NOVO PREMIO

UN NOVO RECOÑECEMENTO....

Un novo ano, e xa van tres consecutivos, un grupo de alumnos do noso centro, obtiveron a recompensa ao seu traballo e curiosidade nos PREMIOS LUIS FREIRE de investigación científica na escola. 

Este curso foron os grupos de 2º A e B de Primaria. A súa investigación tiña por obxecto estudar os cambios da cor nos pétalos das flores. 

O premio, o terceiro na categoría de Primaria. Deixamos o enlace á información recollida na prensa deste fin de semana.

https://www.laopinioncoruna.es/coruna/2019/03/31/alumnos-carral-ourense-ganan-premio/1388924.html

 

PARABÉNS A TOD@S E AS PROFES ISABEL E Mª JOSÉ!!!!!!!!

Os de 2ª tamén de viaxe...

A VIAXE DOS DE 2º ESO....

Primeira parte da viaxe do alumnado de 2º ESO. Pola mañá AS MÉDULAS, moi interesante. Parece que a subida ao mirador de Orellana foi dura. Tamén houbo algún pique cos de 1º por ver quen chegaba antes.... Iso si, moita fame... 

Despois dunha parada en Astorga, chegada a León e xa instalados esperando a cea.

Mañá máis....


Crónica do noso primeiro día de viaxe - 1º ESO

Salimos aproximadamente a las 8:00 de la mañana cara a Las Médulas. El viaje duró casi tres horas, en el que algunos de nosotros estuvimos durmiendo y otros estuvieron hablando y dando voces.... Al final del camino uno de los chicos tuvo un problemilla por “tener demasiado líquido en el cuerpo” y casi se tuvo que bajar a mitad de camino.

 

En cuanto llegamos al centro de recepción de visitantes, nos pusieron un vídeo para introducirnos en el maravilloso mundo de las Médulas. Duró poco y rápidamente nos pusimos en ruta.

 

Por el camino divisamos muchos castaños y la guía nos explicó muchas cosas sobre sus frutos, cómo crecían y los tipos de árboles que había en aquel lugar. Continuamos nuestra visita y en una de las paradas escuchamos que el grupo 2º de ESO nos pisaba los talones, así que nos dimos prisa en avanzar por el sendero. Nos explicaron cómo los romanos extraían el oro antiguamente y descubrimos que era una mina secundaria pues el oro se extraía del propio polvo y actualmente no saldría rentable su extracción. Visitamos dos galerías inmensas y todos los alumnos sacamos muchas fotos durante la visita. 

 

Algunos compañeros empezaron a estar cansados por la caminata... Pero lo peor llegó cuando tocó subir al mirador de Orellana... Nada más que nos enseñaron el camino... Bufff. Nos tocaba hacer 1 km de subida si queríamos comer el bocata... Algunos niños se derrumbaron al ver el sendero. Era muy empinado y nos costó bastante llegar a la cima, ¡Pero hicimos tiempo récord! ¡Nada mas y nada menos que 10 minutos! Comimos tranquilamente a la sombra de un arbolito todos juntos y luego bajamos al punto de partida.

 Subimos en el autobús dirección a Burgos e hicimos una paradita unas dos horas después para estirar las piernas 15 minutos. Compramos comida para el viaje y aproximadamente unas dos horas después llegamos al hotel, en el que nos alojamos “tranquilamente” a la espera de un nuevo día.

 

 

Uno de los viajeros

 

 

 

Pulpiño Viascón e os seus instrumentos Máxicos

Hoxe @s cativ@s de 1º e 2º curso de primaria desfrutamos enormemente da compaña do fabuloso Pulpiño Viascón e dos seus Instrumentos máxicos. Estamos moi agradecid@s porque hoxe descubrimos un montón de instrumentos sorprendentes e pouco habituais sen deixar de divertirnos en ningún momento: vimos como se pode facer música cun serrucho, reciclaxe sonora cunha videconsola antiga, etc.

ENTROIDO

22/03/2019
Europe/Madrid

CELEBRAMOS O ENTROIDO!

Este ano celebramos o noso "Entroido Africano" cun desfile polas rúas do pobo. Animais da Sabana, Massais, traxes típicos de Mozambique, Cabo Verde e Etiopía, Exipcios, Tuaregs, xs protagonistas da peli de Memorias de África, a comitiva que ía enterrar ao MECO... incluso tivemos a sorte de contar co Fulión grazas  aos nenos e nenas do Combo musical a ao seu profe. Todxs xuntxs camiñamos polas rúas de Miño e compartimos un rato fantástico coas familias e veciñxs de Miño. Moitísimas grazas a toda a comunidade educativa polo traballo realizado para levar adiante esta idea.  Grazas tamén a Policía Local, a Protección civil, ao Concello e a todas as familias pola colaboración. 

