AXUDAS LIBROS DE TEXTO E FONDOLIBROS

No DOG do 18 de maio saiu publicada a orde de axudas de libros de texto, material escolar e fondo libros. Teñen toda información no enlace da aplicación fondolibros

Teñen de prazo para presentar solicitudes ata o 22 de xuño.

O alumnado de 5º e 6º non accede a axudas de libros porque están todos incluídos dentro do programa Edixgal (libros electronicos) pero si poden acceder ás axudas de material escolar.

O alumnado de 3º e 4º entra na categoria de fondolibros mentres que os de 1º e 2º acceden as axudas de libros de texto (210 ou 140 €, segundo a renta per capita familiar sexa menor de 6000 € ou10000 € respectivamente)

As axudas de material son de 50 € para as rentas igual ou inferior a 6000 €.

Poden presentar as axudas no centro completando os anexos I e II ou electrónicamente a través da sede da xunta e aportando a documentación necesaria.