DÍA DAS LETRAS GALEGAS

POEMIÑOS

Este ano o noso cole celebrará o Día das Letras Galegas con moita poesía. O noso alumnado foi o autor dos POEMIÑOS que dende este martes os comercios de Miño empezarán a regalar entre os seus clientes. Podedes identificar estes comercios co cartel gañador do concurso no que participaron os nosos alumnos e que vos deixamos aquí. Na entrada do cole podedes ver unha pequena exposición cos Poemiños. E unhas fotos cos autores do cartel gañador.  FELIZ DÍA DA NOSA LINGUA!!!!

 

 

PREMIO SUPRIME O CONTROL

 

 

A PORTA VIOLETA

 

A partir da canción: «A porta violeta», de Rozalén.

 

 MARÍA CORREA LÓPEZ 

 

C.P.I. Castro Baxoi

 

 Sofía leva sufrindo bullying desde moi pequena. Sempre estivo soa, apartada da sociedade, ata que empezou a saír con Marcos, un neno maior ca ela, pero moi popular. Isto cambioulle a vida por completo a Sofía. Xa non sufría e tiña moitos amigos. Todo ía perfecto, tal como todas as nenas soñan. 

De súpeto, coma cando unha tormenta cae no verán,  Marcos comezou a maltratala. Primeiro foi controlándolle o teléfono, seguido da forma de vestir e rematando co acoso físico. Sofía sabía que debía deixar ao seu noivo, pero volvería a quedar soa. 

Sempre estaba triste, aínda que había un momento no día que a facía sentir libre. Polas noites, cando a oscuridade invadía o seu cuarto, ela pasaba da realidade ao mundo dos soños. Mentres durmía, vía unha porta violeta, atravesábaa, e aparecía nun prado verde. Alí todo o mundo cantaba e bailaba, ría e sorría, a fermosura reinaba naquel lugar. Ás veces, á nena acercábaselle unha muller que lle dicía: "non controles os meus sentidos".

En moitas ocasións non quería despertar, chegou a pensar en desaparecer.  A súa vida era dura pero, un día, cando paseaba polo corredor do seu colexio, contemplou perplexa unha porta, unha porta violeta. Sen dubidalo, abriuna e encontrouse moitas rapazas cunhas camisas que poñían: "non controles os meus sentidos". 

 

OUTRO PREMIO

Seguimos de noraboa. Os nosos alumnos de 1º de Primaria e a súa profe, Isabel Espiñeira, recibiron esta mañá o SEGUNDO PREMIO dos Premios Luís Freire de Investigación Científica para Escolares, convocados polos Museos Científicos de A Coruña, despois dunha grande exposición do seu traballo na Sala Leonardo da Vinci da DOMUS.

PARABÉNS PARA TODOS!!!!

NOVA IMPORTANTE

PARABÉNS!!!!

O alumnado de 3º e 4º ESO participaron este curso no programa SUPRIME O CONTROL da Deputación Provincial de A Coruña. Ao final, o alumnado dos centros seleccionados podían participar nun concurso de microrrelatos que tiña como tema a prevención da violencia de xénero. O gañador do concurso vería como o seu relato convertiríase nun guión para unha curta.

O noso cole ten o honor de contar coa alumna gañadora, MARÍA CORREA, de 3º ESO  (non de 4º como aparece no fallo do concurso).

Tedes aquí o documento que o acredita. Parabéns a ela e a súa profe, Ana Belén Ambroa, que coordinou a actividade.

Moi pronto o equipo de rodaxe levará a cabo a gravación da curta co noso alumnado e no noso cole. Xa vos iremos contando

Ben polo premio e polo que significou este programa!!!

 

ADMISIÓN CURSO 2018-2019

CURSO 2018-19

ADMISIÓN DE ALUMADO.


Con data 16 de Abril de 2018, actualízanse os postos vacantes para o curso 18-19 nos diferentes niveis. No arquivo que se xunta podedes consultar as listaxes provisionais de alumnado admitido. As listaxes definitivas publicaranse antes do 15 de Maio.

 

Curso

Nº prazas ofertadas

Nº permanencias

Nº solicitudes

Nº vacantes

Reserva alumnado NEAE

4º EI

50

0

33

17

6

5º EI

50

34

0

16

--

6º EI

50

41

0

9

--

 

 

 

 

 

 

1º EP

50

44

0

6

6

2º EP

50

40

0

10

--

3º EP

50

39

1

10

--

4º EP

50

51

0

0

--

5º EP

50

39

0

11

--

6º EP

50

38

0

12

--

 

 

 

 

 

 

1º ESO

60

40

0

20

6

2º ESO

60

34

0

26

--

3º ESO

60

43

0

17

--

4º ESO

60

39

0

21

--

VIAXE FIN DE ESTUDOS 4º ESO

4º ESO EN PARÍS

O alumnado de 4º ESO, acompañados polas profesoras Mónica, Rosa e Eva, están dende o sábado disfrutando da cidade da luz, PARÍS. A pesar do frío e incluso a neve, estas fotos deixan ver o ben que o están pasando....

 

 

 

 

 

 

AVISO DE ALERTA LARANXA

AVISO DE ALERTA LARANXA PARA O MÉRCORES 14

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) e Meteogalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA por refachos de vento superiores aos 100 km/h, que comezará nas primeiras horas do mércores día 14.03.2018 e prolongarase ata a tarde/noite de dito día. Este adverso afectará ás zonas de predición meteorolóxica da provincia da Coruña, provincia de Pontevedra, sur de Ourense, noroeste de Ourense, montaña de Ourense, A Mariña lucense, centro de Lugo e montaña de Lugo.

Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou o seguinte:

- A SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADES NO EXTERIOR nos centros educativos situados nas zonas de predición meteorolóxica afectadas, con seguimento das condicións climáticas.

- Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro, supuxesen un risco superior ao declarado e pasase a unha declaración de nivel superior, as direccións poderán adoptar as decisións oportunas respecto da suspensión das actividades extraescolares.

A información meteorolóxica podrá ser consultada a través da páxina web da AEMET (http://www.aemet.es/es/eltiempo/prediccion/avisos?w=mna)

CONVOCATORIA DE FOLGA

FOLGA XERAL DO 8 DE MARZO

Ante a convocatoria de FOLGA XERAL para este xoves 8 de marzo, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, nos centros docentes non universitarios de titularidade pública, determina como SERVIZOS MÍNIMOS (DOG nº 47 do mércores 7 de marzo de 2018, páxina 13204) para centros como os nosos, os seguintes:

  • A dirección ou un membro de equipo directivo.
  • Un/unha subalterno ou subalterna.
  • Un/unha auxiliar coidador ou coidadora

Polo tanto os servizos mínimos do noso centro estarán formados por:

  • A directora do centro, María Asunción Méndez López.
  • A administrativa do centro, Isabel Durán Sueiras.
  • A coidadora do centro, María Macías Regueiro.

Recordade tamén que a folga está convocada polos distintos sindicatos con dúas modalidades de duración: 24 horas o día 8 de marzo, ou tramos de dúas horas, no caso do colexio de 12:00 a 14:00 horas.

ADMISIÓN CURSO 2018-2019

Resultado do sorteo anual de letras de prioridade para resolver os empates no procedemento de admisión de alumnado para o curso 2018-19

Picando neste enlace podedes consultar a acta co resultado do sorteo.

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/resultado_sorteo_anual_letras_admision.pdf

 

Distribuir contido