns. Trátase dunha peza teatral  de carácter cómico e retranqueiro a partir de diferentes investigacións sociolingüísticas e de relatos de Made in Galiza de Sechu Sende, de libro co que traballamos neste 2º trimestre.

A actividade organizouse a través da editorial Galaxia e en colaboración co Concello -que cedeu o auditorio- e os centros educativos veciños do 1º de Marzo e Terras de Turonio.

 

TRATAMENTO DE DATOS TOMADOS NA ESTACIÓN METEOROLÓXICA

Desde o departamento de matemáticas partimos dos datos tomados pola estación meteorolóxica do noso CPI no mes de marzo e mes de abril do 2019. O noso obxectivo é representar o histograma de frecuencias absolutas, así como o cálculo de parámetros de centralización e dispersión da variable. 

 

CINDERELLA. June 2015.

Prezadas/os alumnas/os que alá polo 2015 estabades en 6º de primaria: Atendendo ás vosas peticións aquí vos deixamos uns recordos desa despedida con formato de teatro en inglés.

 Nun arquivo adxunto está o texto da obra, ilustrado con fotos do día da representación. A portada está creada cos carteis publicitarios que elaborástedes en clase. Esperamos que vos guste.

 Subiremos (noutro momento) o vídeo que temos, sen editar, tal e como aconteceu todo.

 Foron tempos de garagalladas e aloumiños que quedarán para sempre nas nosas lembranzas.

 Merce e Santi.

 

 

10ª fase: Obradoiro creamos un mural colectivo

Aproveitando que o bo tempo chegou por fin a Baiona, os alumnos e as alumnas de 4º de ESO puxéronse esta semana mans a obra.

 Que mellor mostra hai do que pode facer o noso alumnado que un proxecto real e visible para todos e todas! A creación dun mural, no corredor do patio, no que o alumnado da materia de Educación Plástica, Visual e Audiovisual está a traballar cos distintos recursos expresivos e comunicativos que proporcionan as técnicas de Expresión Gráfico-Plástica.

 

 

O curso 2018/2019 está entrando na súa recta final e algúns dos seus proxectos comezan xa a botar o cartel de peche ata o vindeiro curso. Entre eles está o proxecto "O patio escolar" que este curso coordinou o departamento de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia. 

SEMPRE GRAZAS a todos os que estiveron implicados neste proxecto. Botareivos moito de menos. Emprender novos camiños sempre implica unha despedida ... ATA SEMPRE!

Viaxe a Lyon.

Do 16 ao 19 de maio, parte do noso alumnado de Francés de 4º estará a realizar unha viaxe a Lyon, para poñer en práctica os coñecementos adquiridos en clase. Acompáñanlles Paz Rodríguez e Alexandre Martínez, profesorado do centro.

 

                                                        

HÉCTOR CAJARAVILLE no Cova Terreña

O 7 de maio visitounos un dos autores máis destacados das letras galegas contemporáneas, Héctor Cajaraville. 

A súa primeira novela para adultos foi De remate, que conseguiu o premio máis prestixioso das nosas letras, o Xerais.Tamén foron premiadas as obras Once Portas (Ánxel Fole de narrativa curta) e co Losada Diéguez a súa última novela, Nova Nursia.

Mais Héctor é un escritor polifacético, e tamén tivo moito éxito co público infantil e xuvenil coas súas premiadas obras Denébola a Roxa, Quen dá a quenda, A caixiña dos rancores e Kusuma. 

O escritor veu charlar con nós da novela O SEGREDO DA CASA DE FORMOSO. 

 Unha historia de sentimentos,       pescudas, confidencias e revelacións   que desemboca no achado máis   transcendental: o que nos dá as claves   para descubrirnos a nós mesmos. E   ademais, conta cunha parteambientada   en Baiona! Na conferencia, presentada         maxistralmente por Alejandro Soliño e   Pablo I. Ríos, Héctor contounos de   xeito moi ameno cales eran as súas   intencións ao escribir o libro ou como se   enfronta á tarefa da escrita ficcional. Tras o coloquio final, o alumnado que se fixo cos exemplares do libro puido levalo de volta dedicado polo autor.

 

 

 

 

 

VIAXE FIN DE ETAPA 4ª ESO A ROMA

 

O noso alumnado de 4ª saíu esta madrugada cara a Roma para gozar dunha marabillosa viaxe de fin de etapa, acompañados por Alexandre, Isabel e Jessica, profesorado que lle imparte docencia neste curso. Seguro que vai ser unha experiencia inesquecible. Buon viaggio!

                             

 

Visita ao Museo de Pontevedra

Crónica de Sara Figueirido Carracedo (4ºESO A)

O pasado 15 de febreiro, o alumnado de 4º da ESO do CPI Cova Terreña fomos visitar o Museo de Pontevedra.      

            

Tras ter as dúas primeiras horas de clase, ás 10:20 collemos o autobús que nos levaría a Pontevedra. Despois duns 40 minutos de viaxe, chegamos ao noso destino sobre as 11. O autobús deixounos moi preto, polo que só tivemos que camiñar un pouco ata o museo. Antes de entrar, fixemos un pequeno descanso para merendar. Un pouco despois entramos ao museo. Tivemos que separarnos en dous grupos para facer a visita, xa que eramos moitos. Os mestres decidiron que o máis sinxelo era que os grupos foran as distintas clases. É dicir, 4ºA fomos con Iago, o mestre de Lingua Galega, mentres que o grupo B foi con Alexandre, mestre de Xeografía e Historia.

