4ºESO

Mulleres destacadas de onte e antonte na Economía do Val Miñor

Xa podedes acceder aos traballos de Economía do alumnado de 4º B !!!

- Traballo individuais: Mulleres vinculadas aos sectores económicos do Val Miñor.

- Traballos grupais: Estudo dos negocios no casco urbano de Baiona.

 

INSTALACIÓN DA CASETA METEOROLÓXICA NO RECINTO ESCOLAR. 4º B

Os alumnos/as da materia de Ciencias aplicadas á actividade profesional contou coa colaboración do conserxe, Víctor Moreira, na instalación da nova caseta meteorolóxica.

 

O profesor Nerio Fontaiña  (Departamento de Física e Química) está organizando unha serie de visitas á estación meteorolóxica, guiadas polo alumnado de 4º de ESO da materia de Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional.

Visita á Fundación Celta de Vigo e o Pazo Quiñones de León. 4º B. 18 maio.

Os alumnos e alumnas de 4º B visitaron as instalación deportivas e o museo da Fundación Celta de Vigo. Algúns xogadores gozaron dun grande recibimento por parte dos alumnos/as e profesorado do centro. O alumnado aproveitou a ocasión para facerlles preguntas aos xogadores (Hugo Mallo e Iago Aspas), fotografarse con eles e pedir autógrafos.

 

Tamén houbo tempo para culturizarse e visitar un dos pulmóns verdes da cidade de Vigo, o parque de Castrelos ou Finca da Marquesa.

Neste parque, doado do Marqués de Alcedo a Cidade de Vigo, atópase o Pazo de Quiñones de León, un auditorio e un conxunto de xardíns e zonas boscosas, de gran interese paisaxístico e botánico.

O alumnado visitou os xardíns (francés e inglés) e as instalacións do interior do pazo: as distintas estancias da antiga residencia dos marqueses, o legado de Policarpo Sanz, a colección permanente de pintura galega e a sala de arqueoloxía.

Saída a Nigrán: das dunas de Gaifar á foz 4º A

O alumnado de 4º A asitíu a unha das visitas ofertada polo obradoiro de emprego do ValMiñor. Ruta Nigrán: das dunas de Gaifar chegamos á Foz.

Durante a saída disfrutamos dun medio natural (flora, fauna, valores paisaxísticos, ecosistemas, etc) que temos que conservar e preservar.

MeteoBaiona 4º ESO B DÍA MUNDIAL DO LIBRO 23 de abril

Os alumnos e alumnas de 4º B constituíron, na materia de Iniciación á actividade emprendedora, unha editorial "VAN Editores" e crearon distintos libros dixitais relacionados coa meteoroloxía, para conmemorar o Día Mundial do Libro.

BAIderefráns

Os animais e a meteoroloxía

Atlas das Nubes de Baiona: Paseo polas nubes

 

 BAIderelatos

BALTASAR MERINO ROMÁN. Día Meteorolóxico Mundial 23 marzo 2018

Con motivo do Día da Ciencia en Galicia (8/10) e tamén do Día Meteorolóxico Mundial (23/03), os alumnos/as de 4º B da materia de Iniciación á Actividade Emprendedora e Empresarial, elaboraron unha presentación para dar a coñecer a figura de Baltasar Merino Román , un profesor, botánico, meteorólogo e divulgador científico de finais do século XIX e principios do XX que deixou unha forte pegada en Galicia, a través dos seus estudos de botánica, das borrascas atlánticas e do tempo atmosférico de A Guarda.

Ademais se lle atribúe a creación do primeiro Observatorio Meteorolóxico de Galicia e impulsou o emprego do barómetro aneroide nas embarcacións, para predicir borrascas, evitar afundimentos e salvar vidas.

Dende o seu punto de vista, a información meteorolóxica ten que servir os cidadáns, o que fixo que fose un dos promotores da creación da rede española de estacións pluviométricas.

PREME AQUÍ para acceder a presentación de Baltasar Merino.

 

Exposición fotográfica PASEO POLAS NUBES. Día Meteorolóxico Mundial 23 marzo 2018

Con motivo do Día Meteorolóxico Mundial (23 de marzo) o alumnado de 4º de ESO da materia de Educación Plástica, Visual e Audiovisual inaugurou a exposición temporal "PASEO POLAS NUBES"

Na exposición pódense observar distintas instantáneas de nubes tomadas polos propios alumnos/as de 4º de ESO de EPVA, na vila de Baiona.

 

Dita exposición foi organizada, supervisada e coordinada pola profesora de EPVA, Dona Elsa Liliana Vázquez Lorenzetti, e enmarcase no proxecto Meteoescolas, no que participa alumnado de catro niveis educativos (1º, 2º, 3º e 4º de ESO) e un equipo multidisciplinar de profesores/as do CPI de Cova Terreña.

A exposición estará dispoñible a público, na Oficina de Turismo de Baiona, do 23 de marzo ao 23 de abril de 2018.

Preme AQUÍ para acceder a máis información sobre o acto de inauguración oficial.

PARABÉNS POLO VOSO TRABALLO!!!

 

 

 

 

VIAXE 4° ESO A PARÍS

Xa temos ao noso alumnado de  4° ESO no bus,  camiño de Paris,  para disfrutar 5 días da Cidade da Luz e dos seus monumentos. Desexamos que o pasen en grande e que  sexa unha viaxe inolvidable.