Aquí vai a foto que tomamos ao chegar ao cole de volta. 

Despois da foto, lectura do testamento do MECO e... a merendar! filloas, rosquillas, orellas... non faltou nada!

 

Vudú en concerto

Hoxe o alumnado de 5º e 6º de primaria, e máis xs alumnxs 2º,3º e 4º de ESO poidemos desfrutar da mellor música ao vivo da man de Vudú. Este dúo formado por Belem Tajes (teclado e voz) e a miñense Maritxiña (baixo electrico) achegáronnos cunha incrible sensibilidade e mestría a súa proposta musical na que recollen cantigas da nosa tradición oral e lle dan unha "volta", arroupándoas con outras sonoridades traídas do blues, soul, jazz, funk, etc.

A SEMENTE DA IGUALDADE

14/03/2019
Europe/Madrid

A SEMENTE DA IGUALDADE

Aquí tedes o video que fixemos co motivo do 8M. Está inspirado no conto "Wangari y los árboles de la paz". Esta actividade está dentro do proxecto "Explorando a igualdade: Tinogona" que gañou o premio Concepción Arenal. Outra vez os pequechxs volvemos a colaborar co alumnado da aula específica. Que ben traballamos xuntxs!!!

Esperamos que vos guste!!

 

Pulsade aquí para ver o video.

 

 

CUBICAXE

CUBICAXE.GZ

Queridas familias!

Voltamos neste mes de Marzo para propoñervos unha actividade para facer coas rapazas e os rapaces. Neste caso queremos que lle botedes imaxinación para crear obxectos a partires de materiais de refugallo.

Haberá dúas categorías:

1. Obxectos para uso escolar.

2. Xogos de mesa.

Pódese participar nunha ou nas dúas categorías, pero o requisito é que as cousas que fabriquedes sexan útiles. Todas as vosas creacións serán expostas un tempo no centro. Despois as desfrutaremos nas aulas. Por iso é importante que, cando as deseñedes, teñades en conta os seus posibles usos. Podedes entregalas no centro ata o 12 de abril. ANIMÁDEVOS!!!!

Neste enlace podedes ver como o noso proxecto é recollido na prensa:

https://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2019/03/12/colegio-mino-impulsa-proyecto-fomentar/1383085.html

Un saúdo, o equipo de CUBICAXE.GZ.

REDUCINDO POLO CAMIÑO, COIDAMOS MIÑO!!! 

CONVOCATORIA DE FOLGA 8 DE MARZO

FOLGA XERAL DO 8 DE MARZO

Ante a convocatoria de FOLGA XERAL para este xoves 8 de marzo, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, nos centros docentes non universitarios de titularidade pública, determina como SERVIZOS MÍNIMOS (DOG nº 43 do venres 1 de marzo de 2019, páxina 11890) para centros como os nosos, os seguintes:

  • A dirección ou un membro de equipo directivo.
  • Un/unha subalterno ou subalterna.
  • Un/unha auxiliar coidador ou coidadora.
  • Un encargado de cátering nos comedores de xestión indirecta.

Polo tanto os servizos mínimos do noso centro estarán formados por:

  • A directora do centro, María Asunción Méndez López.
  • O conserxe do centro, Juan Fachal.
  • A coidadora do centro, Mª Jesús Vázquez Barros .
  • A encargada do cátering, Mª del Carmen Varela Cartemil.

O centro permanecerá aberto no seu horario habitual pero as actividades lectivas poderán verse modificadas en función do seguimento da folga por parte do profesorado. 

ADMISIÓN CURSO 2019-20

Rematado o proceso de reserva para o curso 2019-2020, no que todas as solicitudes dos centros adscritos presentadas, foron admitidas, e conforme ao punto 4 do artigo 3 da orde do 12 de marzo de 2013 que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica do 2/2006 do 3 de maio, de educación, publicamos a relación de postos escolares vacantes para o curso 2019-20.

 

Curso

Nº prazas ofertadas

Nº permanencias

Nº solicitudes reserva centros adscritos

Nº vacantes

Reserva alumnado NEAE

4º EI

50

0

0

50

6

5º EI

50

36

0

14

--

6º EI

50

36

0

14

--

 

 

 

 

 

 

1º EP

50

41

0

9

6

2º EP

50

50

0

0

--

3º EP

50

37

2

11

--

4º EP

50

42

0

8

--

5º EP

50

50

0

0

--

6º EP

50

44

0

6

--

 

 

 

 

 

 

1º ESO

60

39

0

21

6

2º ESO

60

40

0

20

--

3º ESO

60

39

0

21

--

4º ESO

60

34

0

26

--

Distribuir contido