O meu grupo comezou a ver o museo polas salas de Castelao, o noso principal interese. En total, visitamos 3 salas adicadas a este personaxe destacado da literatura galega. Na primeira, a nosa guía falounos un pouco da vida en xeral de Castelao, e puidemos ver detidamente algúns dos seus cadros, entre os que estaban os chamados "Contos de Cegos". Despois pasamos á seguinte sala, na que puidemos ver a exposición do Álbum Nós. A última sala dividíase en dúas exposicións: nunha parte estaban expostas as estampas dos álbums de guerra e na outra os seus "debuxos de negros" xunto a un pequeno espazo adicado á súa obra teatral e literaria. Na miña opinión, estas foron as exposicións máis interesantes con diferenza.

                                 

Tras acabar de ver a obra de Castelao, fixemos un pequeno recorrido por outras salas do museo, comezando pola de cerámica de Sargadelos e rematando pola de Manuel Quiroga Losada, un violinista de Pontevedra que gozou dunha gran fama internacional.

Finalmente, volvemos á entrada e esperamos ao outro grupo, que aínda non rematara a súa visita. Cando saíron, fixémonos unha fotografía e regresamos ao autobús para voltar a Baiona.

Encontro entre culturas

 

O pasado 10 de xaneiro o alumnado de 3º e 4º da ESO tivo a oportunidade dunha sesión impartida por Dona Matilde Aristizabal Tapias, profesora do CCEE Reyes Católicos de Bogotá, durante máis de trinta anos. A sesión, que versou sobre as relacións históricas entre América Latina e España, foi unha oportunidade magnífica para coñecer a outra versión da historia do descubrimento, colonización e posterior independencia das colonias hispanoamericanas.

 

Introdución ao manexo da impresora 3D

O alumnado de 4º da ESO comezará cun novo proxecto que ten como resultado a impresión en 3D das súas ideas. 

Dende a materia de TIC e tecnoloxía, o alumnado aprenderá a manexar programas de deseño e deixarán voar a súa imaxinación para colaborar co Proxecto Terra creando logos que definan cada un dos rincóns do noso patio.

Ao regreso do nada, aprenderán a manexar a impresora 3D León e poderán facer tanxible os seus deseños. 

 

Contra a violencia de xénero a ritmo de rap

O alumnado de 3º e 4º ESO participaron nun obradoiro para traballar a problemática da violencia de xénero dende o rap.

Na seguinte ligazón podedes ver un vídeo do resultado publicado por La Voz de Galicia

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/baiona/2018/11/27/feminismo-baiona-flow/0003_201811V27C5996.htm

SOMOS UNHA METEOESCOLA !!!

Na materia de Tecnoloxía, os alumnos/as de 2ºESO encargáronse do deseño 3D en perspectiva mediante software CAD e da fabricación e montaxe da estación meteorolóxica: MeteoBaiona. A caseta que foi construída no mes de decembro consta dunha caixa de madeira, pintada de branco, coa porta orientada cara ao norte para resgardar os aparatos de medición da radiación solar, coas paredes laminadas para permitir a circulación do aire e colocada sobre un soporte de 1 metro de altura.

Tamén colaboraron os alumnos de 4º ESO da materia de Educación Plástica Visual e Audiovisual que encargáronse de representar a estación meteorolóxica mediante o sistema diédrico e de buscar unha ubicación, tendo en conta as necesidades de cada equipo para unha boa medida (orientación norte, lugar aberto,...). A caseta instalouse nunha parcela do noso instituto a 18 m de altitude,  42°07'00.5" de latitude norte e 8°51'05.8" de lonxitude oeste.

Gañadores de premios autonómicos en 4ºESO

O alumno Carlos López Padrón, de 4ºESO B, é o gañador de toda Galicia do II Concurso Literario sobre Protección de datos organizado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) na categoría 3º-4º ESO. O traballo foi presentado a través da súa profesora Dona Isabel Martínez Cabaleiro, profesora de Informática. Nesta segunda participación voltamos a gañar o primeiro premio e, nesta ocasión, tamén o premio ao centro con maior participación.

Nas seguintes ligazóns pode ver a convocatoria do concurso:
https://www.cpeig.gal/portal/node/3287
http://www.edu.xunta.gal/portal/node/24091

E o alumno Rodrigo González Rouco, de 4ºESO A, é o gañador do Concurso de deseño #Enreda na Rede, organizado pola Fundación Barrié e a Asociación ARELA, dentro do seu programa Ktorce18.
O alumno creou o slogan "Pensa antes de enviar..." e unha representación gráfica que o acompaña sobre o bo uso das redes sociais entre adolescentes, participando neste concurso a través do centro dentro da materia optativa de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC).

Nas seguintes ligazóns pode ver máis información:

http://www.fundacionbarrie.org/enreda-na-rede-trabajos-presentados

Entidades organizadoras: www.fbarrie.org e https://www.arela.org

Nova publicada: Valmiñor TV

 

Podedes consultar os traballos gañadores nos ficheiros adxuntos.

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930