FINAL DE CURSO

CONCERTO DE FINAL DE CURSO

Este xoves 21 de xuño celebramos o final do curso cunha gran festa. Recibimos a visita de SUSANA SEIVANE. Despois de recibila como merece unha artista e de que nos concedera unha entrevista para a nosa RADIOMIÑOCA, tivemos o pracer de asistir a un concerto exclusivo para nós... E incluso algúns tiveron a sorte de compartir escenario con ela. Grazas Susana e esperamos que volvas pronto!!!!

 

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2018-19. Modificado 6/07

CURSO 2018-19

No arquivo adxunto podedes consultar o listado de libros de texto e material escolar para o curso 2018-19 dos diferentes cursos e etapas.

Recordade que o prazo para solicitar o Fondo de Libros e as axudas para material rematan o 22 de Xuño. 

O NOSO COLE SOLIDARIO

NINGÚN NIÑO SIN BIGOTES

Esta semana participaremos na campaña "NINGÚN NIÑO SIN BIGOTES" que a Obra Social A Caixa organiza para recoller leite que será donada ao BANCO DE ALIMENTOS.

Se queredes participar podedes entregar os tetra brik de leite no cole o mércores 12, xoves 14 e venres 15 no cole. 

I XORNADAS STEM NO CASTRO BAXOI

I XORNADAS STEM

Este venres 1 de Maio celebramos no cole as primeiras xornadas STEM, onde os alumnos de 4º e 6º de Primaria, e de 2º e 4º ESO, mostraron aos seus compañeiros o resultado deste ano nas materias de Robótica e Programación. Escornabots, drones, robots... captaron a atención dos alumnos dende Infantil á ESO. Parabéns a tod@s, rapaces e profes, polo voso traballo. Deixámosvos algunhas fotos deste día. 

 

 

 

CURSO 2018-19: FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO. AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

 

CURSO 2018-19: AXUDAS LIBROS DE TEXTO.

 No DOGA do 21 de Maio de 2018 aparece publicada a Orde do 9 de maio de 2018 que regula a participación no fondo solidario de libros de texto e a convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o curso 2018-19, destinada ao alumnado matriculado en centros sostidos con fondos públicos. Tede en conta:

 

- FONDO SOLIDARIO: cursos 3º, 4º de Ed. Primaria e 3º e 4º da ESO. Mantense os libros do curso 2017-18.

- AXUDA ADQUISICIÓN LIBROS DE TEXTO: 1º e 2º de Ed. Primaria ou alumnos con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE), con rendas igual ou inferior a 9.000€. Tamén para alumnado de educación especial (EE) e alumnado con discapacidade igual ou superior ao 65% sen límite de renda.

- MATERIAL ESCOLAR: alumnado de Ed. Primaria, ESO e EE, rendas igual ou inferiores a 5.400€.

 O alumnado de 5º, 6º de EP, e 1º e 2º ESO, que participan no proxecto de educación dixital (E-DIXGAL) no curso 18-19 queda excluído da participación no fondo solidario de libro de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Si poderán solicitar a axuda para adquirir material escolar cando reúna os requisitos establecidos na orde.

O prazo para presentación da solicitude ata o 22 de xuño de 2018. A solicitude pódese presentar presencialmente no centro ou accedendo á aplicación Fondolibros, onde cubrirán os datos, gardaranos e obtendo un nº de solicitude e despois poderán imprimir a solicitude e o anexo II e presentalo no centro ou na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.  

 Máis información na Secretaría do centro e nos seguintes enlaces:

Orde do 9 de maio de 2018: 

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20180521_fondosolidario.pdf

Anexos I e II da orde:

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/solicitude_anexos_i_e_ii.pdf

 

 

Concerto de Efrén López e Michalis Kouloumis para ESO

O vindeiro luns 28 de Maio, ás 16:30 da tarde, @s alumn@s da ESO poderán gozar dun concerto a cargo do dúo Efrén López (Valencia) e Michalis Kouloumis (Chipre) aproveitando a xira que teñen previsto dar por terras galegas durante estas datas. O concerto terá lugar no auditorio da biblioteca do concello.

Este dúo formado por dous dos máis recoñecidos intérpretes no eido das músicas tradicionais mediterráneas do leste así como da música clásica Ottomana, partillan e poñen a disposición da música todas as súas destrezas, ofrecéndonos unha experiencia inesquecible de extrema sensibilidade que nos introduce nun mundo único de diversas sonoridades e cores. Acompañados de exóticos instrumentos procedentes de alonxadas culturas e cun repertorio cargado de achegas persoais e dos repertorios das principais culturas musicais do leste de Europa no que se exceden as fronteiras a prol da universalidade; o dúo López-Kouloumis sobrepasarán os límites da nosa imaxinación.

ACTUALIZACIÓN DAS NOFs

O pasado 24 de abril en reunións de Claustro e Consello Escolar, foi aprobada unha modificación das normas de funcionamento recollidas nas NOFs relativas á práctica da actividade de Educación Física, a proposta do profesorado desta materia do centro. 

Podedes consultalas picando en CENTRO, DOCUMENTOS DO CENTRO, NOFs. A modificación aparece no apartado de normas de funcionamento nas páxinas 34 e 35 destacada en amarela. Recordade que este documento é de obrigado cumprimento para toda a comunidade educativa. 

ADMISIÓN CURSO 2018-19

ADMISIÓN CURSO 2018-19

Rematado o proceso de admisión para o curso 18-19, podedes consultar nos arquivos adxuntos o listado definitivo de admitidos. Non hai ningún alumno que presentara admisión que non fora admitido.

Finalizado o proceso de admisión estas son as vacantes definitivas:

 

POSTOS ESCOLARES VACANTES PARA O CURSO 2018/2019

 

Curso

Nº prazas ofertadas

Nº permanencias

Nº solicitudes reserva (CEIP Bemantes)

Nº solicitudes admisión

Nº vacantes

Reserva alumnado NEAE

4º EI

50

0

0

33

17

6

5º EI

50

34

0

0

16

--

6º EI

50

40

0

0

10

--

 

 

 

 

 

 

 

1º EP

50

44

0

1

5

6

2º EP

50

39

0

0

11

--

3º EP

50

38

1

0

11

--

4º EP

50

51

0

0

0

--

5º EP

50

40

0

0

10

--

6º EP

50

38

0

0

12

--

 

 

 

 

 

 

 

1º ESO

60

39

0

1

20

6

2º ESO

60

31

0

0

29

--

3º ESO

60

43

0

0

17

--

4º ESO

60

39

0

0

21

--

 

 

MAIOS 2018

OS MAIOS 2018

Esta semana no cole celebramos OS MAIOS. Nestas fotos ides ver como os nenos e nenas fixeron o MAIO e o chuli que quedou. Tamén a danza tradicional que prepararon os alumnos con Guti, o profe de Música. Estivo moi ben!!!

 

 

 

 

 

 

OBRA SOCIAL A CAIXA

Este luns 7 de maio, asinouse o convenio de colaboración da Obra Social A Caixa co noso cole a través da ANPA. Grazas a el, o proxecto que presentou o centro, por valor de 4000 euros, para mercar un carro con 20 ordenadores portátiles e unha pizarra dixital para o noso alumnado de PMAR, será unha realidade.

Grazas a ANPA e a Fundación Obra Social pola súa colaboración. Aquí tedes unhas fotos da sinatura con Laura, a directora da oficiña de Miño, Arancha representante da ANPA e a nosa directora. 

 

Distribuir contido