Concerto de 3º e 4º de EP

Que mellor xeito de contar como foi o concerto co dúa Camaño Ameixeiras para 3º e 4º de EP! Elxs mesmxs nos achegan as reportaxes sobre o concerto que realizaron para a asignatura de lingua Castelá.

 

 

FONDO DE LIBROS 2019-20

CURSO 2019-20: AXUDAS LIBROS DE TEXTO.

 No DOGA do 20 de Maio de 2019 aparece publicada a Orde do 3 de maio de 2019 que regula a participación no fondo solidario de libros de texto e a convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o curso 2019-20, destinada ao alumnado matriculado en centros sostidos con fondos públicos. Tede en conta:

 - FONDO SOLIDARIO: cursos 3º, 4º de Ed. Primaria e 3º e 4º da ESO. Mantense os libros do curso 2018-19.

AXUDA ADQUISICIÓN LIBROS DE TEXTO: 1º e 2º de Ed. Primaria ou alumnos con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE), con rendas igual ou inferior a 9.000€. Tamén para alumnado de educación especial (EE) e alumnado con discapacidade igual ou superior ao 65% sen límite de renda.

MATERIAL ESCOLAR: alumnado de Ed. Primaria, ESO e EE, rendas igual ou inferiores a 5.400€.

 O alumnado de 5º, 6º de EP, e 1º e 2º ESO, que participan no proxecto de educación dixital (E-DIXGAL) no curso 19-20 queda excluído da participación no fondo solidario de libro de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Si poderán solicitar a axuda para adquirir material escolar cando reúna os requisitos establecidos na orde.

prazo para presentación da solicitude ata o 21 de xuño de 2019. A solicitude pódese presentar presencialmente no centro ou accedendo á aplicación Fondolibros, onde cubrirán os datos, e despois de gardalos xenerarase un nº de solicitude que permitirá imprimir a solicitude e o anexo II que deberán presentar no centro ou na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.  

 

 Máis información na Secretaría do centro e nos seguintes enlaces:

Orde do 3 de maio de 2019: 

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20190520_fondolibros.pdf

Enlace á aplicación:

https://www.edu.xunta.es/fondolibros/

Enlace á solicitude:

https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/70735

 

I FESTIVAL DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 

I FESTIVAL DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Hoxe no Castro Baxoi estamos moi contentos. O noso I Festival do Día das Letras Galegas foi todo un éxito. Os nenos e as nenas do noso cole demostraron o seu interese e saber facer coa axuda dos seus profes. Bailaron, cantaron, recitaron, representaron..., e o final todos cantamos o noso himno. Unha festa para recordar a importancia da nosa lingua e da nosa cultura.

Parabéns a todxs e un moi especial a nosa coordinadora de actividades complementarias e extraescolares. 

 

ADMISIÓN CURSO 2019-20

ADMISIÓN CURSO 2019-2020.

Rematado o proceso de admisión publicamos as listaxes definitivas de admitidos para o curso 2019-20. Todo o alumnado que presentou solicitude, foi admitido.

Contra esta relación definitiva, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titualr da xefatura territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte da súa publicación. 

I FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS

10/05/2019 16:01
Europe/Madrid

I FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS

Estimadas familias:

A vindeira semana gustaríanos realizar o Festival das Letras Galegas e convidarvos para que desfrutemos todxs xuntxs. A data inicial prevista era o xoves pero como parece que vai chover, estamos esperando ao luns para ver a predición metereolóxica e poder decidir o día no que nos aseguremos bo tempo. Recibiredes unha circular en canto teñamos a data. 

Gustaríanos poder avisar con máis antelación, pero dependemos do tempo polo que sentimos que teña que ser así.

Agradecemos a vosa comprensión e agardamos que poidades vir. 

CUBICAXE.GZ

 

 

CUBICAXE.GZ

Queridas familias!!!

No mes de maio faremos unha actividade fóra do centro. O noso alumnado poderá participar de primeira man na reforestación da nosa vila.

Iremos plantar árbores na nosa contorna (un total de 40), concretamente nun terreo prestado polo concello dentro da urbanización Costa Miño. Ao pequeno bosque que formemos poñerémoslle o nome de Wangari Maathai.

Como é unha actividade ao aire libre dependemos das predicións meteorolóxicas para facela. Informaremos a través da web do día exacto e dos horarios, para que as familias que queirades poidades achegarvos ese día a observar como o levamos a cabo.

Un saúdo. Moitas grazas!!!

Equipo Cubicaxe.gz

 

REDUCINDO POLO CAMIÑO, COIDAMOS MIÑO!

DÍA DA CIENCIA NA RÚA

Este sábado 4 de Maio, no Parque de Santa Margarida en A Coruña, tivo lugar un ano máis a celebración do Día da Ciencia na Rúa, na que participaron un montón de centros escolares da bisbarra. Este ano, un grupo dos nosos alumnos de 3º e 4º da ESO presentaron algúns dos seus traballos e experimentos levados a cabo nas clases de Bioloxía. Parabéns para eles e as profes que os acompañaron, Elsa e Carmen.

 

SELECCIÓN E NOMEAMENTO DA DIRECCIÓN DO CPI CASTRO BAXOI

O próximo MARTES 7, ás 18:00 horas terá lugar na aula de UUMM do noso centro, a presentación do proxecto de dirección do profesor de Matemáticas de Secundaria, Juan Luis García. O proxecto foi presentado no concurso de méritos convocado para a selección e nomeamento das dirección nos centros públicos dependentes da Consellería de Educación. O acto está aberto ás familias e profesorado. Animádevos a vir e a coñecer as súas propostas para o noso centro. 

VIAXE A MADRID DO ALUMNADO DE 4º ESO

 

 No arquivo adxunto tedes unha crónica da viaxe que o alumnado de 4º ESO realizou a MADRID entre o 23 e o 26 de Abril, con algunhas fotos, e feito por eles mesmos na viaxe de volta.  

 

 

 

NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO

No arquivo adxunto podedes encontrar a última modificiación aprobada polo Consello Escolar en reunión do 9 de abril de 2019, referente ás normas de funcionamento, capítulo V, en relación coa comunicación coas familias (páxinas 35 e 36)

 

Distribuir contido