II Concurso Literario Infantil sobre a protección de datos
Lun, 29/01/2018 - 09:00

Destinatarios/as

Alumnado de 5º e 6º de EP e 1º a 4º de ESO, ambos inclusive.

Entidades convocantes

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia.

Obxectivos

Que a sociedade galega tome conciencia da necesidade de incorporarse á cultura da protección de datos, nomeadamente os menores de idade. Cómpre promover o coñecemento entre a cidadanía sobre cales son os seus dereitos e responsabilidades en materia de protección de datos.

Requisitos

Poderán participar todos os rapaces e rapazas de 5º e 6º de EP e  1º a 4º de ESO de idade, ambos inclusive, estudantes en centros escolares sostidos con fondos públicos de Galicia.

O xénero literario será artigo periodístico, exposición divulgativa (entrada de blogue ou artigo de divulgación), conto ou relato curto. Como liñas conductoras destes traballos pódense considerar as seguintes, sen quedar limitadas:

· Que é para ti a protección de datos?

· Como afecta a protección de datos no teu día a día?

· Protexe os teus datos, protexe a túa privacidade, protéxete!

· Que acontecería se houbese protección de datos no conto da Carapuchiña Vermella?

· Protexer os datos nas redes sociais, é importante?

· Como protexes os teus datos?

O referente será o Protocolo de Protección de Datos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (educonvives.gal) e as publicacións da Axencia Española de Protección de Datos.

Prazo

Ata as 15:00 horas do día 28 de febreiro de 2018.

Dotación

Tres premios, un para a categoría de 5º e 6º de EP, outro para 1º e 2º de ESO e outro para a categoría 3º e 4ºde ESO: tablet para o autor ou autora e un kit de robótica para a súa aula. Asemade, aquel centro que conte con maior participación recibirá un recoñecemento especial da organización.