Busparis1Busparis2Busparis3Esperando a embarcar!

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 8 de marzo

Co gallo do Día Internacional da Muller (8 de marzo) o alumnado de 4º de E.S.O. asistiu como convidado, polo Centro de Información á Muller de Baiona, á proxección do documental "Las Constituyentes" e charla coloquio con Dona Nona Inés Vilariño Salgado, deputada da lexislatura constituínte 1977-1979, no I.E.S. Primeiro de Marzo.

Dona Nona Inés Vilariño Salgado

O obxectivo desta actividade é que os nosos alumnos/as tomen conciencia da longa loita das mulleres polos seus dereitos e da súa escasa participación na elaboración do noso texto constitucional.

Ningunha muller formou parte da ponencia constitucional. A Constitución de 1978 tivo sete país pero ningunha nai e as mulleres como grupo (27) tampouco tiveron excesivo protagonismo no proceso constitucional. Pero as súas aportacións teñen un gran valor se pensamos nas difíciles condicións nas que a maioría delas tivo que traballar.

Asemade a Constitución de 1978 marcou un auténtico punto de inflexión no recoñecemento dos dereitos dos españois, e tamén no recoñecemento dos dereitos da muller. No Capítulo II Dereitos e liberdades, no artigo 14 recoñécese que:

“Os españois son iguais ante a lei, sen que poda prevalecer discriminación algunha por razón de nacemento, raza, sexo, relixión, opinión ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social”.

Velaquí a dedicatoria de Dona Nona Inés Vilariño.

Grazas Nona pola túa compaña!!!

Arribada 2018

Un ano máis o alumnado de 4º ESO  participa na Arribada para sacar cartos para a  viaxe de estudos. Nesta ocasión o destino é París. Estamos seguros que será unha experiencia inolvidable. Queremos agradecer tamén a colaboración desinteresada dos pais e nais, que estiveron botando moitas tardes para ter o posto a punto. Moitas grazas!

                

 

                         

 

 

 

 

PRIMEIRO PREMIO NO CONCURSO OCEANS OF PLASTICS

O pasado 19 de decembro, catro alumnos/as de 4º de ESO A, resultaron gañadores do Concurso de ideas innovadoras do proxecto da FECYT (Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología) “Oceans of plastics”. Un concurso escolar organizado polo Campus do Mar que busca crear unha sensibilización e unha concienciación en canto a problemática dos plásticos no medio mariño.

O xoves 11 de xaneiro procedeuse á entrega dos premios, ás 11:30h, no salón de actos do CPI de Cova Terreña, coa asistencia dos gañadores, as profesoras participantes no proxecto, alumnado de 4ºESO, familiares dos gañadores, representantes da ANPA, secretario da asociación de praceiros (sede temporal da exposición), concelleira de Educación e membros do equipo directivo do centro.

Os nosos parabéns polo voso traballo!

Neste enlace podedes acceder a máis información sobre o concurso.

Neste enlace podes ver a nova en Valmiñor TV.

Acto de Graduación 4ºESO

O xoves 22 de xuño celebramos co alumnado de 4ºESO a chegada da fin de etapa e da estadía no noso centro. Despois de todos estes anos con nós, algúns 13 anos, chega o momento de despedilos e que sigan o seu camiño na busca do seu futuro.

Ánimo, o voso futuro está nas vosas mans.

Reinterpretación do Guernica

O alumnado de 4ºESO, especialmente os alumnso Mario, Javier e Luis, da materia optativa Educación Plástica e Visual, dirixidos pola profesora Dona Cristina Rodríguez, fixeron unha reinterpretación do Guernica na pista exterior de deportes, engadíndolle un toque persoal ao introducir elementos da nosa vila.

Gustavo López, gañador do Certame Literario sobre protección de datos

Gustavo López Leyenda, alumno de 4º de ESO do centro, resultou gañador de toda Galicia do I Concurso Literario Infantil sobre protección de datos organizado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG)

O acto de entrega de premios tivo lugar no centro coa presenza do secretario do CPEIG Don Juan José González Cid, a Concelleira de Benestar Dona Carmen Paredes Cabral, a directora do centro e profesora do alumno Dona Isabel Martínez Cabaleiro, membros do Claustro, compañeiros e familiares do alumno que recibiu unha tablet e o centro un kit de robótica.

Noticia en Telemariñas

Noticia en ValMiñor TV

Viaxe fin de etapa 4º ESO

O noso alumnado de 4ºESO xa está disfrutando da súa viaxe fin de etapa por terras italianas.

Gañadores no noso centro

Gañadores por partida doble!! Imatxina e Gala do Deporte

Un ano máis o centro ten gañadores nos concursos realizados na semana matemática de Imatxina na Fundación Barrié en Vigo.

O alumnado de 4ºESO-A: Luis Corbacho, Javier Español, Ana Fernández e Claudia Mariño, foron os subcampeóns galegos na categoría C.

O alumno Mauro González foi o gañador do primeiro concurso de anaformismos. "COMO GANAR ESTE CONCURSO", podíase ler dende o ángulo axeitado.

Noraboa aos 5 e á súa profesora Andrea Piñeiro.

 

Por outra banda, a alumna Jimena Gil Pereira de 2ºESO-A foi distinguida como a mellor deportista feminina base pola disciplina de Fútbol na VI Gala do Deporte do Concello de Baiona.

Noraboa!!!

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930