EXPOSICIÓN: EDUCACIÓN, DEPORTE E VALORES
Enviado por bandaseca o Lun, 21/02/2011 - 19:02VISITA DOS SECRETARIOS XERAIS PARA O DEPORTE E POLÍTICA LINGÜÍSTICA
O venres 18 de febreiro inaugurouse a exposición de "Educación, Deporte e Valores" composta por 17 paneis que poden pasar a visitar durante a semana do 21 ao 25 de febreiro.
Trátase dunha exposición que vai percorrer diferentes centros da comunidade. O noso centro foi o primeiro en recibila, e con este motivo realizouse a presentación da mesma ante os medios de comunicación. Para este evento contamos no centro con diferentes personalidades como o Secretario Xeral para o deporte José Ramón Lete e o Secretario Xeral de Politica Lingüística Anxo Lorenzo, do xefe provincial de deportes da Coruña e coordinadores do programa de deporte escolar (XOGADE). Por parte do Concello asistiron o Alcalde e concelleiros de deportes e cultura. No seguinte enlace teñen máis información:
http://www.xunta.es/notas-de-prensa?content=/Portal-Web/Contidos/Novas/nova_estandar10895.html
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24